Presentada a XXI edición de “MERCA NA RÚA, FEIRA DE OPORTUNIDADES” que se celebrará os vindeiros días 7 e 8 de setembro

Vintecinco establecementos de Porriño e concellos limítrofes participarán na XXI edición de “Merca na Rúa, Feira de Oportunidades” que vai ter lugar o vindeiro fin de semana na zona peonil da vila.
Haberá 28 stands (algunhas das firmas doblan) que ofrecerán “descontos de ata o 80% xa que a intención é liquidar os restos da tempada”, explicou Noelia Conde, xerente de ACIPOR e impulsora de “Morea, Centro Comercial Aberto do Porriño”.
A iniciativa do tecido comercial da vila foi louvada tanto por Sergio Casal, concelleiro de Comercio como por David Alonso, edil de Emprego que comentou un dato moi significativo. “Actualmente en Porriño hai 1.200 autónomos dos que o 60% adicanse ó sector servizos de xeito que eventos como este axudan a dinamizar e son moi de agradacer”, sinalou David Alonso.
Pola súa banda Sergio Casal expresou a “enhoraboa do Concello ós organizadores e reiterar a nosa vontade de manter a colaboración para a continuidade destas feiras”, manifestou o edil de Comercio.
Pola súa parte Noelia Conde agradeceu ó Concello e os devanditos concelleiros “pola súa colaboración inestimable no só para a ocupación dos espazos públicos senón tamén pola axuda económica e loxística”.

Acordo para axilizar prazos para a ampliación do Centro de Saúde de Porriño

Un apretón de mans sellou o acordo entre Consellería de Sanidade e Concello de Porriño para que ambas administracións poñan o máximo empeño en axilizar prazos e execución da ampliación do Centro de Saúde da vila. O compromiso establece que en dous meses licitaráse a redacción do proxecto.
O Conselleiro, Jesús Vázquez Almuiña e a Alcaldesa de O Porriño, Eva García de la Torre escenificaron a firma do convenio polo que o Concello cede unha parcela anexa e comprometese a prestar os servizos e suministros necesarios para a posta en funcionamiento do Centro de Saúde. Pola súa banda, a Consellería executará a obra de ampliación e se encargará da dotación de material e persoal.
Conselleiro e Alcaldesa presidiron a reunión celebrada este mediodía na sé da Consellería en Santiago. No encontro estiveron os concelleiros do grupo EU Son, Pedro Ocampo e Blanca Francés, invitados pola alcaldesa a formar parte da representación municipal en recoñecemento ó seu protagonismo na reivindicación desta mellora sanitaria. Pola banda da Consellería, Vázquez Almuiña estivo acompañado por Alberto Fuentes, secretario xeral técnico, e por Antonio Fernández Campa. Xerente do SERGAS.


A reunión foi producto de que o conselleiro de Sanidade atendera a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional por non ter recibida información alguna do Conselleiro nin do seu staff sobre a licitación da redacción do proxecto comunicada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa.

Obradoiros para mulleres que se desenrolan neste último cuatrimestre do ano a través do CIM de Porriño

O Concello de Porriño a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres (CIM) está a realizar no último cuatrimestre do ano unha serie de obradoiros en pro a fomentar o crecemento persoal das mulleres.

Esta semana desenrolase un obradoiro de “Coaching ontolóxico: Biodanza” que se impartirá ata o 20 de setembro. Tratase dunha iniciativa cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
“O taller está dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade  e ten coma obxetivos xerais asumir a capacidade de observarnos a nós mesmas para empoderarnos e xerar aprendizaxes que transformen a nosa realidade existencial como mulleres; coñecer as competencias e despertar potencialidades distinguindo os obstáculos que frenan o desenrolo e contribuir co desenvolvemento da nova ética para a convivencia , baseada nos valores femininos”, segundo a explicación ofrecida pola responsable do CIM, Rocío Carrera.

Na mesma liña o xoves 5 de setembro dará comenzo outro obradoiro que comprende catro módulos a desenvolver nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro . Está organizado por “Xustinea” e forma parte do Programa Integral de “Mulleres Mundando o Rural” no que colabora a Concellería de Igualdade do Concello do Porriño.

Para maior información dirixirse ao CIM sito no terceiro andar do Concello ou ben chamando ó 986337429

As obras de reforma e mellora da “Galiña Azul” de Torneiros realizaronse en quince días costeadas polo Concello

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.
En presenza das responsables e persoal da gardería así como de algunas nais que estaban a colaborar en tarefas de limpeza, a comitiva municipal comprobou o resultado das obras. Na zona dos nenos de 0 e 1 anos e de 1 e 2 habilitaronse novos espazos de baños, lavabos e cambiadores así como novo mobiliario. Asimesmo se habilitou outra nova dependencia, unha “aula de soño” e se renovaron instalación eléctricas e de fontanería.

Restan remates entre eles a cubrición dos dous areneros do xardin exterior onde xogan os nenos que se fará entre hoxe e mañá.
Por outra banda tamén pintaronse aulas e espazos común e se instalaron detectores de fume e outras medidas de seguridade recomendadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta administración, dependente da Xunta de Galicia otorgou luz verde ó proxecto o pasado 14 de agosto razón pola que as obras empezaron o festivo 15 e os traballos tiveron que realizarse en dúas semanas.
O Concello de Porriño enviará a persoal para que faga a limpeza xeral das instalacións a fin que se poida abrir a Galina Azul de Torneiros para o vindeiro xoves día 5.
O custe final das obras é de 48.054 € que son aboados polo Concello de Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.

O LUNS 2, CONVOCADA COMISIÓN MUNICIPAL PARA INFORMAR OS ASUNTOS DO PLENO DO VINDEIRO MÉRCORES

Este mediodía firmouse a convocatoria para celebrar o vindeiro luns 2 Comisión Municipal de Economía, Fazenda e Persoal para informar os asuntos que van ó pleno que celebrará a corporación local o vindeiro mércores 4. 
A Comisión celebraráse ás 19 horas e deberá informar dos 4 asuntos que van ó pleno extraordinario que instara o Partido Popular. 
Son os seguintes: 
1)Determinación e retribucións dos membros do goberno municipal en rexime de adicación exclusiva ou parcial.
2)Expediente 2870/2019. Modificación de drédito extraordinario 3/2019
3)Moción do grupo EU Son que prantexa cambio de dirección da rúa Salgueira
E 4)Moción do grupo municipal do PP relativa á adhesión ó Pacto para o Cambio Climático. 
Lembramos que cada Comisión Informativa está formada por 9 concelleiros: 4 do PP; 2 do PSOE; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.

O vindeiro luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do Polideportivo Municipal

O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. 
O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.
O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ás instalacións, o concelleiro comprobou as melloras que se están a implementar na piscina municipal cun investimento de 30.000 euros. A maiores o concelleiro agarda iniciar de inmediato as obras de impermeabilización nos voladizos da entrada á piscina que están valorados en 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o concelleiro agarda que se poidan acometer as tarefas pendentes de lixado, pulido e barnizado que mediante tres quendas de traballo rematarían en dúas semanas. Durante eses quince días acometeriase primeiramente a pista 2 e logo a pista 1, axustando as labouras cos calendarios dos equipos de balonmán e baloncesto. O investimento para estas obras será de 48.000 €.

Programación cultural agosto 2019: HOXE, NOITE DE BOLEROS

Este venres 30, rematará a programación cultural de agosto de 2019 do Concello de Porriño cunha noite de música latinoamericana.
A partires das 22 horas, no escenario habilitado na praza do Concello, actuará o conxunto “SonBoleros” .
É un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión que renden homenaxe ás mellores cancións da música latina.
No seu repertorio incluen boleros, tangos e sones.
Os catro músicos que compoñen o cuarteto son: Tony Gónzalez (percusión), Pachi Cruz (contrabaixo): Ely Morales (voz) e Cristian Leggiero (piano e dirección).

Programación cultural de agosto: representación de “A illa sen tesouro”

No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. 
Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra “A illa sen tesouro”.
A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.

A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha empalizada. Os tres actores e a actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.