
A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia o desenrolo a partir de esta última semana de marzo do programa “Corto e Cambio” dirixido a prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco entre adolescentes. Inscribironse máis de 150 mozos e mozas porriñeses para elaborar audiovisuais para sensibilizar á mocidade. A campaña focalizarase entre o alumnado nos dous Institutos de Secundaria do Concello.
A campaña pretende previr mediante a sensibilización sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias. Os alumnos participantes contarán co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
“O traballo basearase na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares, de xeito que lles sexa mais doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axuden aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”, según apunta Noelia de la Fuente, responsable de la OMIX.
As sesións de traballo durarán ata finais do mes de maio, que será cando se presenten as pezas audiovisuais elaboradas por cada un dos grupos, nun acto organizado polo concello coincidindo co festival de Cans.




A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.





