Publicadas nesta mesma páxina web as bases do “II Concurso de Rondallas Concello do Porriño”

Nesta páxina web do Concello xa están publicadas as bases do II Concurso de Rondallas Concello do Porriño así como o formulario da solicitude de inscrición para os grupos interesados en participar.
A Concellería de Festexos organiza esta segunda edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas no Pavillón Municipal de Deportes. Segundo as bases neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120. O número máximo de agrupacións participantes limítase a dez.
Como único criterio de selección estabelécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño. Terán sempre preferencia as agrupacións locais independentemente da orde de inscrición. As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello dende o 2 ao 13 de decembro de 2019, ambos inclusive.

Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.

Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.
A orde de actuación no Pavillón Municipal de Deportes das rondallas inscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará no Concello. O tempo de actuación de cada rondalla estará regrado de xeito que cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas. Establécense penalizacións por exceso de tempo.
O xurado disporá de varios criterios de valoración para puntuar ás rondallas participantes que se poden consultar nas bases do concurso.

O CONCELLO DE PORRIÑO ALUMEADO EN AZUL POLO DIA DA INFANCIA

Este serán a casa consistorial do concello de O Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF. O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas. A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.


Hoxe celebranse trinta anos da Convención dos Dereitos do Neno. Por tal razón, Porriño declarada desde 2018 “Cidade Amiga da Infancia”, sumouse a efeméride, seguindo a chamada #GaliciaDeAzul lanzada pola UNICEF para conmemorar ese aniversario.
Por outra banda, o vindeiro venres 22, Porriño enviará unha delegación integrada polos alumnos elixidos para representar á infancia local no VII Foro de Participación Infantil de Galicia. O evento terá lugar a partir das 12 horas no Parlamento de Galicia.
No pleno infantil celebrado no Porriño o pasado venres 15 determinouse a composición da delegación que estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e acudirá tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.
O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.

Primeira reunión de traballo do equipo de goberno coaligado “moi constructiva”, segundo a alcaldesa

A alcaldesa Eva García presidiu esta mañá a primeira reunión de traballo dos seis concelleiros do goberno municipal de coalición formado por PSOE e BNG.
Esta primeira reunión foi valorada pola alcaldesa Eva García como “fluída e moi constructiva”.
A alcaldesa detallou que “puxemos en antecedentes ós novos compañeiros de goberno sobre as actuacións en marcha, especialmente nos asuntos que van ser competencia deles para que vexan como están como por exemplo os actos para o 25N Día contra a Violencia de Xénero así como os preparativos para Festas de Nadal”.
Estas reunións de traballo do equipo de goberno coaligado vanse celebrar semanalmente para establecer liñas de actuación conxuntas, segundo acordaron.


Pedro Pereira e Cami Moreira incorporaronse desde onte xa de xeito efectivo ó goberno municipal.
Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira é o primeiro tenente de alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista ocupa a segunda tenencia de alcaldía.
Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.
Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

Os dous concelleiros do BNG incorporarse ó goberno municipal

Pedro Pereira e Cami Moreira incorporanse esta semana de xeito efectivo ó goberno municipal de Porriño. Segundo o pacto de goberno de coalición que se firmou o pasado 15 de outubro, Pedro Pereira será o primeiro tenente de alcalde de xeito que Lourdes Moure, voceira socialista ocupará a segunda tenencia de alcaldía.

Ademáis Pedro Pereira asume as competencias de Urbanismo, Infraestructuras, Ordenación do Territorio, Movilidade e Xestión de Traída de Augas.

Pola súa banda Cami Moreira levará Cultura, Festas, Igualdade, Xuventude e Normalización Lingüística.

Mañán martes a alcaldesa Eva García presidirá unha primeira reunión de traballo cos tres concelleiros do PSOE e os dous do BNG.

Con antelación e para completar a distribución de competencias no goberno, aprobouse definitivamente a modificación da base 27ª do Orzamento Municipal en vigor para establecer as retribucións dos membros do gabinete, trámite que quedou comprimentado coa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) do pasado venres 15.  

Festival de Santa Icía da Escola Municipal de Música

O martes 19 de novembro terá lugar o Festival de Santa Icía, na honra da patroa da música, actividade incluñida na programación cultural do Concello de O Porriño.
Organiza a Escola Municipal de Música que ofrecerá actuacións da coral infantil, da coral polifónica e grupo de música tradicional da Escola.
Comezará ás 19 horas no Círculo Recreativo Cultural.

O Concello colabora coa Festa da Zorza de Pontellas que celebrará a súa XVI edición o vindeiro domingo 17

A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.
Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 euros no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.
Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.
A degustación comezará a partir das 11.30 horas até as 15 horas para o que está habilitada unha grande carpa. A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas que conta coa colaboración do Concello do Porriño.
En representación do goberno municipal asistirán os concelleiros de Comercio e Deportes, Sergio Casal e David Alonso e a tenente de alcalde e concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa do centro cultural, e o grupo de gaitas Nordesía.

A cantante Noemí Fernández recibida na Alcaldía antes de viaxar a Roma para representar a España no certame “Tour Music Fest”

Noemí Fernández, a cantante porriñesa foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García e por Lourdes Moure, concelleira de Educación que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo “Tour Music Fest”. Vai representar a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocaou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

Por outra banda, a alcaldesa confirmou que Noemí Fernández vai participar no encendido do alumeado de Nadal previsto para o vindeiro 3 de decembro así como na festa “pre-fin de ano” do 30 de decembro e na festa de Reis en xaneiro.  

Presentación de “A sombra das árbores”, obra gañadora do “II Certame Roberto Vidal Bolaño”

Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase “A sombra das árbores” e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
A presentación celebraráse no Centro Cultural Municipal de O Porriño, a partir das 19 horas. Ademáis da autora asistirán a concelleira de Educación, Lourdes Moure; Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro”.
O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presenta no Porriño.
No que atinxe á autora, Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.

Programa “Tecendo Lazos”: comeza o obradoiro de manualidades e moldeado “Faíno tí”

A partir deste venres 8 de novembro desarrollase o obradoiro de manualidades e moldeado “Faino tí” que se enmarca no programa “Tecendo Lazos”.
As sesións serán todos os venres, ata o 20 de decembro, entre as 17:00 a 19:30 horas, no Centro Cívico do Porriño (Rúa Domingo Bueno, nº 13 – 2º andar).

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, leva a cabo este obradoiro interxeneracional no que participan persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.).

Neste obradoiro realizaránse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoverá o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, e ademais se fomentará o traballo en equipo entre todos os participantes.

Excelentes sensacións despois do primero fin de semana do “Pinchorriño”

Hostaleiros participantes, a asociación patronal “ACIPOR” como organizadora e o concelleiro de Comercio, Sergio Casal comparten “excelentes sensacións” despois do primeiro fin de semana do “Pinchorriño”. Segundo a Asociación de Comercientes e Industriais de O Porriño os 36 locais participantes neste evento gastronómico tiveron unha grande afluencia a pesares da mala climatoloxía.

“Algún deles ó venres tarde xa fixo 500 tapas, ainda que a media foi de 300 a 400 consumicións por día e establecemento”, apuntaron desde “ACIPOR”.

Lembremos que a consumición mínima é de 1,50 € e que as tapas servense os venres e sábados entre as sete da tarde e as once da noite, ó longo de novembro. 
Os clientes que participan reciben unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poden concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un e, ademáis como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino”, valorada en 150 €.

“ACIPOR” informou que encargara a impresión de 18.000 trípticos do “Pinchorriño” que conteñen o pasaporte e que se distribuen a través dos 36 establecementos  participantes. 

Pola súa banda Sergio Casal, concelleiro de Comercio expresou “a satisfaccion do Concello pola dinamizacion que supón para a vila a celebracion do Pinchorriño que permete converter un mes morto como era novembro no mellor mes para o sector de hostalaría de Porriño”.