Cabalgata de Reis do Porriño: enlaces para seguir a retransmisión por “streaming”

Facilitamos os enlaces polos que poderá seguirse a retransmisión por “streaming” (a través da Internet) da Cabalgata de Reis.
Poderá seguirse, ben a través dunha canle de “Youtube” ou ben a través da web do departamento de Cultura do Concello.

Son os seguintes “links”

“EN DIRECTO” Cabalgata Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente
https://youtu.be/TPJms6QDGU0

ou ben 

Cabalgata: http://ecultura.net/cabalgata-real-das-suas-maxestades-os-reis-magos-de-oriente/

Panxoliñas e as rondallas de Atios e Pontellas animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño

Panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios que se situarán ó principio e ó final da comitiva, animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xaneiro, a partires das 18 horas.
As tres carrozas principais cos Reis Magos e as tres auxialiares partirán desde o Polideportivo Municipal e realizarán o percorrido habitual ata rematar na ráus peonis. A recepción dos Reis Magos e o seu séquito ós nenos e nenas do Porriño terá lugar na praza do Concello. No caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.

Haberá caramelos brandos e sen gluten. A Concellería de Cultura ven de contratar o aprovisionamento de 1.500 kilos para esta Cabalgata e outros eventos ó longo do ano.

Para quen non poida seguir de xeito presencial a Cabalgata, a Concellería de Cultura contratou a retransmisión por “streaming” do mesmo xeito que se fixo ó día 1 co Concurso de Rondallas.

A Concellería de Cultura e a Policía Local revisaron o plan de seguridade para este evento que contempla a realización de diversos cortes de tráfico, sinalización dos mesmos e habilitación de rutas alternativas.
Asimesmo acordouse publicar nesta mesma páxina web do Concello, unha serie de recomendacións de seguridade apelando ó sentidiño de pais, nais e demaís persoas que esteán ó cargo dos nenos.

“Sentidiño” e recomendacións de seguridade para o público que vaia presenciar a Cabalgata de Reis

A Concellería de Cultura do Porriño entende que o mellor consello a aplicar é o “sentidiño”. Ainda así quere informar destas recomendacións de seguridade para o público, particularmente para pais, nais e dmáis persoas que esteán ó cargo de nenos e nenas e que vaian a presenciar a Cabalgata de Reis.
Son as seguintes:
1)Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
2)Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
3)Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento. Así que é mellor non deixar que os nenos se acheguen a elas por moito que queiran tocar ós Reis Magos.
4)É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
5)Non distraer aos condcutores que levan os vehículos da Cabalgata
6)Non perder de vista aos máis pequenos. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
7)É recomendable que as crianzas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden
e 8)Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

Pontellas ganou o Concurso de Rondallas “Concello do Porriño”.

MÁIS DE 2.000 PERSOAS SEGUIRON O CONCURSO A TRAVÉS DA RETRANSMISIÓN POR INTERNET

A Asociación Cultural Musical de Pontellas cunha valoración de 54,75 puntos gañou o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nuhna reñida disputa coas agrupacións de Mos que acadou 53 puntos e de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos.
Os premios do concurso eran de 1.500 euros, para a primeira rondalla; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir co Concello durante as festas de Nadal de 2020/2021 nas rúas do Porriño.

A alcaldesa Eva García, a concelleira de Cultura Cami Moreira e outros membros do goberno municipal presenciaron o evento. 

Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e Porriño.
Foron as seguintes e actuaron por esta orde:
1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
3- Rondalla Mosteiro de Tui
4- Rondalla do CSCR de Beade
5- Rondalla Helios de Bembrive
6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

O Pavillón 1 do Polideportivo Municipal de Deportes estivo ateigado con todas as localidades dispoñibles ocupadas (1.168 prazas). Namentres o Pavillón 2 destinouse ós compoñentes das rondallas para que poideran seguir as actuacións das diferentes agrupacións a través dunha pantalla xigante.
Debido a que este ano decidiuse pola Concellería de Cultura que houbera aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas para garantir a seguridade, o Concello contratou cunha empresa a retransmisión por “streaming” do certame que seguiron a través dunha canle de “Youtube” e a través da páxina web do departamento de Cultura do Concello. Segundo datos provisionais, 2087 persoas seguiron a retransmisión, das que ó redor de 400 o fixeron a través do visor que se habilitou na web ecultura.net do departamento de Culutra do Concello. 

O Mercado de Nadal volve ó Porriño

O vindeiro sábado 4 de xaneiro volverá o Mercado de Nadal, segundo anunciou a Concellería de Cultura.

O evento que non puido ter lugar nas datas inicialmente establecidas na programación do Concello do Porriño debido á meteoroloxía, tivo que aprazarse. Os pasados días 28 e 29 de decembro recuperaronse dúas datas. E o vindeiro sábado recuperaráse unha máis. 

 

Enlaces para ver o mércores 1 a retransmisión en “streaming” do Concurso de Rondallas Concello do Porriño

A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar en vivo o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal que se celebrará o mércores 1 de xaneiro, a partirres das 18 horas.

Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1.

E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse este ano retransmisión por “streaming” que poderá seguirse tanto a través da páxina web do departamento coma a través dunha canle de Youtube habilida pola empresa que vai realizar a retransmisión.
Os enlaces son:

II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

Ou tamén

“EN DIRECTO” – II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

No que atinxe ó concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte:
1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
3- Rondalla Mosteiro de Tui
4- Rondalla do CSCR de Beade
5- Rondalla Helios de Bembrive
6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

ESTA NOITE PORRIÑO CELEBRARÁ A FESTA DE PRE FIN DE ANO CON MÚSICA E UVAS

A carpa da explanada Roxy e a praza do Concello acollerán esta noite a Festa Pre Fin de Ano, unha tradición prorriñesa que cumpre una década.
A previsión meteorolóxica é dunha noite de ceos rasos, fría pero sen choiva o que garante a asistencia de moitísimo público.
O Grupo América e o espectáculo Drag Queen Christian encargaránse da animación desde as 22,30 horas.
A medianoite, na praza do Concello soarán as doce badaladas que despedirán simbólicamente o 2019. Haberá reparto de uvas entre os presentes.
Despois a festa e a música continuarán na carpa Roxy.

Haberá aforo limitado no Polideportivo Municipal para seguir o Concurso de Rondallas que se retransmitirá en “streaming”

A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal   Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.

Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1.

E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse este ano retransmisión por “streaming”  da que facilitaremos máis información en breve.

No que atinxe ó concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte:

  • Rondalla do Centro Cultural de Torroso
  • Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
  • Rondalla Mosteiro de Tui
  • Rondalla do CSCR de Beade
  • Rondalla Helios de Bembrive
  • Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
  • Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

A Concellería de Festexos organiza esta edición que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2020, a partir das 18 horas con carácter competitivo.

Os premios do concurso serán 1.500 euros, para a primeira rondalla clasificada; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir por ambas partes durante as festas de Nadal nas rúas do Porriño.

Entre as bases establecese que as agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do Arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso. No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes.

A PRIMEIRA SAN SILVESTRE DO PORRIÑO SUPERARÁ OS 700 PARTICIPANTES. Dende o venres comeza a entrega de dorsais

 

 

A primeira edición da “San Silvestre Concello do Porriño” terá finalmente máis de 700 participantes con dorsal por que a previsión é que haberá xente que se anime e participe sen dorsal. Cumpre lembrar que só estarán cubertos polo seguro de responsabilidade civil e accidentes aqueles participantes que teñan dorsal asignado.  

A partires de mañá venres 27, comezará a entrega de dorsais  que se poderán recoller no Pavillón Municipal de Deportes entre as 10 h. e as 15 horas.

O mesmo día da proba, o luns 30 de decembro, os inscritos poderán recoller os seus dorsais no Pavillon Municipal ( entre as 8 h. e as 15 h.) e pola tarde, no Concello do Porriño (entre as 17 e as 19,30 h.)

Todos os inscritos deberán estar dez minutos antes do inicio da proba (prevista para as 20 horas) e colocarse na zona de saída, na rúa praza Arquitecto Antonio Palacios.

Todos os participantes deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó “SOS Porriño”, o Banco de Alimentos Municipal.  Por iso a proba chamase “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.

A proba está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

O remate haberá dous stands de bebidas patrocinados por “Mahou” e tamén chocolate para que os participantes repoñan forzas.

“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria” manifestou David Alonso, concelleiro de Deportes que tamén está inscrito e participará na San Silvestre.

Diversos eventos da programación de Nadal para esta fin de semana

O Concello do Porriño anuncia diversos eventos da programación de Nadal que terán lugar a partires do venres 27 e durante a  fin de semana.

Ademáis do Mercado de Nadal que finalmente vaise celebrar sábado e domingo na rúa peonil -do que xa informamos noutra nova nesta mesma páxina web-, haberá oito actividades máis, segundo confirma a Concellería de Festexos.   

O venres 27 teremos o Concerto das Maimiñas e as Panxoliñas e Noemí Fernández. “Maimiñas” é o dúo formado polas profesoras de música: Lucía Lago, “Mai”, e Irene Álvarez Lago, “Miña”  que visitan O Porriño para convidar a nenos e maiores a gozar dunha tarde navideña de música, baile e alegría. A partires das 18 horas no escenario instalado na praza do Concello. E a continuación delas, actuará a cantante porriñesa Noemí Fernández. Ven de quedar subcampeona na final do “Tour Music Fest”, certame europeo de novos valores musicais celebrado este mesmo mes en Roma. 

O sábado 28 haberá obradoiros infantís. Na praza do Arquitecto Palacios en quendas de mañan (11 h a 14h) e de tarde (de 17 a 20 h). Tamén o sábado teremos o desfile da Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos, a partires das 19 h, por diversas rúas da vila. E finalmente o sábado haberá o “Festival de Dj’s” previsto na carpa do Roxy, desde as 23 horas.

O domingo 29 haberá outros dous obradoiros infantís en quendas de mañán (de 11 a 14 h.) e de tarde (de 17 h. a 20 h.).

Asimesmo o domingo 29 teremos a visita do Apalpador, patrocinada pola Deputación, que estará cos nenos e as nenas do Porriño a partires das 19 horas, percorrendo diversas rúas da vila.