A alcaldesa, Eva García de la Torre, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Soledad Girón, mantiveron unha xuntanza con responsábeis de ACEESCA e distintos especialistas co obxectivo de impulsar dende o Goberno local do Porriño un proxecto que permita eliminar as barreiras sensoriais que impiden o acceso á información a través dos sentidos ou as barreiras cognitivas, que impiden a comprensión do entorno e os seus elementos,e facer os edificios municipais, accesíbeis ás persoas con discapacidade intelectual.
A xuntanza, e o feito de expor este obxectivo coincide con varias datas sinaladas: o Día Internacional da Accesibilidade Cognitiva, e a celebración os vindeiros días 19 e 20 de outubro, do Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que baixo o lema ”Queremos comprender o mundo”, xuntará en Cáceres a 400 persoas procedentes de España, Europa e os Estados Unidos que debaterán sobre cómo garantir a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Soledad Girón subliña que “para unha persoa con discapacidade intelectual, frecuentemente os iconos resultan moi confuso”, ás veces é case imposible vendo os símbolos saber cal é o baño para cada sexo ou, se usan aparatos auditivos, entender o que se fala debido a posibles interferencias que poden eliminarse doadamente instalando un aparello que as neutralice.
“As dificultades de accesibilidade na discapacidade intelectual é moi pouco coñecida e unha grande esquecida porque habitualmente pensamos nas barreiras físicas”, indica a alcaldesa quen asumiu o compromiso de manter xuntanzas periódicas para por en marcha ideas que eliminen estas barreiras e faciliten a accesibilidade e a poñer en marcha, nos inmobles municipais, medidas que eliminen as barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual.

Polo que atangue a Educación Secundaria, a Concellería de Igualdade impulsa un programa para a Prevención da Violencia de Xénero en Adolescentes, no que os protagonistas son as rapazas e rapaces de 2º e 3º.
A alcaldesa subliñou que nos centros educativos do Porriño cursan os seus estudos uns 520 alumnas e alumnos de Infantil e 1.200 de Primaria e indicou que o número de estudantes medrara neste curso en preto de 180 nos colexios da vila,
A alcaldesa reiterou que “o Goberno local seguirá a facer todo o que estea na súa man” para que as profesoras e profesores dos colexios do Porriño teñan todos os recursos que precisen para que a formación que imparten “siga tendo este altísimo nivel”, e para que as rapazas e rapaces dispoñan de canto sexa preciso para a súa educación.
Os voceiros do Grupo Municipal socialista no Concello do Porriño, Soledad Girón, do BNG, Pedro Pereira, e de EU-SON, Pedro Ocampo, ademaís do concelleiro Orlando Mázquez, estiveron presentes no acto ao que acudiron ducias de persoas, entre elas familiares dos represaliados, veciños, amigos e os alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada.
Un monumento, obra do artista Marcos Escudero, lembra para sempre a Víctor Valverde Mayo, oficial primeiro do Concello do Porriño, Domingos Carpintero, Juan Grova, Marcelino Rey e Demetrio Pérez Mayo, gardas municipais, Adolfo Pérez Mayo, Juan Carpintero e Daniel Pérez Sebes, vixiantes de arbitrios, e Luciano Baladrón, porteiro, todos eles axustizados logo de ser sacados pola forza das súas casas e levados ata a ‘Volta da Moura’ en dúas quendas.
Os seus nomes están a carón da Oliveira na que cada 14 de abril, Día da República, por iniciativa da ‘Asociación Levada Libre’, de Tui, faise unha homenaxe ás persoas que asasinadas polos golpistas hai xa 81 anos.





















