Apelan á solidariedade dos porriñeses: “Doa sangue, súmate ó noso equipo”

A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, apela á solidariedade dos porriñeses. Unha unidade móvil para recollida de doazons de sangue ubicaráse esta semana, durante tres días, a partir do mércores 27 e ata o venres 29 inclusive, na rúa Domingo Bueno, diante da cafetería “Skala”, en horario de tarde, entre as 16 h ás 21 h.

Diariamente necesitanse 500 doazons de sangue en Galicia para axudar a centos de enfermos e salvar moitas vidas.

A OMIX do Concello do Porriño inicia as actividades do programa “Corto e Cambio”

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia o desenrolo a partir de esta última semana de marzo do programa “Corto e Cambio” dirixido a prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco entre adolescentes. Inscribironse máis de 150 mozos e mozas porriñeses para elaborar audiovisuais para sensibilizar á mocidade. A campaña focalizarase entre o alumnado nos dous Institutos de Secundaria do Concello.
A campaña pretende previr mediante a sensibilización sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias. Os alumnos participantes contarán co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
“O traballo basearase na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares, de xeito que lles sexa mais doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axuden aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”, según apunta Noelia de la Fuente, responsable de la OMIX.
As sesións de traballo durarán ata finais do mes de maio, que será cando se presenten as pezas audiovisuais elaboradas por cada un dos grupos, nun acto organizado polo concello coincidindo co festival de Cans.

CONCURRIDA PRESENTACION da A.D. AVANZA-CONCELLO DE PORRIÑO” de ciclismo

Máis de 80 nen@s inscribironse nesta tempada de 2019 nas escolas de ciclismo da Asociación Deportiva “Avanza-Concello de Porriño” que fixo a súa presentación oficial neste serán. A mocidade que vai aprender ciclismo, BTT e ciclocross da mán de antigas figuras do deporte do pedal, abranguen un amplio espectro que vai dende os máis pequenos, os pre-benxamíns, ata os maiores que militarán na categoría junior.
A súa formación estará nas máns de adestradores coma Abel Maceiras, Xacobe Agra e Luis Fernández Oliveira, de contrastada calidade e historial no ciclismo, que agora adican os seus esforzos a formación desta canteira..
Miguel Angel García, presidente da A.D. Avanza, agradeceu ó Concello de Porriño “ter sido o concello que máis apoia ó ciclismo e o deporte en xeral”, manifestou.


Pola súa banda Eva García, alcaldesa de Porriño sinalou que “os cartos que se gastan no deporte son unha inversión en acadar cidadans mellores”, “Temos que sentirnos moi orgullosos de que en Porriño teñamos un clube coma a A.D. Avanza”. engadiu a alcaldesa.

O CONSORCIO DO LOURO CELEBROU O DIA MUNDIAL DA AUGA CON ACCIONS DE CONCIENCIACION CARA Á POBOACION

A edición e distribución dun manual de bos usos titulado “No Consorcio do Louro amamos a auga” e a convocatoria da IV edición do Concurso de Debuxo entre escolares dos catro concellos consorciados, constituen as dúas accions divulgativas que hoxe se presentaron na súa sede en Guillarei. Eva García, alcaldesa de Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro participou xunto cos alcaldes de Salceda, Marcos Besada e Tui, Carlos Vázquez Padín, na presentación desas accions de concienciación á poboación coas que “queremos achegar unha mensaxe sobre a importancia de coidar un recurso que non é ilimitado”.
A distribución do manual, do que se editaron 6.000 exemplares, fixose en colaboración co comercio local dos catro concellos. Ainda completarase coa entrega tamén ós escolares dos centros docentes de Porriño, Mos, Salceda e Tui.


“Resulta imprescindible que a veciñanza coñeza que o cambio climático limita un recurso que pensábamos que era inesgotable e que non é de balde” engadiu a alcaldesa de Porriño. Eva García salientou “o enorme traballo que se fai nesta Estación Depuradora do Louro non só para o tratamento das augas residuais senon tamén na investigación I+D+I en productos de valor engadido que aquí realizan”.
Marcos Besada, alcalde de Salceda suliñou “o excelente manual editado para esta ocasión” do mesmo xeito que Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui dixo que “resulta moi positivo que se transmitan dun xeito moi didáctico modos de aforro”.
Finalmente Llerena Perozo, autora do manual que tamén estivo na presentación,
ponderou que “terán que ser os nenos e nenas os que actúen como prescriptores nos seus respectivos fogares ante os seus pais e avós”.
Por outra banda anunciouse a inminente apertura do prazo, no mes de abril, para a elaboración e presentación de debuxos para o IV Concurso convocado polo Consorcio de Augas do Louro entre os escolares de 3º e 4º de Primaria dos colexios dos catro concellos consorcíados. Este ano pretendese que os debuxos teñan como tema principal o ciclo urbano da auga e os traballos poderán presentarse ata o 31 de maio. Os premios entregaranse o 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente.

22 de marzo: Día Mundial da Auga

O venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, o Consorcio de Augas do Louro que actualmente preside Eva García, alcaldesa de Porriño, vai celebrar en Guillarei unha serie de actos vencellados coa data. Trátase de accions de divulgación e concienciación cidadá acerca da importancia e valor da auga.

Unha das accions vai dirixidas ós máis cativos. Consiste na cuarta edición do Concurso de Debuxos, baixo o lema “Investigadores da auga”. Outra das accions do Consorcio baseáse na presentación do libro “No Consorcio do Louro amamos a auga” do que se editaron 6.000 exemplares que van ser repartidos entre a veciñanza dos concellos de Porriño, Tui, Salceda e Mos. Trátase dun manual de bos usos da auga cuia distribución realizase en colaboración co comercio local dos catro concellos.

O manual inclue numerosos consellos para habituarnos na nosa vida cotiá a valorar un recurso tan imprescindible coma limitado.

Presentación da XXXI Feira Apícola PORRIÑO VOLTARA A SER A CAPITAL DO MEL DAS RIAS BAIXAS

A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
Agrupación Apícola de Galicia, Asociación de Apicultores da provincia de Pontevedra e o CRIGP Mel de Galicia, organizadores da Feira, queren amosar de novo que “o mel galego, a pesar dos cambios económicos e sociais, segue a gozar dunha fortaleza e saúde envexables”, según palabras de José María Seijo, presidente dos apicultores gallegos.
Nesa mesma liña Esther Ordóñez apuntou que hoxendía hai en Galicia 3.500 apicultores e 176.000 colmenas rexistradas. “’Mel de Galicia’ é a denominación de orixe que tén máis colmenas adscritas, máis apicultores inscritos e que certifica máis producto cada ano”. “Temos un posicionamiento importante e ainda estamos por medrar máis ata o punto de que os apicultores poidan vivir deesta actividade por que ata de agora supon unha renda complementaria”, engadiu a presidenta da Indicación Xeográfica “Mel de Galicia”.


Os voceiros presentes na rolda de prensa de presentación celebrada hoxe no Concello de Porriño amosaron o seu agradecemento ós concellos da bisbarra coma Porriño polo traballo para a eliminación de niños de velutinas. “Trátase dunha loita biolóxica na que estamos moi comprometidos”, según indicou Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.
Precisamente nas xornadas técnicas que se celebrarán en paralelo ca Feira, farase especial fincapé na prevención e loita contra esas plagas que amenazan ó sector apícola

APARCA BEN E LEVA UN LIBRO

O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.
Esta medida decidiuse a raiz de que o persoal da biblioteca detectara esta necesidade a través dos comentarios dos seus usuarios, das súas queixas pola falla de aparcadoiro nos arredores do edificio dado que son moitas as persoas que acoden diariamente en coche á biblioteca do Porriño para devolver libros e películas e levarse outros en préstamo, ou para realizar algún outro tipo de xestión rápida.

O parque infantil “A Forna” en Budiño estrea unha tirolina entre outras melloras sustanciais

O parque infantil “A Forna” en Budiño vén de estrear unha tirolina de 12 metros de lonxitude, entre outras melloras sustanciais deste espazo de lecer da veciñanza desta parroquia porriñesa. A alcaldesa Eva García e o concelleiro de Parques e Xardíns, Orlando Márquez inspeccionaron o resultado das obras, financiadas polo Concello de Porriño cun orzamento de 29.264 € (IVE engadido).


Sendo a tirolina a mellora máis chamativa, vale a pena destacar ademáis a instalación dun circuito biosaudable e as melloras introducidas no parque infantil preexistente no que se colocou un columpio cesta para nenos e para personas con diversidade funcional.

O goberno municipal de Porriño tén en carteira acometer de seguido as melloras doutros dous parques infantis na travesía do Matadoiro e mailo parque Fontevella na rúa Pío XII.

Unha marea de mocidade porriñesa chama a frenar o cambio climático

Centos de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos “Pino Manso” e “Ribeira do Louro”, reclamaron ós políticos, “sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias”, como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas. Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial “Fridays for future” (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Alumnos e alumnas dos colexios e dos institutos porriñeses deron lectura ó manifesto que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que os nenos de hoxe padecerán como maiores no inminente futuro.

O remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente “simplemente para agradervos que coas vosas movilizacions e palabras golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas”