A Concellería de Medio Ambiente quere mobilizar aos veciños na loita contra a vespa velutina e xa empezou a repartir 500 trampas -300 máis que o ano pasado- e 175 litros de líquido atrainte deste insecto que estarán situados en todas as parroquias do Porriño.
“¿Quén mellor que os propios veciños, algúns deles apicultores, para facerlle fronte a esta especie invasora?”, sinala o concelleiro Marcelino Coto, quen asegura que cada trampa que entregue o Concello estará numerada e nunha localización concreta, “o cal permitirá ter un rexistro exacto da súa efectividade”.
Coto subliña que as porriñesas e os porriñeses son os máis interesados en acabar coa vespa velutina, en defender as súas casas, as súas árbores, as súas colmeas, e defender eles mesmos, “non esquecemos a morte de Ángel González, veciño de Orbenlle, en Budiño, logo do ataque de varias destas vespas”.
O reparto e a colocación destas trampas, o 95% das cales serán reutilizabeis o ano que ven, coincide, “como xa tiñamos previsto”, co comezo da floración, que é o momento, segundo indican os expertos, no que empezan a sair as raíñas, ao redor das cales formaranse os panais, “e ista é unha época do ano que é clave para causar o maior daño posible a esta especie”. Ademáis, está a poucas semanas do celebración da XXX edición da Feira Apícola das Rías Baixas, impulsada polo Concello do Porriño e organizada pola Agrupación Apícola de Galicia e a Asociación de Apicultores de Pontevedra, coa colaboración da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia.
Marcelino Coto lembra o “constante traballo” que se fai, dende hai anos, polo Concello para afrontar a invasión da vespa velutina, unha labor que foi recoñecida pola Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo o pasado 2017, cando se eliminaron 3.800 exemplares deste insecto, “o 85% deles raíñas fundadoras”, aproximadamente unas 3.300.

Coto aclarou que estas análise non teñen que ver coas das mostras de auga, que aínda están a realizarse e que se coñecerán nuns días, e asegurou que aquelas casas que teñan abastecemento de auga da traída, “non teñen risco algún”, posto que non hai filtracións de lindano neste subministro.
Este 2017, como salientou o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, na presentación feita este luns ao mediodía, o 12º Pinchorriño rexistrará unha nova marca de participantes: 44 establecementos en total fronte aos 41 do ano pasado, que todos os venres e sábados de novembro, de 7 da tarde a 11 da noite, ofrecerán un pincho de balde aos seus clientes.
A ‘ruta’ dos pinchos, os locais, as súas propostas, mesmo fotografías dos pinchos, poden seguirse por medio da APP ‘QuedamosdeTapas’, que pode baixarse dende Google Play e AppStore. Así mesmo, os clientes poden optar a gañar unha estadía nunha casa de turismo rural selando, no folleto que estará a dispor nos propios locais, catro cupóns de catro establecementos s participantes no Pinchorriño 2017.
A presentación da mesma, na que participaron este martes a alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, o presidente dos hostaleiros do Porriño, José Manuel Fernández, a presidenta da Asociación de Comerciantes (ACIPOR), Juana Pérez, a a xerente da mesma, Noelia Conde, contou coa intervención dunha das protagonistas da festa deste ano a coñecida Lola Manisca, quen aportou a súa experiencia e as súas lembranzas desta festa que, como indicou “ten moitos máis anos ca min”.
Preto de 50 locais, restaurantes e bares ofrecerán callos cociñados con distintas receitas-algunhas delas seguen a ser un segredo que gárdase en cada familia- e que se servirán a un prezo de 4,5€ a ración con pan e a cazola, ou 4€ se son para levar.