A Concellería de Emprego distribúe estes gráficos que resultan moi intuitivos e sinxelos para que os traballadores autónomos do Porriño dispoñan de información actualizada á data de hoxe.
Detállase as prestacións extraordinarias que se poden solicitar por cese de actividade ou redución substancial dos ingresos; a moratorias outorgadas polo Goberno para as cotizacións da Seguridade Social e obrigas fiscais e outras axudas a cargo da Xunta de Galicia, a través do IGAPE.
A Concellería de Educación e as direccións dos centros de Primaria e Secundaria do vila establecerán as necesidades que poden atenderse dende o Concello para equilibrar a participación de todos os alumnos no ensino por vía telemática como consecuencia da prórroga do estado de alarma sanitaria.
Segundo estableceuse hoxe nunha reunión mantida por Lourdes Moure, concelleira de Educación cos directores dos centros docentes no salón de plenos e coas garantías hixiénicas necesarias, o Concello de Porriño non vai a realizar e repartir fotocopias de apuntes entre os alumnos de familias que carezan de posibilidades de conexión coa Rede e de ordenadores nas súas casas, como se está a facer nalgún concello da contorna. “Entendemos que esa fórmula non equilibra senón que agudizaría os desequilibrios”, explicou Moure Varela.
De tal xeito que o vindeiro venres 17, a concelleira responsable reunirse cos directores dos centros educativos que xa aportarán listados identificando as necesidades que se precisan atender. O Concello do Porriño encargarase de aportar ordenadores portátiles e “pinchos” aos centros educativos para que os fagan chegar aqueles nenos e mozos cuias familias carezan de medios telemáticos ou de conectividade.
Disporase dos ordenadores que hai nos centros, renovaranse cargadores externos e mercaranse portátiles e “pinchos” con conexión a Internet por 3 meses que se facilitarán en préstamo ás familias. Cando remate o estado de alarma, ordenadores e demais material devolverase e quedará en depósito nos centros educativos.
O Concello “afrontará este gasto extra dispoñendo fondos dunha subvención outorgada pola Deputación Provincial ante esta situación de emerxencia que debemos afrontar aínda que se trata dunha competencia que correspondería á Consellería de Educación da Xunta de Galicia”, indicou Lourdes Moure.
Hoxe continuou o reparto de máscaras protectoras nos accesos aos polígonos industriais do Porriño, a cargo de axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil, en colaboración coa Garda Civil, como pódese apreciar más imaxes.
Entréganse aos traballadores que se desprazan nos seus vehículos particulares ou de empresa así como no transporte público e requiran ese material de protección, segundo precisou a Delegación do Goberno Central en Galicia que é o organismo que coordina este operativo.
O Concello do Porriño, a través da OMIX (Oficina Municipal de Información á Xuventude), está a colaborar coas actividades do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil. A OMIX está a colaborar na difusión da actividade proposta pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.
“Aínda que nestes momentos estamos confinados polo andazo do ‘Covid-19’ que isto non nos desanime e poidamos facer unha programación física para celebrar de xeito virtual esta data”, manifestou Cami Moreira, concelleira de Xuventude.
Deste xeito a OMIX apoia a campaña “Un minuto de información xuvenil” que propón que cada mozo e moza do Porriño grave e envíe un vídeo de 60 segundos no que resuma o que significa para ti a información xuvenil e o que se está a facer nese eido durante esta situación de confinamento.
Os vídeos poderanse enviar ao enderezo electrónico: información.xuventude@xunta.gal e serán colgados na conta de Instagram da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta @xuventudegalicia , a partir do venres 17.
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura, incorpora novas propostas á “Programación para pasar unha corentena” que puxo en marcha hai dúas semanas. Tratase dun xogo a realizar pola Internet contestando preguntas sobre o nivel de coñecemento de Porriño, e dunha mostra colaborativa de videos, a través da participación cidadá, sobre cómo están a vivir estes días, titulada “Amosa a túa corentena”.
Segundo explicou a concelleira Cami Moreira, “dende o Concello do Porriño e o departamento de Cultura que dirixo, seguimos porfiando nunha programación para pasar esta corentena con propostas que resulten atraentes”. “Tanto co xogo de coñecemento sobre O Porrriño que é interactivo como coa mostra de video ‘Amosa a túa corentena’, mediante a que cedemos o protagonismo á cidadanía para compartir todas aquelas ideas e recursos imaxinativos que nos axuden a pasar este confinamento”, segundo valorou a concelleira Moreira Fontán.
Para o xogo, a través dun enlace na web do departamento de Cultura do Concello (www.ecultura.net) accedese ao cuestionario formado por preguntas tipo test con varias opción de resposta. Versan sobre historia, edificios, tradicións e cultura do Porriño.
No que atinxe á mostra colaborativa de videos, apelase á participación cidadá. A Concellería de Cultura convida á veciñanza para que bote unha man a alixeirar este confinamento. As regras e instruccións para poder participar e mandar os videos ao departamento de Cultura do Concello, explicanse na web www.cultura.net
Dende as 7 horas desta mañá, axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil entregaron máscaras protectoras aos traballadores que hoxe reincorpóranse nas empresas e industrias autorizadas polo Goberno Central.
Montáronse controis nas rotondas de acceso aos polígonos industriais de O Porriño onde realizouse esta tarefa en colaboración coa Garda Civil. A Policía Local e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de O Porriño colaborarán xunto coa Garda Civil, no reparto de máscaras con motivo da volta ao traballo nos sectores autorizados polo Goberno Central.
Ese reparto realizouse conforme as instrucións recibidas pola Policía Local e Protección Civil, a través da Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Por outra banda, a Policía Local de O Porriño seguirá a colaborar coas restantes forzas de seguridade baixo o mando único do Goberno Central, nas tarefas de vixilancia e control do cumprimento do estado de alarma que se mantén dúas semanas máis, polo momento.
A Concellería de Servizos Sociais, a través de “Porremprego”, ven de distribuir unha guía informativa para traballadores e empresas coas diferentes posibilidades de acollerse a axudas oficiais, segundo a situación na que se atopen., como consecuencia do estado de alarma a causa da pandemia polo “Coviud-19”.
Ademais facilitanse enlaces amplar información, para resolver as dúbidas máis frecuentes e para realizar trámites.
Unha parella circulando en coche pola Avenida Domingo Bueno, ás 1,57 da madrugada de hoxe; a maiores, o conductor, un varón de 37 anos, bébedo xa que triplicaba a taxa de alcohol na proba de alcoholemia, é o último caso denunciado pola Policía Local de O Porriño por incumprimento do estado de alarma.
Neste caso, ademais, da correspondente sanción que lles impoña a Subdelegación de Goberno a ambos, hai outras consecuencias porque a Policía Local inmovilizou o vehículo e instruironse dilixencias contra o conductor por presunto delito contra a seguridade vial, remitidas ao xulgado de garda.
Con este episodio, a Policía Local de O Porriño totaliza ata a mañán de hoxe, 193 denuncias por rachar e incumprir o confinamento decretado polo Goberno a causa da pandemia do “Covid-19”. Polo tanto arroxa unha media de una denuncia por cada 105 habitantes do termo municipal.
O Concello do Porriño comunica a cancelación definitiva de actividades educativas que estaban programadas para os meses de abril e maio nos centros educativos, a consecuencia de manterse o confinamento pola prórroga do estado de alarma a causa da pandemia do “Covid-19”.
De tal xeito que as Concellerías de Educación e Xuventude do Porriño comunican a anulación do programa “BootCamp” e tamén da “Feira Tecnolóxica”. Ambas dúas serán datadas para o vindeiro curso 2020/2021 despois de que se celebre unha reunión coas direccións dos centros educativos.
Lembremos que “BootCamp” ía celebrarse neste mes de abril, despois da Semana Santa, enfocada aos alumnos de Secundaria, para axudarlles a coñecer e elixir saídas profesionais. E a “Feira Tecnolóxica”, tamén en colaboración coa empresa “KidCode”, anulase ata o vindeiro curso pola escasez de datas para a súa preparación xa que estaba prevista celebrarse o 29 de maio.
A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño anunciou hoxe que se suma ao “Plan de formación de xuventude e voluntariado durante a emerxencia sanitaria do COVID-19″, promovido pola Xunta de Galicia.
Segundo recolle a información recibida pola Concellería que dirixe Cami Moreira, o Plan está conformado por 18 cursos “on line”. Ofertan un total de 1.250 prazas. Están orientados á formación básica en materia de voluntariado, así como á formación especializada e específica en lingua de signos, coidado ambiental (cun especial fincapé na reciclaxe na casa); novas tecnoloxías ou voluntariado en situacións de emerxencia.
No ámbito da mocedade, as accións formativas centraránse no eido dixital, na comunicación, tempo libre e técnicas de mellora emocional. Poderán inscribirse a estes cursos personas xóvenes de entre 16 e 35 anos.
Os formularios de inscrición estarán disponibles a partir do mércores 8 e o prazo rematará o 13 de abril.
Deixamos o enlace para os/as interesados/as coa páxina web de Voluntariado Galego (Consellería de Política Social) con toda a información necesaria.