A Concellería de Cultura propón a creación dun Rexistro de Artistas Locais de O Porriño para o que nas redes sociais de Concello e nesta mesma web incluímos a correspondente información así como o formulario coa solicitude de inscrición.

A iniciativa que lanza o departamento que dirixe Cami Moreira consiste en que todas aquelas persoas ou grupos adicados ás diversas actividades artísticas culturais e que teñan a súa residencia no concello de O Porriño, poidan inscribirse no devandito Rexistro.

A finalidade é dobre: contribuir ao desenvolvemento da comunidade artística local e dar a coñecer e fomentar a contratación de grupos e creadores do Porriño.
As inscricións faranse de acordo á instancia establecida que pode descargarse nesta mesma páxina web do concello.

No caso de artistas menores de idade, a solicitude será asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor.

No Rexistro de Artistas Locais, os inscritos estarán divididos segundo as disciplinas presentadas. O acceso a este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder todas as persoas interesadas, de forma telemática a través desta mesma páxina web do Concello.

Pódese acceder aos formularios nas seguintes ligazóns:

Solicitude Inscrición

Regulamento Rexistro