O Consorcio de Augas do Louro apraza e adía o pagamento de taxas

O Consorcio de Augas do Louro anuncia aos veciños de Porriño, Salceda, Mos e Tui o aprazamento do pago das taxas con motivo da situación de alarma por coronavirus.

O comité directivo do Consorcio que preside a alcaldesa de O Porriño, Eva García, valorou os efectos económicos que as medidas de confinamento e cese das actividades decretadas están a provocar especialmente nas familias e pequenos comercios así como as limitacións que esta situación supón aos usuarios para acceder fisicamente ás entidades bancarias.

Polo que decidiuse modificar o calendario fiscal de 2020 aprazando 20 días, ata o 30 de abril, a data de pago en voluntaria dos recibos de novembro-decembro de 2019, retrasar dous meses os prazos de inicio e fin de pago en voluntaria dos recibos de xaneiro-febreiro de 2020 e retrasar un mes os prazos previstos para os recibos de marzo-abril de 2020.

Por outra banda, o Consorcio lembra que o importe dos recibos que emite depende en grande medida do consumo de auga realmente realizado polo que todos aqueles establecementos que tiveran que cesar a súa actividade durante os meses de marzo e abril verán cómo se reduce o importe do recibo proporcionalmente á cantidade de auga non utilizada.

O Consorcio tamén informa que as persoas en risco de exclusión social están exentas do pago das taxas polo que, de darse esta situación a consecuencia do estado de alarma por coronavirus, poden solicitar dos servicios sociais municipais os informes que acrediten esta nova situación para poder acceder a esta exención.

O Consorcio lembra aos usuarios que mantén a súa disposición o número 900810103 así como a súa sede electrónica e páxina web as 24 horas do día.

O Concello promove unha programación cultural especial “para pasar unha corentena”

O Concello do Porriño, a través do departamento de Cultura, ven de promover unha programación especial titulada “Para pasar unha corentena” ideado para o seu seguimento “on line” a consecuencia das restriccións que impon a prórroga do estado de alarma pola pandemia do “Covid-19”.

Esa programación especial que se pode consultar na páxina web do departamento de Cultura, comeza hoxe con unna lembranza á celebración do Día Mundial do Teatro.
Na programación incluense ligazóns para ver e seguir diversas propostas artísticas e culturais para todo tipo de públicos como “Novo Cinema Galego”, conferencias do programa “TDEx Galicia”, funcións de teatro, sesións de contacontos e tamén co Salón virtual do Libro de Pontevedra.

Asimesmo vencellanse tamén diversas propostas da Biblioteca Municipal como unha ligazón con El Libro total”, unha biblioteca dixital gratuita con máis de 45.000 títulos dispoñibles, e tamén outra ligazón con “#KeepReadingencasa”, unha proposta de Editorial Planeta que ira publicando para a súa descarga libre e gratuita, importantes obras de autores contemporáneos “bestsellers” como Dan Brown, Larsson, María Dueñas ou Zafón, así como da literatura infantil e xuvenil como Blue Jeans ou Gerónimo Stilton.

O Concello vencellouse ao Plan de Continxencia contra a violencia machista durante o estado de alarma sanitaria

A Concellería de Igualdade informa que o Concello de O Porriño vencellouse ao Plan de Continxencia contra a violencia machista, activado polo Goberno Central debido a pandemia do coronavirus e a obriga do confinamento domiciliario.

O Concello do Porriño garante que todos os servizos de asistencia integral ás víctimas de violencia contra as mulleres están en funcionamento. No que atinxe ao Concello porriñés, o Centro de Información ás Mulleres (CIM) que atende no número telefónica 986 337 429, e a Policía Local que atende no número 620 40 40 40.

Ademais o Concello faise eco das accións do Plan de Continxencia do Goberno Central que establece outras medidas complementarias nestas circunstancias excepcionais
con mulleres en situación de illamento domiciliario que poden ver dificultado ou imposibilitado o acceso aos medios habituais de comunicación e denuncia de situacións de violencia de xénero.

Polo tanto se habilita un sistema de alerta instantánea mediante mensaxe con xeolocalización que recibirián as fozas e corpos de seguridade; e nun chat-sistema de mensaxería urxente de contención e asistencia psicolóxica en situación de permanencia en domicilios que xestiona a Administración Central.

Aprazado o primeiro pleno infantil do ano

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) informa que dada a actual prolongación do estado de alarma pola pandemia do Covid-19, tomouse a decisión de aprazar o pleno infantil do Concello de O Porriño que ía celebrarse o 30 de abril.
Ainda que para esa data tiveranse retirado as actuáis medidas de confinamento e restricción da movilidade e que tiverase reanudado a actividade docente, a OMIX sinala que non daría tempo a preparar o pleno infantil cos centros docentes porriñeses.
Coa antelación necesaria, a OMIX anunciará a nova data de celebración do pleno infantil.

Porriño nomeada en 2018 “Cidade Amiga da Infancia” pola UNICEF celebra anualmente dous plenos infantís.
Nesas sesións participan nenos e nenas representantes de todos os centros educativos do concello. Serve para que a infancia porriñesa propoña iniciativas coas que mellorar o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno na súa contorna. E por último para promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten no eido local, facendo así da participación algo concreto, posible e aplicable.

Precintaranse os contenedores de roupa por falta de garantías sanitarias pola actual pandemia

Sergio Casal, concelleiro de Limpeza e Medio Ambiente informou hoxe que van ser precintados os contenedores de roupa e calzado “debido á falta de garantías sanitarias” segundo determinouse dacordo coa empresa responsable de ese servizo. A empresa informou ao Concello que neste intre non poden garantir as condicións de hixiene.
Actualmente hai por Porriño unha duzia de contenedores como o que estamos a ver na imaxe adxunta.

Realizase hoxe o reparto urxente de lotes de alimentos ás 40 familias máis necesitadas

Esta mañán Protección Civil do Concello do Porriño e o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso iniciaron a entrega de lotes de alimentos non perecedoiros ás 40 familias que segundo a valoración dos técnicos municipais están nunha situación de maior necesidade.

O departamento de Servizos Sociais do Concello ten referenciadas a 150 familias que están en situación de exclusión social que son receptoras das axudas alimentarias que se canalizan a través de “SOS Porriño”.

Os lotes de productos continuarán distribuindose esta tarde coa colaboración da flota de repartidores da firma “Kebel Logistics” que ofreceu a súa contribución de xeito desinteresado.
“Kebel Logistics”, é unha firma asentada en Barcelona que dispon en Porriño dun parque móbil de 50 furgonetas que traballan habitualmente no reparto a domicilio de pedidos de “Amazon”.

O Concello entrega 54 traxes “EPI” para protección do persoal do Servizo de Axuda no Fogar

O Concello de O Porriño, a través da Policía Local, fixo entrega hoxe de 54 traxes EPI (equipo de protección individual) de nivel III ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para garantir a seguridade dos traballadores que prestan a diario atención domiciliaria a persoas dependentes e maiores.

Normalmente o SAF atende a 120 persoas. Pero nas actuais circunstancias do estado de alarma, decidiuse rebaixar a atención domiciliaria a tan só 25 fogares que son os casos de extrema necesidade, según determinou o departamento de Servizos Sociais do Concello.

O Concello habilita unha axuda extra de emerxencia social para as familias e persoas más desfavorecidas co gallo do estado de alarma

O Concello de O Porriño habilitou unha partida de 20.000 euros mediante crédito extraordinario para atender ás familias máis desfavorecidas e persoas con dificultades económicas para que poidan abastecerse de alimentos frescos e productos básicos de primeira necesidade.
Tratase de unha acción extra motivada polo actual estado de alarma pola pandemia do coronavirus e que complementa á axuda periódica que distribue o Banco de Alimentos “SOS Porriño”.

Coa achega deses 20.000 euros estableceuse un contrato co Supermercado Froiz da rúa Ramón Gónzalez para que as persoas e familias más desfavorecidas poidan aprovisionarse de productos de primeira necesidade. As súas compras se van descontando desa cantidade de 20.000 €.

Cada familia ou persoa interesada en acollerse a esta axuda extraordinaria deberá realizar a súa solicitude ao departamento de Servizos Sociais do Concello a través do número electrónico 986 33 50 00 (extensión 6).
Os técnicos de Servizos Sociais valoran cada caso en función de que se trate dun solicitante individual ou familiar, número de membros, se hai menores, parados de longa duración ou persoas dependentes. En función de distintos báremos asignaselles unha coantía semanal por cuio importe poderán realizar a súa compra. Tamén están tipificados os productos e alimentos que poderán adquirir.

Para realizar esa compra indicaselles que deberán acudir individualmente ou unha persoa por familia, preferentemente en horario de tarde, para evitar aglomeracións.

A duración desta achega está prevista para mes e medio “sen descartar que teñamos necesidade dunha ampliación pola duración das actuáis medidas de confinamento e restricción da movilidade”, indicou David Alonso, concelleiro responsable de Servizos Sociais.

Hoxe continuou o zafarrancho de limpeza e desinfección por Atios, Mosende, Pontellas e Torneiros

O zafarrancho de limpeza e desinfección iniciasdo o venres en Porriño centro, conitinuou hoxe polas parroquias de Atios, Mosende, Pontellas e Torneiros. 

Conforme as instruccións do Comité Municipal de Seguimento creado polo Concello do Porriño polo estado de alarma a causa do coronavirus, actuouse sobre beirarrúas, edificios, marquesinas, contenedores e outro elementos do mobiliario urbano.

Persoal propio do Concello e da concesionaria “Ascan”, coordinados polo concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal realizan as tarefas.