Este martes, día 28 de novembro o Concello do Porriño celebra ás 12:00h. o seu Pleno Infantil no que estarán presentes alumnas e alumnos de centros educativos da vila que exporán os seus proxectos, ideas e propostas no mesmo, coincindindo coa celebración do Día dos Dereitos da Infancia, impulsado por UNICEF.
O Pleno, que estará moderado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, seguirá o seguinte orde de intervencións, se seguindo un criterio de idades dos participantes, de menos a maior:
Proposta do Centro Santo Tomas – 3º e 4º, voceiros: Rodrigo Martín Pedrares e Carla Márquez Vaquero.
Centro de Educación Infantil e Primaria Xosé Fernandez López – 4º, voceiros: Raúl Servide Sequeiros e Irene Galloso Rodríguez.
Centro de Educación Infantil e Primaria Atios – 4º, voceiros: David Alonso Pérez e Noa Vázquez Ojea.
Proposta do Centro de Educación Infantil e Primaria de Budiño – 5º, voceiros: Pablo Férnandez Pérez e Antía Férnandez Ramirez.
Centro de Educación Infantil e Primaria da Ribeira – 5º e 6º, voceiros: Laura Dios Claro e Ainoha Guisande Fernández.
Centro de Educación Infantil e Primaria Antonio Palacios – 6º, voceiros: Alejandro Gómez Granja e Marta Estevéz Alonso
Proposta do Centro ACEESCA, voceiro: Lucas Baz Bernández
Instituto de Educación Secundaria Pino manso – 1º ESO, voceiros: Noa Castaño Rodríguez, Clara Giraldez Fernández, Hugo Novás González, Tiago Sebastián Fernández, Laura Barbosa Baladrón e Martin Bar Vieito.
Centro Hermanos Quiroga – 1º e 2º ESO, voceiros:Antía Martínez Márquez e Manuel Moras Fernández.
Proposta do Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro – 4º ESO , voceiros: Hugo Rodríguez Iglesias e Tatiana Rodríguez Domínguez.
As exposicións, en varios dos casos, irán apoiadas por proxeccións de vídeos ou exposicións en Power Point. As persoas interesadas en seguir o Pleno en directo poden facelo entrando no portal web do Concello, www.oporrino.org, e poden debater sobre o mesmo nas redes sociais coa etiqueta #PlenoInfaltilPorriño.

Os traballos de substitución das lámpadas de vapor de sodio de 150 e 250 W, xa obsoletas e enerxéticamente insuficientes, por luminarias de tecnoloxía LED de 40 e 60W, non so suporán un “importantísimo aforro enerxético, senón que cumprirán cunha das premisas que nos fixaramos ao comezo do mandato: a reducións das emisións de CO2 á atmosfera”, sinala Manuel Carrera, que superarán os 70.000 quilos de dióxido de carbono anuais.
Este sábado, día 25 de novembro, terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.
Tamén hoxe, no mesmo lugar, ao redor das 7 da tarde, terá lugar a presentación de “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.
Ás 8, no Centro Cultural Municipal, proxectarase a película “Verano 1993”, da directora Carla Simón, dentro do
Así mesmo,

Este sábado, día 25 terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.
A concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón subliña que neste 25 de novembro, ao contrario que o do ano pasado, “no que buscamos a implicación de diferentes eidos da sociedade do Porriño, dende o deporte, pasando pola educación ou o asociacionismo, queríamos que houbese unha participación anónima salientando que todos temos que comprometernos na loita contra a violencia de xénero, e si en 2016 o noso lema era ‘O Non é un dereito’, este 2017 continuamos con ‘Si o Non é un dereito, respéctao”.
Hai que lembrar que este ano, o ‘Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller’, abrangue un completo programa de actividades que empezaron co ciclo “Mulleres de Cine”, un ciclo que ten coma ‘platea’ o Centro Cultural Municipal e o Círculo Recreativo e Cultural, inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.
O ciclo de cine comezou este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.
O segundo pase será o mesmo sábado, 25 de novembro-, co Centro Cultural Municipal, á mesma hora-. A película elixida é “Verano 1993”, da directora Carla Simón. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.
A última película proxectarse o xoves 29-no Círculo ás 8 da tarde-. Trátase de “Brava”, da directora Roser Aguilar, que será a que conduza o coloquio.
Así mesmo, o Concello de Porriño
Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta
As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.
A estas iniciativas súmase “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.
A concelleira de Igualdade salienta a orixinalidade da programación dirixida a todos os públicos pero cunha mensaxe clara que ten como destinatarios os mozos e as mozas. Así, sinala que “as e os adolescentes deben identificar as situacións de violencia e os poderes públicos temos a obriga de establecer as pautas de prevención, información e sensibilización”.
O ciclo de cine comezará este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.