A edición e distribución dun manual de bos usos titulado “No Consorcio do Louro amamos a auga” e a convocatoria da IV edición do Concurso de Debuxo entre escolares dos catro concellos consorciados, constituen as dúas accions divulgativas que hoxe se presentaron na súa sede en Guillarei. Eva García, alcaldesa de Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro participou xunto cos alcaldes de Salceda, Marcos Besada e Tui, Carlos Vázquez Padín, na presentación desas accions de concienciación á poboación coas que “queremos achegar unha mensaxe sobre a importancia de coidar un recurso que non é ilimitado”.
A distribución do manual, do que se editaron 6.000 exemplares, fixose en colaboración co comercio local dos catro concellos. Ainda completarase coa entrega tamén ós escolares dos centros docentes de Porriño, Mos, Salceda e Tui.


“Resulta imprescindible que a veciñanza coñeza que o cambio climático limita un recurso que pensábamos que era inesgotable e que non é de balde” engadiu a alcaldesa de Porriño. Eva García salientou “o enorme traballo que se fai nesta Estación Depuradora do Louro non só para o tratamento das augas residuais senon tamén na investigación I+D+I en productos de valor engadido que aquí realizan”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda suliñou “o excelente manual editado para esta ocasión” do mesmo xeito que Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui dixo que “resulta moi positivo que se transmitan dun xeito moi didáctico modos de aforro”.
Finalmente Llerena Perozo, autora do manual que tamén estivo na presentación,
ponderou que “terán que ser os nenos e nenas os que actúen como prescriptores nos seus respectivos fogares ante os seus pais e avós”.
Por outra banda anunciouse a inminente apertura do prazo, no mes de abril, para a elaboración e presentación de debuxos para o IV Concurso convocado polo Consorcio de Augas do Louro entre os escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios dos catro concellos consorcíados. Este ano pretendese que os debuxos teñan como tema principal o ciclo urbano da auga e os traballos poderán presentarse ata o 31 de maio. Os premios entregaranse o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.