Colocados os primeiros paneis que explican os elementos culturais, arqueolóxico, históricos e naturais do Porriño

O concelleiro de Urbanismo, Marcelino Coto, supervisou a colocación dos primeiros paneis explicativos que xa están diante de varios dos elementos culturais máis importantes do Porriño.

Os sinais- de 85×100 cms- que foron sufragados con cargo a unha subvención da Deputación de Pontevedra, están situados diante do Pazo de Pontellas, da Igrexa de Santa Baía de Atios, do Xacemento Paleolítico de As Gándaras de Budiño, no ‘Templete’ de Palacios e na Ruta dos Muiños do Castro.

As persoas que os consulten poderán atopar nos mesmos-en galego e castelán- unha pequena explicación sobre as características, antigüidade, importancia cultural e patrimonial e historia de cada un dos lugares que sinalizan.

A intención do Concello, como subliña Marcelino Coto, “é seguir con este programa e optar a unha nova subvención convocada para este fin”. O concelleiro de Urbanismo indica que “este Goberno quere facelo mesmo con todos os elementos patrimoniais do Porriño, tanto para salientar a súa importancia histórica e cultural, coma para darlle pulo ao seu interese dende o punto de vista turístico”.

Este domingo, 11 de xuño, V Mercado Saudable do Porriño

Este domingo, día 11 de xuño, O Porriño será o escenario, por quinto ano consecutivo, dunha nova edición do Mercado Saudable, como lembra o concelleiro de Comercio, Marcelino Coto quen, xunto coa presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, ‘Mensa’ Rodríguez, o membro desta asociación, Demetrio Calvo, e organizador, Carlos Rodríguez, presentou o mesmo o pasado mércores.

O mercado, que empezará ás 11 a mañá na rúa Manuel Rodríguez, moi preto da Capela de San Sebastián, estará aberto ao público ata as 9 da noite e no mesmo os asistentes poderán achegarse, coñecer, e preguntar sobre “todo canto está relacionado coa alimentación saudable”, como subliña Marcelino Coto.

Haberá talleres para rapaces, como o de cabazas –que logo pódense empregar no Samaín, repostería, cervexa ecolóxica, gastronomía do mar, “con polbo, ameixas, mexillóns, ou longueiróns, cociñados con auga mariña”, eco-tendas, comercio xusto, artesanía, cosmética natural, lamberetadas ou produtos da horta, ademais de actividades saudábeis, coma unha andaina, que comezará ás 11 e media da mañá.

Dentro das propostas hai unha que, coma salientou Carlos Rodríguez, ten especial importancia: o primeiro Mercado da Moringa que se celebra en Galicia. A Moringa é unha árbore que ten numerosos nutrientes e do que se aproveita dende as follas, ata a flor, pasando polos froitos, dado que ten un altísimo contido en calcio, ferro ou fósforo.

Tomando coma base a Moringa, haberá unha degustación de cervexa, pan, queixo ou batidos, que teñen o mesmo coma base, membros da Asociación de Veciños elaborarán unha torta de Moringa, porase á venda plantas e sementes da mesma e unha bióloga e especialista e nutrición falará, de 12:15 a 13:15 horas, das vantaxes e propiedades desta árbore que “a OMS e a FAO recomendan cultivar en países en desenrolo”.

V Feira Saudable do Porriño que este ano ten coma novidade o primeiro Mercado da Moringa de Galicia

O Porriño será o escenario, por quinto ano consecutivo, dunha nova edición do Mercado Saudable, que este mércores foi presentado polo concelleiro de Comercio, Marcelino Coto, a presidenta da Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, ‘Mensa’ Rodríguez, o membro desta asociación, Demetrio Calvo, e organizador, Carlos Rodríguez.

O mercado, que empezará o domingo que ven ás 11 a mañá na rúa Manuel Rodríguez, moi preto da Capela de San Sebastián, estará aberto ao público ata as 9 da noite e no mesmo os asistentes poderán achegarse a “todo canto está relacionado coa alimentación saudable”, como subliñou Marcelino Coto.

Haberá talleres para rapaces, como o de cabazas –que logo pódense empregar no Samaín, repostería, cervexa ecolóxica, gastronomía do mar, “con polbo, ameixas, mexillóns, ou longueiróns, cociñados con auga mariña”, eco-tendas, comercio xusto, artesanía, cosmética natural, lamberetadas ou produtos da horta, ademais de actividades saudábeis, coma unha andaina, que comezará ás 11 e media da mañá.

Dentro das propostas hai unha que, coma salientou Carlos Rodríguez, ten especial importancia: o primeiro mercado da Moringa que se celebra en Galicia. A Moringa é unha árbore que ten numerosos nutrientes e do que se aproveita dende as follas, ata a flor, pasando polos froitos, dado que ten un altísimo contido en calcio, ferro ou fósforo.

Tomando coma base a Moringa, haberá unha degustación de cervexa, pan, queixo ou batidos, que teñen o mesmo coma base, membros da Asociación de Veciños elaborarán unha torta de Moringa, porase á venda plantas e sementes da mesma e unha bióloga e especialista e nutrición falará, de 12:15 a 13:15 horas, das vantaxes e propiedades desta árbore que “a OMS e a FAO recomendan cultivar en países en desenrolo”.

A II Feira do Pan do Porriño, os días 2 e 3 de xuño

A II Feira do Pan do Porriño, este venres, día 2, e o sábado, 3 de xuño

A alcaldesa, Eva García de la Torre, o concelleiro de Cmercio, Marcelino Coto, a xerente da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), Noelia Conde, e representantes das panederías porriñesas, presentaron este luns a II Feira do Pan do Porriño, que se celebrará o venres 2 de o sábado 3 de xuño.

O venres, día 2, especialistas falarán de temas coma o emprendemento, o pan coma elemento de saúde, as fariñas tradicionais ou a formación no sector, para logo pechar esta xornada inaugural cun video que baixo o título “Panadeiros do Porriño: paixon e tradición”, quere rendir homenaxe a labor destes artesáns.

Esta xornada será tamén o intre no que se presentará públicamente a etiqueta “Pan do Porriño”, que nas vindeiras semáns, aparecerá no pan certificado das panaderías participantes no Consello Regulador do Pan do Porriño.

O sábado será o día grande da Feira. Dende as 10 da mañá, os postos estarán abertos na praza do Cristo; ás 11 un pasarúas da banda de Música de Valladares rematará cun concerto na mesma praza onde interpretarán o “Pasodoble Porriño” do compositor Rogelio Groba, e de seguido, o pregón da festa ao que seguirá o Show Cooking de maridaxe de productos con pan do Porriño, que esta ano correrá a cargo de alumnos da escola EFA A Cancela de As Neves.

A tarde terá como protagonistas aos máis pequenos coa celebración do IIª Mini Pan, un obradoiro de pan gratuito para nenos e nenas que este ano se realiza co apoio da empresa Muiño de Cuiña, unha das empresas que produce unha das mellores fariñas “páis” de Galicia.

A feira contará tamén con actividades para nenos e por primeira vez cunha zona de Food Trucks, neste caso, coa presenza de “A Pulponeta”. As marcas convidadas para maridar co pan, nesta ano son : Bodegas Eidosela, Mermeladas Carabuñas, Xamón de Castaña de Coren, Embutidos e Queixos Distapor, Conservas de Peixe Espada de Orpagu, Lamprea de Obrador de Lamprea, Requesón e Mel de As Neves, Mel de Api Roma e Cervexas Artesanais “A Curuxa”. Para os visitantes, habilitaranse mesas para poder xantar na propia feira.