A Concellería de Cultura crea un Rexistro Municipal de Asociacións Locais

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño anuncia a creación dun Rexistro Municipal de Asociacións Locais.
Poderán inscribirse todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións correspondente e que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.

A finalidade é permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, coñecer os seus fins e a súa representatividade. Fomentar a participación organizada e a vida asociativa no municipio. Dar a coñecer e así fomentar o asociacionismo e participación cidadá.

As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada.

Deixamos os enlaces cos diferentes documentos.

Regulamento_RexistroMunicipalAsociacions

SolicitudeInscrcicon_RexistroAsociacions

ModeloCertificado_NumeroSocios

A concelleira de Cultura acude a unha reunión preparatoria do programa “Xacobeo en Camiño”

Cami Moreira, concelleira de Cultura asistirá hoxe en Compostela a unha reunión convocada polo titular da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia que chamou a representates de todos os concellos vencellados co Camiño de Santiago.

O encontro con Román Rodríguez que se vai celebrar no Museo das Peregrinacións, é para expoñer o programa ” Xacobeo en Camiño”. Segundo a Xunta de Galicia “buscase consolidar unha programación cultural compartida con cada concello en todas as vilas e cabeceiras de comarcas.

Pleno municipal de xaneiro: apoio á sanidade pública e regulación da pirotecnia en festas

Na sesión ordinaria de xaneiro debatiuse e aprobouse por maioria (PSOE, EU SON, BNG e UDDL) que o Concello de O Porriño apoie institucionalmente a manifestación en defensa da sanidade pública de Galicia prevista o vindeiro 9 de febrero en Santiago.
O acordo adoptouse por partida dobre xa que houbo dúas mocións con esa demanda que presentaron os grupos EU Son e BNG. En ambos casos o PP votou en contra.

Por outra banda a Corporación aprobou por unanimidade regular o uso de pirotecnia nos festexos para limitar a contaminación acústica.
Sobre este particular Cami Moreira, concelleira de Festexos anunciou que está a preparar unha ordenanza que será consensuada coas AAVV e comisións de festas. Indicou que nas dúas festas principais do concello, San Benito e do Cristo empregaráse pirotecnia insonora.

Programación do Entroido 2020: Convocase concurso para elixir o cartel anunciador

O Concello do Porriño convoca a primeira edición do concurso de carteis do que sairá o que servirá para anunciar o Entroido 2020. O prazo de presentación de deseños rematará ó 10 de febrero ás 20 horas.

Poderán participar todos cantos queiran con plena liberdade de técnica sempre que non presente dificultade para súa posterior reprodución litográfica.
O tema referirase o Entroido, e sempre en lingua galega. Os participantes entregarán un CD onde aparecerá o cartel en formato jpg, formato A3, 300ppp (puntos por pulgada) 3508×4960 píxeles, no Rexistro de entrada do Concello.

No cartel aparecerá o seguinte texto: “ENTROIDO NO PORRIÑO Dende 22 o 26 de febreiro 2020 Concellería de Festexos- Concello do Porriño”

O xurado estará presidido por Cami Moreira, concelleira de Festexos e integrado por 3 membros relacionados co mundo das artes.
O deseño gañador terá un premio en metálico de 600 euros. Haberá tamén un accésit de 500 euros.
O cartel gañador quedará en propiedade do Concello do Porriño que terá todos os dereitos e explotación do mesmo.

Programación do Entroido 2020: Publicanse as bases do desfile de comparsas

A partir do 3 de febreiro abre o prazo de inscrición para o Desfile de Comparsas do Entroido 2020 que pechará o día 18 incluído, segundo ven de anunciar a Concelleróia de Festexos do Concello do Porriño.

O importe total de premios a repartir será de 13.950 euros entre comparsas infantis e de adultos. O importe dos premios se determinará segundo o número de compoñentes da comparsa.

Segundo as bases da convocatoria que xa se poden consultar a través do enlace que figura nesta mesma web, a orde de participación nos desfiles será por orde de  inscrición. 

As comparsas que aspiren ós premios de participación teñen a obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do Sábado e Martes de Entroido, e no acompañamento do Enterro da Sardiña no Mércores de Cinza. Os percorridos de cada desfile tamén aparecen detallados na convocatoria.

 

A Concellería de Cultura lanza a iniciativa de crear un Rexistro de Artistas Locais

A Concellería de Cultura propón a creación dun Rexistro de Artistas Locais de O Porriño para o que nas redes sociais de Concello e nesta mesma web incluímos a correspondente información así como o formulario coa solicitude de inscrición.

A iniciativa que lanza o departamento que dirixe Cami Moreira consiste en que todas aquelas persoas ou grupos adicados ás diversas actividades artísticas culturais e que teñan a súa residencia no concello de O Porriño, poidan inscribirse no devandito Rexistro.

A finalidade é dobre: contribuir ao desenvolvemento da comunidade artística local e dar a coñecer e fomentar a contratación de grupos e creadores do Porriño.
As inscricións faranse de acordo á instancia establecida que pode descargarse nesta mesma páxina web do concello.

No caso de artistas menores de idade, a solicitude será asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor.

No Rexistro de Artistas Locais, os inscritos estarán divididos segundo as disciplinas presentadas. O acceso a este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder todas as persoas interesadas, de forma telemática a través desta mesma páxina web do Concello.

Pódese acceder aos formularios nas seguintes ligazóns:

Solicitude Inscrición

Regulamento Rexistro

Este xoves comeza o ciclo “Bibliosaúde” que de novo amosa a sobranceira labor da Biblioteca Municipal no eido da divulgación

Este xoves día 23 arrincará na Biblioteca Municipal unha novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.
Na primeira quenda tratase o tema do desenvolvemento visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas tendo en conta que 1 de cada 4 rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con problemas visuais.

Lucila Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio centro en Andorra.

Esta nova proposta da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos polos que ten destacado nos últimos anos de xeito sobranceiro.
Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso público a información sobre saúde e benestar.

EU Son e BNG proporán ó pleno que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública

Entre as comisións informativas municipais que se van celebrar este mércores para preparar o vindeiro pleno, engadiuse a convocatoria da Comisión de Asuntos Sociais na que os grupos municipais de EU Son e BNG presentan sendas mocións en defensa da sanidade pública.
Ambas formacións políticas levarán ó pleno a proposta de que o Concello de O Porriño apoie a manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar o 9 de febrero.

Lembramos que ademáis está convocada a Comisión Municipal de Cultura que inclue a renovación por catro anos do convenio coa Sociedade de Xestión do Xacobeo para a xestión do Albergue de Peregrinos pois o anterior databa de 2008. Na mesma trataráse a moción que presenta o PP para amplar os horarios de funcionamento da Biblioteca Municipal, e outra moción de EU Son para a regulación do uso da pirotecnia no concello.

No que atinxe ás restantes Comisións Municipais, cancelouse a de Contas por innecesaria xa que a desestimación de alegacións á Conta Xeral de 2019 realizarase directamente polo pleno da Corporacion.

Haberá Comisión de Urbanismo que tratará diversos asuntos propostos para o pleno polo concelleiro de Infraestructuras Pedro Pereira. Entre eles figura a cesión dunha parcela no Polígono das Gándaras á asociación “Aceesca” para a construcción do centro de formación dual. O terreo está a continuación do Parque de Bombeiros.

Por último, está convocada a partir das 18 horas, Comisión Municipal de Economía que tomará coñecemento do recurso de “Urbaser” contra a adxudicación do contrato de limpeza viaria e do fallo do Tribunal de Contratos Públicos de Galicia. A mesa de contratación reunida a pasada semana decidiu excluir á firma “Ascan” e trasladar ó pleno da Corporación Local que resolva a readxudicación do contrato de limpeza ciaria en favor da segunda empresa mellor puntuada que foi “Urbaser”. O asunto xa foi tratado previamente na xunta de voceiros municipais celebrada o pasado xoves 16.
Nesta comisión tamén se debatirá unha moción de “EU Son” para establecer unha regulación dos contratos menores.

A alcaldesa e o concelleiro de Turismo acuden a “Fitur” a apoiar a oferta do Xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño” que O Porriño participa

A Alcaldesa, Eva García de la Torre e o concelleiro de Turismo, David Alonso viaxan este mércores a Madrid para asistir á presentación en FITUR do Xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño” do que O Porriño forma parte xunto con trece concellos máis.
Eva García e David Alonso tamén participarán como invitados o xoves a mediodía na presentación que a Deputación de Pontevedra realizará da súa campaña institucional de fomento de turismo para 2020 que este ano titulase “Sigue o teu instinto”.

No que atinxe ó novo Xeodestino “Ría de Vigo e Baixo Miño”, Alcaldesa e concelleiro apoiarán a estrea deste nova oferta que participa O Porriño cos concellos de A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui. Está previsto que tamén asistan os alcaldes e alcaldesas destes concellos para arroupar a presentación do primeiro producto turístico do Xeodestino na Feria Internacional de Turismo. A presentación terá lugar ás 18 horas.

Ría de Vigo e Baixo Miño é un xeodestino de referencia tanto no eido patrimonial, con 64 Bens de Interese Cultural, como no natural, contando cun dos seis Parques Naturais da comunidade galega, situándose no ámbito de influencia do Parque Nacional das Illas Atlánticas e con outros 11 espazos naturais baixo diferentes figuras de protección. Todo isto sen esquecer as súas 10 festas declaradas de interese turístico. Unha ampla variedade de recursos que conviven no territorio que ocupa o xeodestino que facilitan a articulación de futuros produtos turísticos.

Trátase dunha área xeográfica estratéxica con varios aeroportos situados a poucos quilómetros e cun marcado carácter transfronteirizo que facilita a captación de turistas internacionais. No ano 2018 contabilizaronse 500.000 pernoctas o que sitúa este Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño como o segundo de Galicia en volume de demanda hoteleira, soamente por detrás da Ría de Arousa.

A pesar das diferentes realidades municipais que se viven nos 14 concellos do xeodestino, coa definición e posta en marcha do plan estratéxico búscase abrir as portas a unha xestión turística unificada, optimizando recursos estruturados e organizados, poñendo en marcha medidas que faciliten a creación e comercialización de produtos turísticos.

Tres funcións de teatro para familias e un novidoso ciclo divulgativo chamado “BiblioSaúde” caracterizan a oferta cultural deste mes de xaneiro

A Concellería de Cultura do Concello do Porriño que dirixe Cami Moreira programou para este mes de xaneiro tres funcións de teatro pensado para as familias que terán lugar os sábados 11, 18 e 25 no Centro Cultural Municipal.

A primeira quenda para mañá será a representación de “Laia, Aprendiz de Maga” a cargo da compañía “Animar-T”. Tratase dun espectáculo que mistura teatro, música e maxia cómica que conta as relacións entre avós e netos desde a visión de Laia, a protagonista que é unha nena de 7 anos.

A vindeira función será o sábado 18 baixo o tóitulo “Dúas heroínas, voando van”, a cargo da compañía “Señora Supina” e finalmente o sábado 25 representaráse “Cecilia e a súa boneca” pola compañía “A run run xogos e enredos”.

BIBLIOSAÚDE
Por outra banda, neste mes de xaneiro arrincará na Biblioteca Municipal unha novidosa proposta de conferencias, un ciclo divulgativo chamado “Bibliosaúde”.
Na primeira quenda, datada para o xoves 23, trataráse o tema do desenvolvemento visual, incidindo de xeito especial nos nenos e nenas tendo en conta que 1 de cada rapaces non é diagnosticado ou é mal diagnosticado e no mundo hai 217 millóns de persoas con problemas visuais.

Lucila Tó García-Miranda será a encargada de impartir esta primeira conferencia. É unha óptica-optometrista especializada en terapia visual baixo unha filosofía do comportamento, con máis de 25 anos de experiencia e que dirixe o seu propio centro en Andorra.

Esta nova proposta da Biblioteca Municipal está na liña do desenvolvemento de programas formativos polos que ten destacado nos últimos anos. Para 2020 elixiuse o ámbito da saúde en resposta ó Obxectivo nº 3 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, auspicíada pola ONU, que propón aos centros bibliotecarios apoiar o acceso público a información sobre saúde e benestar.