Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan

Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.


Segundo as explicacións de Juana Pérez haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.
Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.
De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.


O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais destacou a importancia da Feira para eles e lembrou que “segue en tramitación e gardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, manifestou.
Rematou a presentación a alcaldesa Eva García que alabou a importancia deste certame para reivindicar “unha das nosas señas de identidade que ven dende o século XVII, razón pola que desde hai catro anos este goberno municipal que presido colabora en impulsar esta Feira do Pan como forma de rescatar esa marca”.

O concerto de Susana Seivane será no Pavillón Municipal pola ameaza de choivas

O concerto musical que ofrecerá o xoves 16 Susana Seivane celebraráse definitivamente no Pavillón Municipal de Deportes debido ás previsións de choiva. Inicialmente programouse para celebrar no Parque do Cristo pero desestimouse pola previsión meteorolóxica. Mantense a mesma hora: nove da noite (21 h.)

Susana Seivane actuará acompañada das porriñesas Cantareiras Fonteliño nun concerto no que colaboran Deputación Provincial e “Musigal”.

Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo “enxebre” de vellos gaiteiros. Combina este valioso legado con influencia doutras músicas; para iso rodéase dun elenco de mozos músicos que achegan gran frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.

Este domingo Porriño acolle a proba ciclodeportiva “Xarotos Gran Fondo”, a festa gastronómica dos “Cachos” e a última xornada da Feira do Libro

A proba ciclodeportiva “Xarotos Gran Fondo”, organizada polo clube “Máster da Louriña” e patrocinada polo Concello de Porriño e Deputación Provincial, contará finalmente cunha inscripción de 350 participantes. O dorsal número 1 será para o ex-ciclista profesional Gustavo Rodríguez, actualmente adicado ó triatlón, que nesta edición recibirá unha homenaxe especial polos organizadores.


A proba partirá dende o Concello de Porriño onde estará tamén a liña de meta. Cubrirá unha distancia de 130 kilómetros dos que 83 serán cronometrados. Tamén haberá outras duas probas complementarias de medio fondo e mini fondo sobre distancias de de 95 km e 71km, respectivamente que reunirán perto de 200 participantes.
A alcaldesa Eva García realizará a entrega de maillots e premios ós gañadores das diferentes categorías, ó termo da competición.

Por outra banda na mesma praza Arquitecto Antonio Palacios continuará e rematará este domingo a IV Feira do Libro que conta con 8 stands de librarías. Hoxe haberá tamén cinco presentacións de libros entre os que destaca Ledicia Costas que firmará exemplares da súa última obra, “Infamia e outros libros”. A Feira do Libro de Porriño pechará ás 21 horas.

E finalmente hoxe domingo 12 de maio tamén terá lugar a festa gastronómica dos “Cachos”. Organizan a Asociación de Hostaleiros do Porriño e a Asociación Veciñal San Benito e San Sebastian, coa colaboración do Concello do Porriño.
Segundo relata a web del departamento de Cultura do Concello de Porriño, a historia deste evento festivo ven de lonxe.
“Remóntase á resistencia porriñesa para evitar a entrada dos franceses na vila. Para conmemorar aquel momento histórico levantouse un cruceiro en Porriño e, ao redor del, foi crecendo un barrio que se converteu nun dos máis emblemáticos da localidade. Honrando ao Cristo dos Afligidos comezou a celebración dunha festa en maio e aos elementos relixiosos fóronse sumando outras actividades de lecer, entre elas, a parte gastronómica coas centolas como protagonistas; un marisco que aquí chaman “cachos” como se coñece desde entón ao propio barrio. Esta festa foi gañando fama nos arredores, con todo, a principios dos 80 fóronse perdendo seguidores, ata desaparecer. Hai uns anos, e grazas ao apoio da Administración, os veciños recuperárona e para que non volva desaparecer, edición tras edición, esfórzanse por ter unha programación máis atractiva”

Haberá “cachos” (centolas), ademais tamén se poderán degustar polbo, rosca, rosquillas, pan e viño, a partir de mediodía como poden ver na imaxe do cartel que adxuntamos.

Inaugurada a IV Feira do Libro de Porriño

Eva García, alcaldesa de O Porriño inaugurou este serán a IV Feira do Libro de Porriño que conta con oito stands instalados na praza Arquitecto Antonio Palacios.


Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia e representantes da Federación de Libreiros de Galicia participaron no acto que contou coa escritora Clara do Roxo, mosense e tamén vencellada con Porriño, coma a pregoeira.

A pesar da choiva intensa o publico seguiu as intervencións e logo a primeira charla coloquio programada que tivo como protagonista á propia Clara do Roxo.


Oito stands de librarías, quince actos de presentacións, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da Feira do Libro de Porriño.
Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas” publicado hai unas semanas por Editorial Galaxia que será protagonista mañán venres.
Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialistas na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

INAUGURADA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Lourdes Moure, concelleira de Educación; Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García na súa intervención.
A alcaldesa de Porriño valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, atraso e pobreza”.
Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación, sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte”. E salientou a capacidade desa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía a realidade da nosa terra”.

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Hoxe coincidindo coa inauguración, unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participaron da primeira visita guíada á mostra. En vindeiros días conmtinuarán outros centros educativos de Porriño.
Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador. Titulada “Método para carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”, sacouse por Ruth Matilda Anderson o 12 de septembro de 1924 e serve ademáis como imaxe do programa de mán da exposición.

IMG

MAÑAN INAUGURASE A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidirá mañán xoves 9 de maio a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal. Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistirán tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

A tal fin, no pasado mes de abril suscribiuse un convenio de colaboración entre Concello, “Afundación” e ABanca.

A exposición, de entrada libre e gratuíta poderá visitarse ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Mañán xoves unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participarán da primeira visita guíada á mostra.
Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador como poden ver na imaxe adxunta e  como fondo para o programa de mán da exposición.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

A Alcaldesa de Porriño declárase “encantada de compartir nun ano moi especial” a presentación do Festival de Cans que cumpre 16 edicións

Eva García de la Torre abriu as intervencións das autoridades e representantes dos patrocinadores públicos e privados do Festival de Cans que hoxe presentouse na Casa do Cid. A alcaldesa de Porriño declarouse “encantada de estar aquí e compartir con vos esta presentación nun ano que é moi especial pola concesión ó Festival de Cans do Premio da Cultura Galega”.
Eva García lembrou “tiven ocasión de estar na entrega do galardón cos responsables do festival e unha nutrida representación da veciñanza desta parroquia que o fan posible cada ano coa súa colaboración e implicación e para mín foi un dos días máis felices deste mandato como alcaldesa”.

O Concello de Porriño mantén a súa achega de 20.000 euros ó Festival de Cans, renovada de xeito recente mediante convenio coa asociación cultural “Arela”, organizadora do evento. A aportación municipal que fora incrementada no 2018 polo goberno municipal que preside Eva García, supón reeditar a maior achega económica do Concello ó longo da historia do Festival de Cans.
O apoio do Concello non se reduce a esa subvención senón que ademáis é loxística xa que diversas concellerías cooperan para resolver cuestións de Seguridade, tráfico, Limpeza, Vías e Obras vencelladas ó desenrolo do festival.

A XVI edición do festival de Cans comezará o mércores 22 de maio. Este ano haberá 15 curtametraxes a concurso na sección oficial e de xeito paralelo unha intensísima actividade de mesas redondas e coloquios.Entre eles, de xeito sobranceiro, co director Rodrigo Sorogoyen e os organizados pola Fundación AISGE. Entre os actores e actrices que pasarán pola parroquia porriñesa citar a Leonor Waitling, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Mariana Carballal, Raquel Espada e Carlos Blanco que recibirá o Premio “Pedrigree” en recoñecemento a súa traxectoria.
Suliñar asimesmo as actuacións musicais entre as que destacan “Marlango” (venres 24 ás 20.30 h.) e o Gran Wyoming e o seu grupo “Los Insolventes” que tocarán no concerto de peche, na medianoite do sábado 25.

CONCLUE “O PORRIÑO STREET FOOD”

Esta noite conclue “O Porriño Street Food”, evento que trouxo un ambiente de animación extraordinario ao combinarse coas diversas actividades de lecer que se desenrolaron ó longo dos tres días.


No espazo que ocupou entre a rúa peonil e a praza do Concello, congregou unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra.
Deste xeito Porriño incorporouse a unha tendencia cada vez máis extendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos o que se evidenciou nunha altísima presenza de público da área metropolitana.
Os seis camions con cociñas sobre rodas participantes foron os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”,“Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León).
Os “food trucks” “ofreceron propostas gastronómicas suculentas e orixinais coma hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas orixinais, cociña
vegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor.


A oferta gastronómica estivo complementada dende o venres pasado por diversas actividades musicais e de animación infantil que reflexamos nas fotografías que acompañan esta información.


A organización estivo a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food”.

Este venres Porriño “bota por fora” cunha moi ampla oferta cultural e de ocio

Ata catro ofertas diferentes de cultura e ocio terán hoxe os porriñeses e cantos nos visiten para poder elexir e disfrutar ó longo da tarde e da noite. Estarán concentradas, case todas, nos arredores da casa consistorial, ó longo da praza Arquitecto Antonio Palacios e na rúa peonil. Combinarán tradición coma os maios e as cantareiras, ritmos actuáis coma o breakdance, gastronomía e mercado na rúa coa “Porriño Street Food” e música moderna a cargo dos grupos que intervirán no concertó de peche do programa de ocio xuveil “Vive a Cultura Urbana”.
De xeito que ás 18 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios teremos Maios coas actuacions do centro de día Navuxil e Aceesca.
A continuación, a partir das 20 horas Encontro de Cantareiras das AAVV: actuarán Pandereteiras “As Mimosas de Carracido”; Cantareiras “Vaiche boa” e Grupo de Gaitas “Nordesía”, ambos do .Centro Cultural de Pontellas

Tamén esta tarde recuperaráse unha das actividades programadas no programa de ocio xuvenil “Vive a Cultura Urbana” que tivera que aprazarse pola choiva hai semanas. Hoxe entre as 18 h. e as 20 h. no Parque Infantil ó carón Cemiterio, haberá obradoiro de Turntablism DJ y Breakdance

Volvendo ós arredores da casa consistorial, a partir das 21 horas abrirá “O Porriño Street Food”. Permanecerá aberto ata medianoite. Seis camions con cociñas sobre rodas ou “food trucks” segundo a denonimación inglesa, instalaránse na rúa peonil. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”,“Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León). A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalan carpas, mesas e cadeiras para o público asistente. Os “food trucks” “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas originales, cocinavegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor .

E por último, a partir das 22 horas e ata as 1,00 h. no escenario habilitado na Praza Arquitecto Antonio Palacios, celebraráse oconcerto final de “Vive a Cultura Urbana” coas actuacions de “Comando Katana”, High Paw , Tai Beatbox e Dj Mil.

pi

A vindeira Feira do Libro de Porriño acollerá un “roteiro Antonio Palacios”

Oito stands de librarías, quince actos de presentacions, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará o vindeiro 9 de maio. Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas”  publicado recentemente por “Edicions Galaxia”.
Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialista na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

A Feira do Libro amosa “a aposta cultural e pola educación que fai o Concello de Porriño desde que nós chegamos ó goberno municipal”, dixou Lourdes Moure, concelleira de Educación na roda de prensa de presentación celebrada hoxe que compartiu co Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves. O delegado da Xunta salientou que “feiras como esta de Porriño contribuen como instrumento para promocionar a lectura xa que ainda Galicia está por debaixo da media de España”.
Este ano o lema da Feira é “Máis que palabras” no que constitue unha pequeña homenaxe a Antón Fraguas, o autor que este ano lembramos co gallo do Día das Letras Galegas, segundo explicou Nani Ferreira, coordinadora de ferias da Federación de Librarías de Galicia.
A Feira abrirá ás casetas o xoves 9 de maio ás 19 horas. Coa lectura do pregón a cargo da escritora mosense Clara Do Roxo. Coma sempre, estableceránse na rúa peonil Ramón Gónzalez en horarios de mañán e tarde.