Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
Ambas formacións políticas levarán ó pleno a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.

Lembramos que ademáis está convocada a Comisión Municipal de Cultura que inclue a renovación por catro anos do convenio coa Sociedade de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos pois o anterior databa de 2008. Na mesma trataráse a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para a regulación do uso da pirotecnia no concello.

No que atinxe ás restantes Comisións Municipais, cancelouse a de Contas por innecesaria xa que a desestimación de alegacións á Conta Xeral de 2019 realizarase directamente polo pleno da Corporacion.

Haberá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e do fallo do Tribunal de Contratos Públicos de Galicia. A mesa de contratación reunida a pasada semana decidiu excluir á firma “Ascan” e trasladar ó pleno da Corporación Local que resolva a readxudicación do contrato de limpeza ciaria en favor da segunda empresa mellor puntuada que foi “Urbaser”. O asunto xa foi tratado previamente na xunta de voceiros municipais celebrada o pasado xoves 16.
Nesta comisión tamén se debatirá unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.