O martes 10, na praza Arquitecto Palacios teremos unha xornada de balonmán na rúa entre as 10 e as 12 do mediodía.
Esta actividade como a presentación dos equipos das diferentes categorías do “Balonmán Porriño” están incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.
A presentación terá lugar na praza do Concello e contará coa asistencia do goberno municipal e representantes da Corporación e doutros estamentos sociais e deportivos da vila.
O primeiro equipo do “Conservas Orbe Balonmán Porriño” fixo a súa estrea o pasado sábado na Liga Guerreras “Iberdrola” con victoria en casa ante o Alcobendas Helvetia por un apurado 25-24.
A este primeiro partido de Liga asistiron a alcaldesa Eva García, o concelleiro de Deportes, David Alonso e a deputada provincial Olga García que acompañaron no palco ó tamén concelleiro de Porriño, Abel Estévez, presidente do club.

Con motivo deste primeiro partido en casa tivo lugar a estrea do novo equipo de sonorización que é unha das melloras que está a implementar o Concello de Porriño no polideportivo municipal.