
Obradoiros de vimbios: comezarán o vindeiro sábado 10 e requiren inscrición previa

A Sala de Estudo Municipal, habilitada no Centro Cívico, vén de ampliar o seu horario de apertura: de 8:30 a 14:00 h. e de 15:00 a 20:30 h., de luns a venres, e coas garantías de seguridade sanitaria oportunas pola COVID-19, segundo anunciou hoxe Cami Moreira, concelleira de Cultura.
Esta Sala de Estudo abriu o pasado 9 de xuño por decisión da concelleira, para complementar á Biblioteca Municipal, na procura dunha separación de espazos para maior funcionalidade.
Deixamos ligazón coa web do departamento de Cultura para máis información.
http://ecultura.net/novo-horario-da-sala-de-estudo-municipal/
Preto de trinta establecementos do Porriño participaron na 27ª edición da Festa dos Callos que se celebrou este domingo. Segundo acordaron establecementos e organizadores, cun novo prezo único, de 6 euros que incluía ración de callos, pan e a cazola conmemorativa.
As limitacións impostas polos protocolos anti-covid obrigaron a organizadores e Concello a reducir os actos públicos. A agrupación musical Feixoada encargouse da animación de rúa.
As asociacións AHOSPOR e ACIPOR, co apoio do Concello do Porriño, organizaron este certame que practicamente pechou as Festas do Cristo 2020.
A Concellería de Cultura e Festexos informa dun cambio de emprazamento do espectáculo de danza de Anxela Blanco que está previsto para este sábado 3 de outubro. Non se celebrará na Praza do Cristo senón que terá lugar no Centro Cultural Municipal, á vista das previsións de choiva para o sábado.
Este cambio supón unha adaptación a un espazo interior polo que non se representará o que estaba previsto inicialmente, chamado ‘Voo’, senón outro de nova creación nomeado ‘Chove’”, anuncia a Concellería que dirixe Cami Moreira.
O cambio de recinto supón tamén un aforo restrinxido (75 espectadores) con entrada libre e de balde ata completar ese aforo, polos protocolos anti-covid. A duración do evento será de 30 minutos.
Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura
Hoxe luns 28, festivo local no Porriño, a programación das Festas do Cristo ofrecerá un espectáculo musical que mesturará a ópera coas artes urbanas como o break dance e os dj’s.
O espectáculo que comezará ás 18 h. na praza do Concello, cun aforo reducido, está producido por “Vella Escola”. O seu responsable, Pablo Castiñeira explicou que na posta en escena “sumaremos o talento operístico da soprano Esperanza Mara cos bailaríns Bboy Serlli e Pol Rock e co DJ Mil”.
“Trátase dunha fórmula nova que coido que é un formato que debemos promover pois estas novas formas de espectáculo pretenden acercar a ópera e as artes urbanas a outros públicos”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Festas y Cultura.
“Pretendemos quitar ese aire de que a ópera é un espectáculo para adultos e elitista, cando realmente é unha manifestación musical que pode conxugar moi ben coa arte urbana. Ofreceremos unha fusión entre contar unha historia en formato operístico apoiado con bailes de cultura urbana cun resultado espectacular”, engadiu a concelleira de Festas e Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos decidiu adiar sine die a actuación da banda “Os Bregadiers” prevista para o domingo 27, á vista das previsions climatolóxicas.
Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.
A Concellería de Cultura e Festexos ven de decidir unha serie de modificacións na programación das Festas do Cristo 2020 para hoxe e vindeiros días debido ás previsións climatolóxicas adversas.
O primeiro destes cambios afecta ao concerto que esta tarde vai ofrecer a agrupación de gaitas “Os Zoqueiros”, previsto para ás 18 horas. En lugar da praza do Concello, celebrarase no auditorio exterior do Centro Cultural Municipal.
Tamén hai outros dous cambios para actos programados. Para mañá venres coa sesión de cine coa proxección de “María Soliña” que pasará ao Centro Cultural Municipal, e o domingo 27, co concerto de Xabier Díaz a Adufeiras de Salitre que trasladase ao Polideportivo Municipal.
A Concellería indica que poderían decidirse máis cambios en función das previsións climatolóxicas que se informarán a través das redes sociais do Concello.
Deixamos ligazón coa páxina web de Cultura.
Programación cultural. Abril 2024
Deixamos unha galería de imaxes do obradoiro de animación que onte domingo ofreceuse na praza Arquitecto Antonio Palacios, a cargo de “Cóxegas”.
Trátase dunha actividade para a infancia integrada na programación das Festas do Cristo 2020.
O artista alcumado “O Ras”, de Pontevedra, foi o gañador desta primeira edición da Batalla de Debuxantes “ImprovisDado”, unha novidade no programa das Festas do Cristo 2020.
O evento celebrouse esta tarde, nun escenario especialmente preparado na praza do Concello, que propiciou un espectáculo, como amosan as imaxes adxuntas.
Un xurado integrado por profesionais relacionados co debuxo decidiu. Cami Moreira, concelleira de Festas realizou a entrega de premios aos seis finalistas participantes. O gañador acadou un trofeo conmemorativo e un premio en metálico de 200 €.
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño presentou hoxe a final do concurso “Batalla de Debuxantes IMPROVISDADO” que terá lugar o vindeiro sábado 19, ao abeiro da programación das Festas do Cristo 2020. A partir das 17 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios, fronte ao Concello.
Chegan a esta fase final seis artistas que resultaron elixidos entre os que se presentaron na primeira fase da convocatoria. Un deles procede de Ibiza e os restantes de diferentes puntos de Galicia entre os que hai unha ilustradora, un arquitecto ou un especialista en graffiti
Os finalistas terán 90 minutos para realizar o seu traballo artístico de temática libre sobre un soporte ríxido que pode ser unha parede, unha peza de mobiliario ou outro tipo de obxectos. Terán liberdade para utilizar o utensilio de pintura que desexen pero a obriga de que sexa coa técnica de man alzada e tan só cor negra. O gañador que determine o xurado integrado por profesionais relacionados co debuxo, acadará un trofeo orixinal e un premio en metálico de 200 €. O segundo premio está dotado con 150€ e o terceiro con 100€.
Este certame é unha novidade na programación cultural do Porriño está organizado pola Oficina Municipal de Información a Xuventude (OMIX) e producido por “Vella Escola”. “Constitúe unha primicia a nivel mundial xa que é a primeira vez que se fai este tipo de certame e se fai no Porriño”, reivindicou a concelleira de Cultura, Camila Moreira.
Do mesmo xeito, a Pablo Castiñeira, en representación de “Vella Escola” agradeceu á concelleira e ao Concello “por esta oportunidade para traer novos proxectos e formatos, sempre é de agradecer que haxa administración sensibles a novas propostas”, manifestou.