O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño.
A solución técnica que se prantexa é mediante a depresión da rasante da vía férrea, segundo explicou María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos á alcaldesa. Por esa razón é que ADIF inclue na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.
Na reunión de traballo celebrada este mediodía en Madrid, a alcaldesa porriñesa estivo acompañada polos deputados pontevedreses Guillermo Meijón e Olga Alonso.
O Goberno Municipal de Porriño entende que unha vez estea estimado o custe da obra, “a financiación terá que ser compartida polas diferentes administración públicas mediante un futuro convenio que debería ser participado por Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello, para asumir de xeito conxunto a financiación ”, segundo manifestou Eva García ó termo da reunión.
“O custe da obra é un dato que terá que determinar o proxecto constructivo que vai licitar o ADIF”, suliñou a alcaldesa do Porriño. Eva García manifestou sentirse “moi contenta de comprobar que por fin hai avances concretos para ver que chegará a materializarse a aspiración de todos os porriñeses”, declarou.
A reunión de hoxe foi continuidade das xestions realizadas hai un ano pola alcaldesa coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera. Naquela reunión, de data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese ano.
O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.
O Concello do Porriño revirte os cartos das multas de tráfico para financiar o curso de conducción segura que se presentou cos pilotos Ivan Ares, José Pintor e David Gónzalez
“Os cartos das multas de tráfico impostas pola Policía Local revirten para financiar o curso de conducción segura que hoxe anunciamos” manifestou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade de Porriño durante a roda de prensa na que se presentaron os detalles desta iniciativa que promove o Concello, de xeito gratuito. Haberá prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses, para participar neste curso titulado “Conduce con xeito”.
Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local manifestou que esta iniciativa “danos a oportunidade de traballar con perto de 250 persoas, todo un luxo, que poidamos chegar a eles para reforzar os coñecementos teóricos e sobre todo prácticos para solventar incidencias que poidan acontecerles”, manifestou.
A Concellería de Seguridade organiza o curso a través da Policía Local do Porriño e será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán figuran Ivan Ares, campeón de España de Rallys; José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017; e outro dos pilotos da Federación Galega de Automobilismo que asistirá como monitor será o porriñés David Gónzalez Couceiro.
No nome dos pilotos, Ivan Ares dixou que “está moi ben que nos poidamos ensinar ós participantes neste curso de conducción segura para evitar accidentes e axudar á mellora da seguridade”.
As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir deste xoves 19. Haberá que rechear os formularios que publicamos a través da páxina web e tamén no Facebook do Concello do Porriño e presentarllos nas oficiñas da Policía Local.
A Policía Local do Porriño informa de cortes ó tráfico rodado e prohibición de estacionar nas seguintes rúas e días:
Venres 20 setembro:
Sábado 21 setembro:
Domingo 22 setembro:
Lunes 23 setembro:
Esta mañan a alcaldesa Eva García firmou e comunicouse a convocatoria da Comisión Municipal previa ó Pleno da Corporación Local de Porriño. A comisión informativa convocada é a de Parques, Xardíns, Limpeza, Industria e Mercados. Reuniráse o venres 20, ás 19 horas.
Deberá informar sendas mocións. Unha presentada polo PP que prantexa un suposto incumprimento de contratos da empresa “Ascan Servicios Urbanos” polo que na súa dispositiva propon que “o Servizo de Contratación do Concello revise os contratos adxudicados a Ascan” e por outra banda “instar á empresa a realizar un informe sobre o cumprimento das súas ofertas nas respectivas licitacións”.
A outra moción que deberá informar a Comisión Municipal foi presentada polo BNG e atinxe á movilización mundial convocado para o vindeiro 27 de setembro polo clima. A moción do Bloque prantexa que a Corporación acorde apoiar a movilización do vindeiro día 27. Asimesmo a moción solicita que o Concello de Porriño acometa diversas iniciativas como reclamar á Xunta de Galicia que desenvolva un marco lexislativo de estratexias concertadas con todos os axentes para loitar eficazmente contar o cambio climático e crear un gabinete de acción en coordinación con outras institucións fronte á emerxencia climática”.
Ambas mocións e outras que xa foron informadas con anterioridade formarán parte da orde do día do pleno ordinario de setembro da Corporación Local que vaise celebrar o mércores 25.
Este mediodía o Concello do Porriño fixo entrega á asociación “AFAGA” dun novo vehículo adaptado para persoas que padecen demencias “o que supón para nós un motivo de ledicia” manifestou Juan Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia.
Na roda de prensa na que compareceron directivos de “AFAGA” e os concelleiros de Servizos Sociais, David Alonso e de Medio Ambiente e Comercio, Sergio Casal, o presidente da devandita asociación suliñou que “Porriño para AFAGA é un concello de referencia, moi especial e fundamental. Eiquí abrimos hai catorce anos o primeiro centro de día fora das grandes cidades de Galicia, constituindo un exemplo para todos os demais concellos e que derivou finalmente na unidade terapéutica que temos na rúa Pilar que funciona de mañán e tarde”, dixou Juan Carlos Rodríguez.
O presidente de “AFAGA” sinalou que nas conversas que mantemos co Concello do Porriño “albiscamos unha nova liña de cooperación co establecemento dun programa de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencias en fase inicial ou leve”.
Nese senso o concelleiro de Servizos Sociais “agradeceu a inmensa labor que fai AFAGA” e engadiu “qué maior honra para un concello que colaborar coas organizacións e asociacións que traballan contra esta enorme lacra das infirmidades neurodexenerativas”, manifestou David Alonso. O actual concelleiro tivo unha lembranza “de recoñecemento para a miña predecesora, Soledad Girón, pola súa laboura neste eido”.
A achega do Concello foi de 21.000 euros para a compra e adaptación do vehículo o que supón o 57% do custe total da furgoneta. Segundo o concelleiro de Servizos Sociais en breve “estableceremos con “AFAGA” novas liñas de cooperación”.
Mañá mércores 18, ás 20 horas, serán presentados en roda de prensa os detalles do primeiro curso de conducción segura que promove o Concello, de xeito gratuito, con prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses. A Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, organiza o curso a través da Policía Local do Porriño.
A roda de prensa terá lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios.
O curso será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán está confirmado Ivan Ares, campeón de España de Rallys que tamén asistirá á presentación do vindeiro mércores. Tamén participará na presentación e será monitor do curso, José Pintor que como copiloto con Ivan Ares tamén fora campión de España en 2017. Outro dos pilotos da Federación galega de Automobilismo que asistirá como monitor será David Gónzalez.
As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir do xoves 19, nas oficiñas da Policía Local.
A alcaldesa, membros do goberno local, voceiros e concelleiros dos grupos políticos da Corporación, funcionarios municipais e veciñas e veciños do Porriño participaron este mediodía na concentración de repulsa convocada polo triple crime machista acaecido onte en Valga.
Gardouse un minuto de silencio por Sandra, Alba e Elena as tres vítimas. O termo do minuto de silencio os presentes prorrumpiron nun aplauso.
O Concello do Porriño convoca mañá martes día 17, ás 12 horas, unha concentración de repulsa polo triple crime machista ocurrido hoxe en Valga. O Concello invita a cantas persoas desexen sumarse a esta mostra de repudia contra a violencia de xénero.
Os asistentes gardarán uns minutos de silencio por Sandra, Alba e Elena, as tres víctimas deste novo feminicidio.
A alcaldesa, membros do goberno local, voceiros e concelleiros dos restantes grupos municipais da corporación de Porriño asistirán á concentración que terá lugar diante do consistorio,na praza Arquitecto Antonio Palacios.