Unha comisión de veciños do barrio de A Vaquería entrevistaronse coa alcaldesa Eva García para trasladarlle a súa inquedanza ante a previsible inclusión de dúas rotondas no proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-510. A reforma da travesía deste vial por este barrio de Budiño é unha vella demanda da veciñanza que reivindicou a súa execución mediante manifestacións e cortes de tráfico ata que, coa intervención da alcaldesa de Porriño, estableceuse unha canle de diálogo coa Xunta de Galicia. No pasado mes de xullo, despois dunha carta de Eva García á Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras, alcaldesa e vecinos de A Vaquería entrevistaronse en Vigo con Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras.
Nesa reunión acadouse o acordo que a Xunta de Galicia ten de prazo ata o 11de outubro para presentar o proxecto de mellora da seguridade viaria.
Sen embargo os veciños de A Vaquería temen que a fórmula para apaciguar o tráfico sexan rotondas no canto de isletas como eles demandan e adiantan a súa intención de presentar alegacións.
Pola súa banda a alcaldesa ofreceu ós representantes de A Vaquería solicitar o asesoramento dun enxeñeiro de Camiños para coñecer a viabilidade da demanda veciñal.