O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.
Esta medida decidiuse a raiz de que o persoal da biblioteca detectara esta necesidade a través dos comentarios dos seus usuarios, das súas queixas pola falla de aparcadoiro nos arredores do edificio dado que son moitas as persoas que acoden diariamente en coche á biblioteca do Porriño para devolver libros e películas e levarse outros en préstamo, ou para realizar algún outro tipo de xestión rápida.