Por fin haberá Mercado de Nadal

Despois de dous aprazamentos causados polas borrascas destas últimas semanas, a Concellería de Festexos informa que haberá Mercado de Nadal que terá lugar o vindeiros días sábado 28 e domingo 29.
Celebraráse na rúa peonil en horario de 11 horas a 20 horas, para os dous días.

Mercado de Nadal é unha iniciatica da AAVV de San Benito e San Sebastián que conta co apoio do Concello do Porriño que inclue esta actividade na programación de Nadal.
Deputación de Pontevedra, a Asociación de Loita contra o Cancro, “Ekohuerta”, a protectora de animais do Porriño “Lena” e a Asociación “Baas Galgo” colaboran con esta iniciativa solidaria e sostible

Suspendido o Mercado de Nadal tanto hoxe sábado como mañá domingo pola situación meteorolóxica. Tamén cancelaronse os dous obradoiros infantís.

O Mercado de Nadal ten que suspenderse por segunda fin de semana consecutiva debido a tren de borrascas e as malísimas consicións meteorolóxicas.

A Concelleira de Cultura, Cami Moreira ven de informar que o Mercado de Nadal non se celebrará nin hoxe nin mañá domingo como xa ocorrera hai unha semana.

Este evento que organiza a AAVV San Benito e San Sebastián co apoio do Concello do Porriño, Asociación de Loita contra o Cancro, a Protectora de Animais e outras entidades, trasladouse á carpa do Roxy pero as condicións de vento e choiva desaconsellaron a súa celebración.

De feito outros dous eventos da programación de Nadal que ían  celebrarse hoxe na carpa Roxy cancelaronse. Polo tanto non terán lugar os obradoiros infantís de Postais de Nadal nin o de Papá Noel móbil que estaban previsto a  mediodía e de tarde. 

Todas as modificacións poden consultarse na web do departamento de cultura do Concello.

Programación cultural. Abril 2024

Entrega de diplomas do curso “Tecendo lazos”

Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa “Tecendo lazos”. En concreto do curso de “Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados” realizado no Centro Cívico do Porriño.

Neste obradoiro realizaronse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoveu o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación,

Tratouse dun obradoiro interxeneracional no que participaron persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.) .

Concelleiros do goberno municipal asistiron ós diversos eventos da programación de Nadal do Concello do Porriño

David Alonso, concelleiro de Emprego, asistiu en representación do goberno municipal ó Rastrillo Solidario da AECC do Porriño celebrado durante a fin de semana.

Esta decimoquinta edición deste evento benéfico tivo lugar no Centro Cívico. O producto das vendas deste rastrillo serven para financiar as accións de axuda aos enfermos de cancro e as súas familias.

Tamén David Alonso compartiu cos organizadores da Visita de Papa Noel e a chocolatada, unha actividade festiva promovida pola AAVV de San Benito e San Sebastián que se trasladou á carpa da explanada Roxy,  pola choiva.

Finalmente Cami Moreira, concelleira de Cultura e Festexos, asistiu en representación do goberno municipal ó Festival de Panxoliñas.
Este evento musical, celebrado na Igrexa de Santa María do Porriño, tivo lugar o venres e o sábado, con sete actuacións repartidas entre ambos os dous días.

No muro de Facebook do Concello, poden seguirse as actuacións grazas os videos grabados polo noso colaborador Alfredo Hernández Medina que temos colgado.

Programación de Nadal do Concello do Porriño: Canceladas as catro actuacións da Rondalla de Pontellas previstas para esta tarde, pola choiva

O departamento de Cultura do Concello de O Porriño informa que decidiuse a cancelación das catro actuacións que a rondallla de Pontellas ía ofrecer esta tarde. Unha decisión motivada polas condicións meteorolóxicas.

Deixamos o enlace coa páxina web do departamento de Cultura que avisa que as actuacións serán datadas de novo.

Calendario de rondallas de Nadal 2019

Modificacións na programación de Nadal pola previsión meteorolóxica para esta fin de semana

CANCELADO O MERCADO DE NADAL PARA OS VINDEIROS DÍAS 14 E 15 POR MOR DA PREVISIÓN DE CHOIVAS.

A Concellería de Cultura e Festas comunicanos que ven de tomar a decisión de cancelar o Mercado de Nadal previsto para a vindeira fin de semana, que ía celebrarse nos barrios de San Benito e San Sebastián.
A cancelación decidiuse pola previsión meteorolóxica para os vindeiros sábado 14 e domingo 15.
En cambio, mantense a previsión de celebrar o Mercado de Nadal para a seguinte fin de semana do 21 e 22 de decembro, programada na rúa peonil.

TRASLADADA Á CARPA DA EXPLANADA ROXY, A VISITA DE PAPÁ NOEL E A CHOCOLATADA
Asimesmo, a Concellería de Cultura e Festas comunica tamén o traslado da Visita de Papé Noel e a Chocolatada que organiza a AAVV de San Benito e San Sebastián. Esta actividade segue programada para o sábado 14 pero pasase á carpa da explanada Roxy, no mesmo horario (a partir das 17 horas) ,

Todos os cambios na programación poden consultarse na páxina web do departamento de Cultura do Concello de O Porriño.

Programación cultural. Abril 2024

Concello e “Acipor” fixeron un balanzo “moi positivo” do “Pinchorriño 2019”

Ó redor de 70.000 tapas venderonse durante os cinco fins de semana que este ano ocupou o “Pinchorriño”, segundo os cálculos da asociación comercial “ACIPOR”, organizadora deste evento que acadou a súa decimocuarta edición.

Para corroborar esa estimación, a patronal local contemplou que encargará a edición de 18.000 boletíns que se practicamente repartironse todos agás un milleiro. Xa que cada un deles leva os sellos de catro establecementos, a multiplicación é sinxela.
Este ano participaron 36 establecementos de hostalaría de O Porriño que servían a respectiva tapa cunha consumición mínima de 2,50€.

Por outra banda, na sede de ACIPOR e con asistencia do concelleiro de Comercio, Sergio Casal fixose o sorteo dos boletíns que resultarán premiados con catro cheques de compra por 100 euros no comercio local e unha cesta de productos delicatessen doada polo establecemento “El Ultramarino”.
O vindeiero 16 de decembro coñeceránse os respectivos gañadores.

A cantante porriñesa Noemí parte cara a Roma onde representará a España no certame “Tour Music Fest”

 

Noemí Fernández, a cantante porriñesa que representará a España no certame musical europeo “Tour Music Fest” que se vai celebrar en Roma o vindeiro sábado día 7, recibiu unha bandeira de máns do Concello que levará á capital italiana.

A alcaldesa e membros do goberno municipal entregaron á cantante local a bandeira co lema “O Concello do Porriño con Noemí” que ela vai levar consigo a Roma e que confía en mostrar ante as cámaras se acada o triunfo no concurso.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

A súa volta de Roma, Noemí Fernández vai volver actuar no Porriño como fixera onte con motivo do acendido do alumeado de Nadal. Será na Festa “Pre-Finde Ano” que terá lugar o día 30.

 

Máis de 200 arcos e 40.000 bombillas led compoñen o alumeado de Nadal

O alumeado de Nadal inaugurado onte á noite no Porriño despregase en 200 arcos luminosos e 40.000 bombillas led de distintas cores, segundo datos aportados pola Concellería de Festas. A decoración elixida é de temática polar e despregouse por diversas rúas da cidade. 

A cantante Noemí Fernández foi a encargada de acender o alumeado logo de actuar ante o público que asistiu ó seu concerto no escenario sito na praza do Concello. 

Nos vindeiros días desarrollaránse diversas actividades previstas na programación de Nadal confeccionada polo departamento de Cultura do Concello de O Porriño que se poden consultar no seguinte enlace

Programación cultural. Abril 2024