A alcaldesa de O Porriño, Eva García definiu a inminente celebración do Festival de Cans coma “o triunfo da vontade fronte ás adversidades”. Durante a súa intervención na presentación da vindeira edición do certame que mudou a setembro por mor do estado de alarma, a alcaldesa porriñesa suliñou que “é moi importante acadar que o Festival se celebre cun notable esforzo para manter unha programación de primeira orde e que se faga axeitada aos protocolos anti-covid, é moi digno de mención e recoñecemento” manifestou Eva García.

O Festival de Cans arrincará o 2 de setembro ata o 5 de setembro.

A rexidora ponderou a “extraordinaria importancia” do Festival de Cans “que pon o nome do Porriño no mapa nacial reivindicando Cans como un referente nacional, é un orgullo”, dixou.

Por último a alcaldesa de O Porriño siñalou que “estamos nun tempo de excepción sanitaria que require a responsabilidade de todos para cumprir cos protocolos artellados para garantir a seguridade de todos e a celebración deste Festival”.

O conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez e a presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, acompañaron á alcaldesa e membros do goberno municipal porriñés no acto de presentación xunto cos responsables da organización do certame encabezados polo director, Alfonso Pato e a Keka Losada, presidenta da asociación cultural “Arela”, organizadora do festival que cumpre a súa decimosétima edición.