Actividades na Biblioteca Municipal: hoxe “Wiki-Maratón” e mañá Obradoiro de Ciencia para escolares

Esta tarde celebraráse o “Wiki-Maratón” a partir das 16 horas e ata as 20 horas.
Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reunense para crear ou mellorar artigos usado fontes previamente recopiladas.

Por outra banda, mañá día 5 comezará o Obradoiro de Ciencia para escolares que terá lugar os martes e xoves de novembro.
Trátase dunha actividade concertada cos centros escolares de O Porriño que se imparte martes e xoves de novembro en horario matinal de 11,15 a 12,45 horas.
Este Obradoiro de divulgación científica realizase con motivo da conmemoración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
A Biblioteca Municipal do Porriño para difundir os seus recursos no ámbito científico, para dar a coñecer figuras galegas importantes no mundo da ciencia e para levar a cabo este curso de ciencia para escolares.
Dende o 2014 celebrase cada novembro como Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Cada ano pídese a un científico ou a unha científica do país a redacción dun manifesto que se edita e distribúe a través dos medios web das bibliotecas. A científica Alicia Estévez Taranzo, microbióloga, académica da RAGC e da RAFG e premio María Josefa Wonenburger Planells (2018), foi a encargada de escribir o manifiesto deste ano. A científica resalta a importancia das bibliotecas “para que moitos dos coñecementos rigorosamente contrastados sexan accesibles ao público”.

Aberta a inscrición para o “Wiki Maratón” que vai celebrar a Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal informa que segue aberta ainda a inscrición para participar no “Wiki Maratón” que se vai celebrar o vindeiro luns 4 de novembro.
Celebrará de 16:00 a 20:00 horas, na Biblioteca.

Trátase dun evento de edición colectiva e simultánea en Wikipedia, aberto ó público, no que persoas con distintos niveis de experiencia reúnense para mellorar ou crear artigos, usando para iso fontes previamente recopiladas que son facilitadas, segundo explica a Biblioteca Municipal.

Presentado o XIV “Pinchorriño” que ofrecerá 36 tapas ó longo do mes de novembro

Juana Pérez, presidenta da asociación de comerciantes porriñeses “ACIPOR”; os concelleiros Sergio Casal e David Alonso, en representación do goberno municipal e media duzia de hostaleiros en representación dos 36 que participarán, protagonizaron hoxe a presentación do XIV Pinchorriño que comeza pasado mañá venres 1 de novembro.

Eses trinta e seis establecementos de O Porriño realizan unha proposta de tapas moi suxerente que abrangue moitas posibilidades. Desde clásicos como o rabo de touro estofado que elabora “Mesón Mondariz” ata opcións veganas como a tarta da horta que presenta o “Pantera” pasando por elaboracións moi creativas coma o mexilón sobre patacadèle do “Café Bar Adèle” ou o wrap de “El Ultramarino” que foron algunas das tapas que trouxeron hoxe os hostaleiros asistentes á presentación.

Juana Pérez indicou que a meirande parte das tapas que se ofrecen elaboranse con productos aptos para celíacos “de tal xeito que sexamos quen de atender a todos cantos queiran vir ata Porriño a disfrutar con nós durante este mes de novembro da nosa gastronomía”. A presidenta de “ACIPOR” e os hostaleiros que asistiron á presentación coincidiron en suliñar que o Pinchorriño é un acicate extraordinario para a vila e os locais que participan pois xenera un volumen de ventas impresionante nun mes que tradicionalmente era moi malo.

Na mesma liña, Sergio Casal congratulouse do como medrou esta iniciativa de “ACIPOR” e manifestou que desde o Concello “poñemos as ferramentas necesarias para axudarvos”. O concelleiro de Comercio ponderou que o Pinchorriño xunto coa Festa dos Callos e a Feira do Pan “convirten a Porriño nun referente gastronómico na comarca e na área metropolitana”.

Por último David Alonso, como concelleiro ainda responsable de Festas indicou “no Porriño temos un nivelazo na hostalaría como reflicte este Pinchorriño e desde o Concello temos que estar moi agradecidos pola vosa participación”.

Lembremos que como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.

Rematou o ciclo de teatro para adultos

O concelleiro David Alonso, en representación do goberno municipal, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais da Xunta, asistiron á función final do ciclo de teatro para adultos.
Ó longo do mes de outubro foron cinco sesións, incluídas na programacion cultural do Concello de Porriño.
O grupo “Atrezo” representou “A decisión de María” no Centro Cultural Municipal.

Cartel do XIV Pinchorriño

Finalmente serán 36 os establecementos que participarán no vindeiro mes de novembro na 14ª edición do “Pinchorriño” cuio cartel difundiu a asociación patronal “ACIPOR” que organiza este evento coa colaboración do Concello do Porriño.

O “Pinchoporiño” está prantexado para promoción da hostalaría local, contribuir a desestacionalización do turismo e que siga a ser un reclamo para visitantes do resto da área metropolitana.

Como é habitual a oferta de tapas será os venres e sábados de novembro, entre as sete da tarde e as once da noite, cun prezo mínimo de consumición de 1,50 euros.

Os clientes que participen recibirán unha papeleta. Por cada catro consumicións selladas nos establecementos participantes poderán concurrir nun sorteo que este ano repartirá catro cheques compra no comercio local por importe de 100 euros cada un, e ademáis, como novidade, unha cesta de productos que regala “El Ultramarino” valorada en 150 euros.

Este sábado reanudase o ciclo de teatro para adultos

Mañá sábado terá lugar a segunda representación do ciclo de “Teatro para Adultos” coa función “Un hotel de primeira sobre o río” a cargo da compañía “Escoitade”. Este ciclo está promovido polo Concello do Porriño e enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

É unha adaptación de Doro Piñeiro da obra orixinal de Xohana Torres que será representada no Círculo Recreativo Cultural a partir das 20 horas.

O sábado celebraráse o “Porriño Street Festival” que xa sufrira dous aprazamentos

O “Porriño Street Festival”, unha nova proposta lúdica que formaba parte da programación das Festas do Cristo, celebraráse finalmente mañá sábado 12 de outubro, entre as 10 da mañán e as 18 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Este evento tivo dous aprazamentos anteriores durante o mes de setembro polo mal tempo.

Tratase dunha competición de baile (“all styles battle”) na que se mesturan diversos estilos de danza urbana, entre eles o “breaking” que será olímpico nos Xogos de París 2024.

David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas confirmou que haberá alomenos 50 inscritos para esa competición.

O “Porriño Street Festival” tamén abrangue un obradoiro de “parkour” e unha exhibición de graffiti.

Acto no Porriño da campaña “Camiño A Dentro/O Teu Xacobeo” coa actuación do grupo de percusión “Dúas”

Porriño foi a cuarta parada do proxecto cultural “Camiño a dentro/ O teu Xacobeo”, unha acción promocional que desenvolven Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia. Porriño acolleu hoxe unha das dez accións artísticas que se planificaron en distintos concellos polos que pasan o Camiño Portugués e o Camiño pola Costa.
A alcaldesa do Porriño, Eva García recibiu a Carmela Silva, presidenta da Deputación e a deputada provincial Victoria Alonso e a Anxo Lourenzo, director xeral de Políticas Culturais, en representación da Xunta de Galicia que asistiron á actividade celebrada a mediodía na praza do Concello. Tratouse do conxunto de percusión “Dúas”. É unha agrupación formada polas percusionistas galegas Marta Rodríguez Figueiredo e Sabela Caridade García.
Nos discursos, previos á actuación musical, Anxo Lourenzo enmarcou esta iniciativa “no eido das accións de promoción do Camiño cara ó Xacobeo 21 que queremos realizar coa antelación debida, en colaboración con outras institucións públicas e entidades privadas”, dixo o director xeral de Políticas Culturais.
Pola súa banda, a presidenta da Deputación manifestou que “Camiño A Dentro é unha aposta por demostrar que O Camiño son moitas cousas: desde espiritualidade, relacions humanas, tradición, historia, patrimonio e sobre todo o Camiño é cultura”.
Por último, Eva García agradeceu a chegada desta iniciativa porque “nos ofrece unha oportunidade para que Porriño sexa máis coñecido e que valoren o noso patrimonio e a nosa xente e os que veñan de paso, volvan e se queden” rematou a alcaldesa do Porriño.

“Camiño a Dentro” ten como obxectivo poñer en valor o Camiño desde unha perspectiva cultural contemporánea, recoñecer o labor das mulleres artistas e propiciar a interacción entre a veciñanza de cada concello e os peregrinos.
O Camiño Portugués tense consolidado como a segunda ruta xacobea máis transitada de cantas conducen a Santiago de Compostela, con máis de 67.800 peregrinos en 2018 e en aumento constante.
O Camiño pola Costa que cruza todo o litoral desde A Guarda deica Redondela tamén rexistra un progresivo incremento que acadao 13.618 peregrinos no 2018.

O concelleiro David Alonso valora como “moi satisfactorio” o resultado das Festas do Cristo 2019

David Alonso, concelleiro do goberno municipal que asumiu a organización das Festas do Cristo 2019, realizou hoxe unha avaliación dos festexos que calificou como “moi satisfactorios”. Dende o Concello do Porriño “valoramos que a xente quedou encantada coas actuacións elixidas e coas novidades que incorporamos na programación como a Banda no Bus que levou a animación de xeirto itinerante ós barrios e parroquias do concello que o valoraron moi ben”, suliñou David Alonso.

O edil indicou que os concertos dos grupos ‘Banda Crebinsky’,‘Dakidarría’ e ‘Efecto Pasillo’ na rúa Domingo Bueno, reuniron a milleiros de persoas e “cumpriron coas expectativas que tiñamos”. David Alonso destacou que “os sectores de hostalaría, comercio, hoteis e servizos indicaronnos que notaron unha suba de afluencia e tiveron unha boa facturación con estas festas, incluso a pesares dalgúns días de choiva”.

“Coido que marcaramos unha nova liña de actuación da que estamos moi orgullosos coma por exemplo coa instauración dos premios ‘Cabezudos e Honra’ que estreamos con Doña Pucha, Cuquín e Teté Delgado, coa organización do primeiro Rally Mix e coa consolidación de eventos como a ‘Nocturna’ con máis de 300 ciclistas participantes ou o ‘Dirk Track’ que reuniu moita xente no Velódromo Municipal”, engadiu o concelleiro.

David Alonso agradeceu “a resposta positiva que recibimos de moita xente que manifestou o seu acordó coa política de contratación de artistas, contido do programa e control do gasto que non se disparou xa que dispuxemos dun arzamento de 160.000 euros, menos do investido en 2018”, rematou o seu balanzo o concelleiro.

Biblioteca Municipal do Porriño oferta actividades formativas baixo o lema “Traballando na aprendizaxe permanente”

A Biblioteca do Porriño informa da apertura do plazo de inscricións para as actividades formativas do último trimestre do ano que denomina “Traballando na aprendizaxe permanente”. Trátase de accións non académicas que teñen como obxectivo o desenvolvemento do cidadán no plano laboral, social e persoal para afrontar as necesidades dun presente sempre cambiante.

“Curso básico para aprender a falar en público“

Nese marco organiza un “Curso básico para aprender a falar en público“, que se celebrará durante o mes de outubro, os venres de 17:30 a 20:00 horas na Biblioteca. Esta actividade está dirixida a todas as persoas que desexen mellorar a súa capacidade comunicativa ante grupos, ou para quen necesite expoñer traballos finais de carreira, ante xuntas directivas, etc.

A actividade formativa, será impartida por Llerena Perozo Porteiro, especialista en teoría e práctica da comunicación, desenvolverase durante os venres do mes de outubro (4, 11, 18 e 25). Trátase dun curso para un grupo reducido dun máximo de 18 persoas. É necesario inscrición previa (de forma presencial na biblioteca, ou a través do teléfono 986337624) e a condición de socio/a da rede de bibliotecas de Galicia. Como sempre, terán preferencia as persoas empadroadas no Porriño.

“Grupos de conversación de inglés”

Os grupos de conversación en inglés son unha actividade que pretende o perfeccionamento do inglés a nivel oral, a través dun grupo de conversa guiado e reducido. Non son clases de idioma, senón un espazo no que mellorar os coñecementos e perder o medo a falar, nun ambiente distendido. Os participantes conversan entre eles, coa guía e asesoramento dunha titora que os corrixe e guía ao longo dunha hora. A titora será María Platas Alonso, docente de lingua inglesa.

Haberá dous niveis de aprendizaxe: un grupo de nivel básico e outro grupo de nivel medio. As sesións celébranse na biblioteca todos os martes do 5 de febreiro ao 28 de maio, e do 1 de outubro ao 26 de novembro.  O horario: entre as 18:00 e 19:05 horas para o nivel básico, e entre as 19:05 e 20:05 para o nivel medio. No caso de existir prazas dispoñibles, unha mesma persoa pode inscribirse nos dous niveis, e, xa que logo, asistir aos dous niveis seguidos dende as 18:00 ata as 20:05.