O Concello recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais.
Así transmitíronllo este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre, e o concelleiro de Urbanismo, Industria, Comercio e Medio Ambiente, Marcelino Coto, aos membros da xunta directiva da Comunidade de Montes de Atios, cos que mantiveron unha xuntanza no Concello.
García de la Torre subliñou nesta reunión que a súa obriga “legal” é a de “defender o patrimonio común de todas as porriñesas e porriñeses e é innegábel que o impacto económico das canteira nótase en todo O Porriño, en Chenlo, Cans, Mosende, Pontellas, Budiño, Torneiros, por suposto en Atios e no casco urbán da vila, e o meu compromiso e o do Goberno local é o de salvagardar ese patrimonio”.
A este argumento a alcaldesa sumou un máis, o de “garantir a seguridade xurídica” considerando que noutro caso, o da Comunidade de Montes de Budiño, cos mesmos argumentos legais, as resolución xudiciais déronlle a razón ao Concello e, neste caso, “con todo o meu fondo respecto a esta sentenza, non hai un razoamento distinto que xustifique que o Concello actúe doutro xeito”.
Na mesma liña, García de la Torre engadiu que “non estou disposta, asemade, a tomar iniciativa algunha en contra dos informes dos técnicos e dos servizos xurídicos municipais: cometería prevaricación e non vou a incumprir as leis”.
Eva García de la Torre subliñou, por último, que neste caso “quen o seu dereito defende a ninguén ofende” e “non pode considerarse que tomando esta decisión o Concello agreda a ninguén…o recurso non vai contra ninguén”, e como outra proba delo o Goberno local dará orde de que as rendas que percibe o Concello polo uso dos devanditos terreos sexan consignadas xudicialmente para non incorrer en costas e intereses mentres non haxa una resolución xudicial definitiva.

Coto aclarou que estas análise non teñen que ver coas das mostras de auga, que aínda están a realizarse e que se coñecerán nuns días, e asegurou que aquelas casas que teñan abastecemento de auga da traída, “non teñen risco algún”, posto que non hai filtracións de lindano neste subministro.
Este 2017, como salientou o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, na presentación feita este luns ao mediodía, o 12º Pinchorriño rexistrará unha nova marca de participantes: 44 establecementos en total fronte aos 41 do ano pasado, que todos os venres e sábados de novembro, de 7 da tarde a 11 da noite, ofrecerán un pincho de balde aos seus clientes.
A ‘ruta’ dos pinchos, os locais, as súas propostas, mesmo fotografías dos pinchos, poden seguirse por medio da APP ‘QuedamosdeTapas’, que pode baixarse dende Google Play e AppStore. Así mesmo, os clientes poden optar a gañar unha estadía nunha casa de turismo rural selando, no folleto que estará a dispor nos propios locais, catro cupóns de catro establecementos s participantes no Pinchorriño 2017.