Cinco veciños de Porriño denuncíados por infrinxir o estado de alarma

A Policía Local de O Porriño informa que ata onte, denunciaron a cinco veciños por infrinxir o estado de alarma decretado pola pandemia do coronavirus.

Na meirande parte dos casos son persoas que sacan a pasear o can pero que superan a marxe de 10 minutos que establecen as instruccións do estado de alarma. Nun caso, o denunciado foi un motorista que estaba a dar unha volta e cando foi apercibido alegou que buscaba un taller para unha reparación. A Policía Local informa que antes de comezar a denunciar realizou nos días previos numerosas advertencias e apercibimentos por diversas infraccións.

Por outra banda a Policía Local do Porriño informa á veciñanza, á vista de certas queixas nas redes sociais, que as labores de vixiancia nas parroquias do concello corresponden á Garda Civil por decisión da Subdelegación do Goberno que reparte e distribue as tarefas a realizar polos corpos e forzas de seguridade en virtude do decreto de estado de alarma.
A laboura encomendada á Policía Local é o control e vixiancia no centro da vila.

PORRIÑO XA REBASOU OFICIALMENTE A BARREIRA DOS 20.000 HABITANTES

En medio do estado de alarma polo coronavirus e despois do susto de onte co accidente da grúa no Parque do Cristo, hoxe chegou unha moi boa nova ao Concello: o Instituto Nacional de Estadística (INE) confirmou que Porriño xa ten máis de 20.000 habitantes recoñecidos. Oficialmente Porriño ten dende o 1 de xaneiro de 2020, unha poboación de 20.100 habitantes.

A alcaldesa Eva García manifestou hoxe a súa “enorme satisfacción por esta boa nova, ainda máis de agradecer nestes días de desaliento no país abre unha porta de esperanza e orgullo para o pobo do Porriño”, dixou a alcaldesa.

Deste xeito O Porriño entra no “club” dos concellos de maís de 20.000 habitantes o que suporá máis participación nos fondos públicos tanto dos Orzamentos Xerais do Estado como nos da Xunta de Galicia así como acceso directo ás subvencións da Unión Europea. Asimesmo este salto demográfico traducirase en outros feitos futuros como máis competencoas en diferentes eidos. Asimesmo terá outra consecuencia: nas vindeiras eleccións municipais de 2023, os porriñeses xa teran que elexir máis concelleiros pois a próxima corporación local medrará de 17 a 21 membros.

Eva García suliñou que o crecemento demográfico deste concello “que era moi doado de constatar polas matriculacións nos colexios, polas vivendas e outros indicadores como a pirámide poboacional con saldo vexetativo postivo xa que temos máis nacementos que defuncions, agora queda reflexado oficialmente no censo”.
A alcaldesa lembrou que “dende a nosa chegada ao goberno municipal realizamos un esforzo por actualizar o padrón de habitantes que estaba moi desfasado e finalmente ese traballo da os seus froitos”.

Recomendacións de UNICEF Galicia para familias porriñesas

A OMIX do Concello do Porriño, Cidade Amiga da Infancia, faise eco da iniciativa do Comité de UNICEF Galicia para trasladarnos diversas iniciativas a fin de sobrelevar o aillamento domiciliario, compartindo información útil vencellada cos dereitos da infancia e a alarma contra o coronavirus.

Marta Andrade Blanco, responsable de Sensibilización e Políticas de Infancia do Comité de Unicef Galicia explica que esta proposta pretende axudar ás familias con nenos e nenas nestes días.

Por iso, dende UNICEF queren compartir alguns artigos publicados na súa web.
Son os seguintes (están en castelán):

-¿Cómo explico una epidemia a los más pequeños?-
https://www.unicef.es/educa/blog/explicar-epidemia-educacion-infantil
[1]

-El nuevo coronavirus y el derecho a la educación-
https://www.unicef.es/blog/nuevo-coronavirus-derecho-educacion [2]

-#EducaCOVID19: ¿Por qué es importante educar sobre el coronavirus?:
https://www.unicef.es/educa/blog/covid19-por-que-es-importante-educar-sobre-el-nuevo-coronavirus
[3]

-Para plantar cara al nuevo coronavitus en casa: Uso saludable de las
tics: https://www.unicef.es/educa/blog/uso-saludable-tics

-Educación contra el coronavirus: 10 tareas de la rutina diaria:
https://www.unicef.es/educa/blog/10-tareas-rutina-diaria-familia

Por último UNICEF Galicia indica que de xeito regular actualizanse os contidos na web www.unicef.es/educa

Graves danos na capela do Cristo a consecuencia da caída dun guindastre de grandes dimensións dunha obra cercana

Afortunadamente non houbo feridos pero hai que lamentar graves daños materiais na capela do Cristo como consecuencia do accidente que aconteceu hoxe en torno ás 10,40 da mañá.
Un guindastre de grandes dimensións derrubouse e bateu contra o tellado da capela e tamén alcanzou ao edificio de Telefónica na súa cuberta como podese ver nas fotos.

Os danos na capela son moi importantes xa que afectaron á cuberta do templo. Tras unha primeira inspección constatouse que as imaxes relixiosas están indemnes.

A caída o guindastre tamén ocasionou danos nun muro de peche do Hotel Parque.

Eva García, alcaldesa de O Porriño xunto con outros membros do goberno municipal e as forzas de seguridade (Guardia Civil e Polícia Local) Bombeiros e Protección Civil acudiu ó lugar para coñecer o alcance dos danos.


A zona está acordoada. No transcurso da tarde iniciaron os traballos para retirar o artefacto.

Segundo as primeiras pesquisas, a causa do accidente foi un fallo estructural ocasionado nun bulón que soporta a base do guindastre. Cando aconteceu o accidente o guindastre non tiña carga.

A alcaldesa do Porriño nunha primeira declaración sobre os feitos sobre o accidente indicou que “dentro do estado de alarma no que nos atopamos, ainda hai que agradecer que tanto o parque infantil como a capela do Cristo estiveran pechados e baleiros, de xeito que non temos que lamentar máis que danos materiais”.

Alerta coronavirus: constituído comité de seguemento no Concello presidido pola alcaldesa

Eva García, alcaldesa de O Porriño presidiu hoxe luns a constitución do Comité de Seguemento pola alerta do coronavirus que xa adoptou as primeiras medidas.
Entre elas, encargou unha desinfección de diversos edificios e instalacións municipai que comezou xa nos dous pavillóns e na piscina do Polideportivo Municipal.

O Comité de Seguemento que preside a rexidora municipal está formado por Pedro Pereira, primeiro tenente de alcalde; Lourdes Moure, segunda tenente de alcalde concelleira de Seguridade e Persoal; Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Medioa Ambiente e Tráfico; Cami Moreira, concelleira de Igualdade e Xuventude; Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local e Jesús Gónzalez Pexegueiro “Carrola”, responsable de la agrupación de Protección Civil. Asimesmo invitouse aos voceiros dos grupos municipais da Corporación a integrarse así como un representante dos traballadores do Concello e un representante do persoal sanitario do Centro de Saúde.

Os acordos adoptados hoxe son os seguintes:

– As quendas de traballo da Policía Local serán 3 con polo menos dous policías en cada quenda.

– O persoal do Concello que poida facer teletraballo, así o fará, sempre que o servizo ao que afecta permítao.

– Manteranse activos con persoal presencial, o Padrón de habitantes, o Rexistro, e a Secretaría Xeral do Concello.

– O Concello permanecerá pechado ao público, e só se atenderán casos urxentes e previa cita.

– Garántense os servizos de limpeza e de Mercado Municipal, sendo o responsable destes servizos o concelleiro Sergio Casal, debendo informar dos postos do mercado que non cumpran a súa obrigación de atender axeitadamente aos usuarios.

– Encargase unha limpeza con desinfección das instalacións deportivas municipais, facendo fincapé nos vestiarios e na piscina municipal.

– Asimesmo realizarase unha limpeza e desinfección do resto de instalacións municipais.

– Este Comité de seguimento reunirase, previa consulta aos voceiros, cando as circunstancias e urxencia así o requiran. Namentres manterán comunicación telemática e de forma diaria para informar das incidencias da xornada.

Decreto da Alcaldía coas medidas implementadas en prevención do coronavirus

Un decreto da Alcaldía do Porriño da conta do paquete de medidas implementadas polo Concello en aplicación das recomendacións para previr a expansión do coronavirus “Covid-19”, segundo as indicacións das administraciones competentes.

O decreto, firmado polo alcalde accidental, Pedro Pereira Fernández, recolle o peche de instalacións municipais, a suspensión de diferentes servizos e habilita opcións como o teletraballo para garantir a seguridade de funcionarios municipais e dos veciños que teñan que facer xestións ante o Concello.

O Consorcio de Augas do Louro suspende a atención presencial

O Consorcio de Augas do Louro, en coordinación coa empresa xestora do servizo e co fin deminimizar os riscos para os traballadores e usuarios dos servizos, debido á alerta sanitaria polo Coronavirus COVID-19, manterá pechadas as oficinas de atención ao público cando menos dende o luns 16 de Marzo ata o luns 30 de Marzo.

Os usuarios do servizo poderán seguir realizando os seus trámites como ata o de agora a través do servizo de atención telefónico 900 81 01 03, a través da páxina web do Consorcio ou ben a través da sede electrónica.

Paralelamente a empresa xestora do servizo ten desenvolvido un Plan de Continxencia, con medidas específicas de aplicación no desarrollo dos traballos de mantemento e conservación das instalacións ou lectura de contadores, co fin de garantir a adecuada prestación do servizo mentres dure esta situación de alerta, durante a cal o Consorcio solicita a colaboración de todos os ciudadanos.

Medidas preventivas polo coronavirus: O MERCADO AMBULANTE SUSPENDIDO ATA O 31 DE MARZO E A PRAZA DE ABASTOS SEGUIRÁ ABERTA PERO DEBERAN EXTREMARSE PRECAUCIÓNS

Outra das medidas preventivas polo coronavirus que adoptou o goberno municipal do Porriño foi a suspensión do mercadillo ambulante dos martes que se celebra na zona peonil da vila. A medida será de aplicación para os vindeiros martes de xeito que o mercadillo estará suspendido ata o 31 de marzo incluído.

A decisión foi comentada polo alcalde accidental e membros do goberno municipal cos voceiros dos demais grupos políticos da corporación na reunión que se celebrou onte a tarde no Concello.

Outra das medidas ten que ver coa actividade da Praza de Abastos do Porriño. Permanecerá aberta pero o goberno municipal vai trasladar aos titulares dos postos de venda a necesidade de que extremen a medidas de limpeza e hixiene e que establezan un protocolo de acceso e atención mentras duren as medidas de prevención.

SUSPENDENSE A FEIRA APÍCOLA, A MOSTRA DA CAMELIA E OUTROS EVENTOS PROGRAMADOS

A aplicación das medidas para evitar a propagación da pandemia do coronavirus “Covid-19” motiva unha vaga de suspensións e cancelacións de actos públicos, feiras e festas no Porriño.
Ademais de para evitar a concentración de persoas, moitos de eses eventos non poderían celebrarse tampouco pola decisión do Concello de pechar diversas instalacións municipais como Centro Cultural, Biblioteca, Centro Cívico e Escola de Música, segundo acordouse onte.

De tal xeito, a Concellería de Cultura, Igualdade e Festexos confirma que SE SUSPENDEN:
– A presentación do ‘spot’ publicitario “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir” da campaña pola igualdade co gallo do 8M que estaba prevista hoxe no Centro Cultural Municipal
– O Encontro de Corais que organizaba a Polifónica San Brais de Budiño que ía ter lugar mañá sábado na Igrexa de Santa María do Porriño
– As Masterclass de Banda que estaban a impartirse nos mércores deste mes na Escola Municipal de Música do Porriño
– A XXXII Feira Apícola das Rías Baixas que debería celebrarse o vindeiro sábado 21 cancelándose tanto as xornadas técnicas como a instalación de postos de venda
– A IX Mostra da Camelia que organizaba a AAVV San Salvador de Torneiros e que por tanto non se celebrará nas datas anunciadas de 28 e 29 de marzo.
– Tamén cancelase a representación teatral “As aventuras de Nabiza Girl”, con Isabel Risco que estaba para o venres 27 no Centro Cultural Municipal
– O VIII Festival de Bandas do Porriño que estaba previsto para o sábado 28
– “Ecopercussión”: suspendense tanto os obradoiros para escolares nos centros do Porriño que estaban concertados nas dúas próximas semanas como a exhibición final que estaba datada para o luns 30 de marzo.

Máis medidas preventivas polo coronavirus: suspendese a presentación do ‘spot’ pola igualdade e tamén cancelase o Encontro de Corais

A Concellería de Cultura e Igualdade informa da suspensión de duas previsións para venres e sábado, tamén como consecuencia das medidas preventivas ante o coronavirus.

Mañá cancelase a presentación do spot publicitario “Insistir, persistir, resistir e nunca desistir” que ía a ter lugar no Centro Cultural Municipal. Tratase dunha das accións da programación do 8M para visualizar a igualdade a través de deportistas locais femininas e masculinos. Aprazase ata nova data.

Por outra banda, a Concellería de Cultura foi informada polos organizadores do Encontro de Corais que ía ter lugar o sábado 14 de que suspenden o evento polas mesmas razons.