A alcaldesa, Eva García de la Torre, vén de amosar a súa sorpresa pola anunciada visita, este xoves, ao Porriño do vicepresidente da Xunta de Galicia a O Porriño para asistir á presentación da ‘X Festa do Cabrito o Espeto de Chenlo’.
García de la Torre confesase estupefacta polo feito de que Alfonso Rueda viaxe con este motivo a O Porriño e non o fixese nos últimos tres anos para apoiar a retirada do paso a nivel do centro da vila; interesarse pola contaminación por lindano no barrio do Contrasto, en Torneiros; para aclarar porqué nos pasados 8 anos o Goberno de Galicia, do cal é vicepresidente, non acometeu a construción dun novo centro de saúde, ou aumentou o seu persoal , empezando por un pediatra, ou para anunciar que a Xunta de Galicia construirá outra gardería no Porriño, o segundo concello de Galicia e primeiro da provincia, en nacemento de nenos, e explicar ás nais e pais do Porriño porque sí decidiu abrir unha nova en Mos, á que vense na obriga de desprazarse coas súas cativas e cativos.
Eva García de la Torre da a benvida ao vicepresidente da Xunta e arela que esta visita ao Porriño teña continuidade con outras nas que se traten co Goberno local os temas anteriores e que, unha vez máis, non sexa so para aproveitar e facerse a foto co presidente local do seu partido, o Partido Popular, Manuel Alejando Lorenzo, que tamén é o alcalde pedáneo de Chenlo e que, tamén isto causa asombro: este ano invita, por primeira vez á alcaldesa do Porriño á presentación desta festa á que o Concello contribuíu máis que nunca estes tres anos pasados.

Daniel Rodríguez lembra que o alcohol produce alteracións moi evidentes no comportamento, “inflúe en case todas as capacidades psicofísicas precisas para una condución segura” e que unha persoa que está bébeda infravaloras os efectos que o alcohol ten sobre a condución, “ten unha falsa seguridade en sí mesma e admite un maior nivel de risco ao volante”, aumenta as súas condutas agresivas e, especialmente, “ao consumir alcohol, un dos cambios máis importantes e graves é o aumento do tempo de reacción, polo cal a toma de decisións ao volante faise moito máis lenta”.
O xefe da Policía Local subliña que as multas por conducir bébedo van dos 500 aos 1.000€ e a retirada de 4 a 6 puntos no Permiso de Conducir. As sancións penais poden chegar ás penas de cadea de 3 a 6 meses, cunha multa de 6 a 12 meses ou de traballos en beneficio da comunidade durante 31 a 90 días e, en calquera caso, a retirada do permiso de conducir vehículos a motor entre 1 e 4 anos.
Doutra banda, os axentes desprazaron aos lugares nos que se celebran os campamentos distintos vehículos policiais: un furgón de atestados, coches e motos, nos que se explicaron ás rapazas e rapaces as súas particularidades, interactuando con elas e eles e respondendo as súas preguntas.
O xefe da Policía Local engade que estas actividades veñen de dar continuidade á ‘Campaña de Educación Vial’ que “realizamos cada ano en todos os centros de ensino do Porriño”.