O Concello anuncia a presentación dun curso de conducción segura gratuito para veciños e veciñas do Porriño impartido por Ivan Ares e outros pilotos

O vindeiro mércores 18, ás 20 horas, serán presentados en roda de prensa os detalles do primeiro curso de conducción segura que promove o Concello, de xeito gratuito, con prazas limitadas e sómentes para veciños e veciñas de Porriño que acrediten estar empadroadas na nosa vila cunha antigüidade mínima de 6 meses. A Concellería de Seguridade que dirixe Lourdes Moure, organiza o curso a través da Policía Local do Porriño.
O curso será impartido por pilotos recoñecidos e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo. Entre os pilotos que colaborarán está confirmado Ivan Ares, campeón de España de Rallys que tamén asistirá á presentación do vindeiro mércores.
As clases teóricas e prácticas serán impartidas por grupos paritarios de idade; os sábados de mañán e ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro.
O prazo de inscripción abriráse a partir do xoves 19, nas oficiñas da Policía Local.

A concelleira de Educación mantivo ante a Anpa da “Galiña Azul” de Torneiros e a representante da Xunta de Galicia que o Concello “cumpriu” coas obras de reforma

Lourdes Moure, concelleira de Educación asistiu esta tarde a unha reunión coas Anpas das garderías de Porriño. Un encontro no que apareceu Carmen García Campelo, xerente adxunta do Consorcio Galego de Servizos Sociais de Igualdade e Benestar, cuia participación non estaba prevista, a raíz do contencioso xurdido coa “Galiña Azul” de Torneiros.
A concelleira mantivo que o Concello do Porriño “ten cumprido co proxecto inicial de reforma que foi aceptado polo Consorcio con data 14 de agosto, case que un mes despois de que fora remitido polo Concello á Xunta de Galicia”.
Lourdes Moure repitiu que o Concello do Porriño “fixo en en dúas semanas esas obras de mellora pero o Consorcio comezou a poñer reparos, trabas e pedir máis cousas que non estaban no proxecto nin contaban con orzamento”. “A pesar de eses atrancos, o Concello vai rematar o sábado coas obras de reforma, incluidas as ampliacións exisidas polo Consorcio, e a partir do vindeiro luns 16, despois da limpeza xeral da gardería, a Xunta deberá decidir cando abre a Galiza Azul de Torneiros”, rematou Lourdes Moure.


A concelleira evitou entrar en polémicas nin con a presidenta e directivos da Anpa da “Galiña Azul” de Torneiros nin coa xerente adxunta do Consorcio.
Antes de abandonar a reunión unha vez explicada a versión do Concello de Porriño, a concelleira avisou á representante da Xunta de que “a partir de agora será a administración autonómica que é a titular da gardería, a que deberá de contratar e executar calquera outra obra ou mellora nesa instalación”, rematou Lourdes Moure.

O CEIP DE ATIOS ACOLLEU O ACTO OFICIAL DE APERTURA DO CURSO ESCOLAR 2019-2020 NO PORRIÑO

Lourdes Moure, concelleira de Educación presidiu hoxe o acto oficial de apertura do curso escolar na vila de Porriño. Para este curso 2019/2020 a previsión da comunidade educativa porriñesa é que estean escolarizados nos sete colexios, no centro Aceesca e nos dous institutos, unha cifra superior ós 3.000 rapaces e rapazas.
O acto de apertura se celebrou no CEIP de Atios, con asistencia de directores de centros docentes e representantes das Anpas. Roberto Devesa, director do colexio anfitrión nesta quenda, agradeceu ó Concello de Porriño, a Consellería de Educación e ós pais e nais de alumnos o esforzo común que realizaron para acometer as obras de mellora neste CEIP, tanto nas instalacións educativas como no pabellón deportivo.


Na mesma liña falou Fabián Vázquez, presidente da Anpa que instou a alumnos e profesores a manter un nivel permanente de esforzo.
Pola súa banda Lourdes Moure garantiu que o Concello de Porriño vai continuar coas políticas de apoio á comunidade educativa que “por certo coma esta de Porriño coido que non hai outra tan activa”, dixou.
“Imos seguir coa Semana Branca para que os escolares de todos os colexios do Porriño que o desexen vaian á neve como fixemos nos últimos catro anos nunha iniciativa pioneira neste concello”, manifestou Lourdes Moure que anunciou que se aumentará esa partida nos Orzamentos Municipais para o vindeiro ano.


Lourdes Moure lembrou ós presentes que Porriño é Cidade Amiga da Infancia “o que obriga a manter políticas activas a prol dos nenos que se plasmen nos plenos municipais infantis que seguiremos celebrando”. E por último a concelleira de Educación reivindicou os irmandamentos coas vilas de Fronçac (Francia) e Vrgorac (Croacia) para fomentar a aprendizaxe de francés e inglés para os nenos e nenas de Porriño.

Veciños de A Vaquería anuncian á alcaldesa que alegarán contra o proxecto de reforma da PO-510 polas rotondas

Unha comisión de veciños do barrio de A Vaquería entrevistaronse coa alcaldesa Eva García para trasladarlle a súa inquedanza ante a previsible inclusión de dúas rotondas no proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-510. A reforma da travesía deste vial por este barrio de Budiño é unha vella demanda da veciñanza que reivindicou a súa execución mediante manifestacións e cortes de tráfico ata que, coa intervención da alcaldesa de Porriño, estableceuse unha canle de diálogo coa Xunta de Galicia. No pasado mes de xullo, despois dunha carta de Eva García á Ethel Vázquez, Conselleira de Infraestructuras, alcaldesa e vecinos de A Vaquería entrevistaronse en Vigo con Francisco Menéndez, director da Axencia Galega de Infraestructuras.
Nesa reunión acadouse o acordo que a Xunta de Galicia ten de prazo ata o 11de outubro para presentar o proxecto de mellora da seguridade viaria.
Sen embargo os veciños de A Vaquería temen que a fórmula para apaciguar o tráfico sexan rotondas no canto de isletas como eles demandan e adiantan a súa intención de presentar alegacións.
Pola súa banda a alcaldesa ofreceu ós representantes de A Vaquería solicitar o asesoramento dun enxeñeiro de Camiños para coñecer a viabilidade da demanda veciñal.

O “Balonmán Porriño” exhibe músculo coma club coa presentación de todos os seus equipos

Todos os equipos do “Balonmán Porriño” encabezados pola plantilla que xoga Liga Guerreras Iberdrola na máxima categoría feminina, participaron hoxe no acto de presentación no Concello que tivo lugar na praza do Arquitecto Antonio Palacios.


O acto contou coa asistencia de Eva García, alcaldesa de Porriño; David Alonso, concelleiro de Deportes, Lourdes Moure, tenente de alcalde e Abel Estévez, tamén concelleiro e presidente do “Balonmán Porriño”.
O club exhibiu músculo coa presentación de todos os seus equipos en categorías base e élite que contan con máis de 250 federados.

B46B10
Abel Estévez agradeceu ós patrocinadores e as familias dos xogadores e xogadoras “o seu apoio e implicación” e “de xeito moi especial hoxe toca agradecer ó noso principal soporte que é Concello do Porriño “. “Eva, David e Lourdes, moitas grazas pola vosa colaboración co deporte porriñés e particularmente co balonmán” dixo Estévez que engadiu que “dende que son presidente sempre tiven e sentí moito apoio do Concello e agardo que siga sendo así por moitísimos anos máis” e pidiu que “sigades puxando porque somos un referente deportivo en toda España posto que somos o único club que ten dous equipos na primeira e na segunda división feminina martes e sen vosa axuda non sería posible” rematou Abel Estévez.


Por su parte Eva García lembrou “o que disfrutei o pasado sábado” no primeiro partido de Liga Guerreras que Balonmán Porriño gañou. A alcaldesa destacou que “é maravilloso ver como xogades” e suliñou que “xa levades 9 anos na máxima categoría do balonmán feminino e penso que haberá pouquísimos equipos en España que poidan presumir desa xesta”.
“Coido que nunca seremos quen de agradecervos dabondo que puxerades o nome de Porriño tan alto no deporte de élite, moítisimas, moítisimas grazas”, dixou a alcaldesa.
Eva García reivindicou que o alcume de “Concello do Deporte” “non foi improvisado senón que é producto do esforzo de moitos anos e outros alcaldes e concelleiros que tamén fixeron unha aposta decidida por apoiar o deporte base e ós nosos clubs como agora estamos a facer dende o goberno municipal que presido e que así seguiremos facendo nestes catro anos”, rematou.
Este acto estivo preludiado por una unha xornada matinal de balonmán na rúa. Ambas estaban incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.

Programación de setembro do Concello MAÑÁ CELEBRARÁSE A XORNADA DE BALONMÁN NA RÚA E A PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS DO “BALONMÁN PORRIÑO”

O martes 10, na praza Arquitecto Palacios teremos unha xornada de balonmán na rúa entre as 10 e as 12 do mediodía.
Esta actividade como a presentación dos equipos das diferentes categorías do “Balonmán Porriño” están incluídas na programación do Concello con motivo das Festas do Cristo.
A presentación terá lugar na praza do Concello e contará coa asistencia do goberno municipal e representantes da Corporación e doutros estamentos sociais e deportivos da vila.
O primeiro equipo do “Conservas Orbe Balonmán Porriño” fixo a súa estrea o pasado sábado na Liga Guerreras “Iberdrola” con victoria en casa ante o Alcobendas Helvetia por un apurado 25-24.
A este primeiro partido de Liga asistiron a alcaldesa Eva García, o concelleiro de Deportes, David Alonso e a deputada provincial Olga García que acompañaron no palco ó tamén concelleiro de Porriño, Abel Estévez, presidente do club.

Con motivo deste primeiro partido en casa tivo lugar a estrea do novo equipo de sonorización que é unha das melloras que está a implementar o Concello de Porriño no polideportivo municipal.

A Alcaldesa do Porriño reuniráse coa directora xeral de Planificación do ADIF para dar forma ó convenio que posibilite a supresión do paso a nivel

María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Planificación e Proxectos do ADIF vén de confirmar que recibirá o vindeiro xoves 19 de setembro, ás 11 da mañán, á alcaldesa Eva García. A reunión en Madrid, froito das persistentes xestións do Concello de Porriño ante o Ministerio de Fomento, será para dar forma ó futuro convenio que posibilite executar o soterramento da vía férrea e eliminar o actual paso a nivel.
O Goberno Municipal de Porriño entende que ese futuro convenio debería ser participado polas catro administracións públicas (Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello) para asumir de xeito conxunto a financiación da obra.

Tratase de dar continuidade ás xestions realizadas hai un ano pola alcaldesa coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera que citou a Eva García en Madrid. Naquela reunión, de data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como evidenciouse na histórica manifestación do 1 de xuño dese ano.

O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.

Os concellos do Porriño e Tomiño colaboran na mellora das políticas de infancia nos seus territorios

Os Concellos de Porriño e Tomiño, ambos declarados “Cidades Amigas da Infancia” pola UNICEF, van colaborar mutuamente en políticas para os nenos e nenas nos seus territorios. Así estableceuse despois dunha primeira reunión de traballo que mantiveron na casa consistorial porriñesa.

A alcaldesa de Porriño, Eva García acompañada pola concelleira de Educación Lourdes Moure recibiron á Concelleira de Xuventude do Concello de Tomiño Fátima Rodríguez. Na reunión de traballo, na que participou tamén persoal técnicos de ambos concellos, acordouse compartir información, resolver dúbidas e por en común o traballo que se está a realizar en cada concello en materia de infancia.

A representación de Porriño explicou polo miúdo as boas prácticas que están a desenvolverse desde o Concello no ámbito da participación infantil e adolescente. A colaboración con Tomiño é unha posibilidade que pode implementarse noutras localidades para traballar de xeito coordinado con outros concellos que foron tamén recoñecidos en 2018 como “Cidades Amigas da Infancia” por parte de UNICEF, como por exemplo Redondela.

Institúense os premios “Cabezudos de Honra”, co apoio do Concello, para homenaxear en vida a porriñeses e porriñesas pola súa traxectoria e exemplo

O Concello de Porriño, a través da Concellería de Festas, colabora e apoia a iniciativa dunha asociación que ven de instituír os premios “Cabezudos de Honra” que pretenden homenaxear en vida a veciños e veciñas pola súa traxectoria e exemplo social.
Roberto Cuerdo, portavoz da “Asociación Cabezudos de Honra do Porriño” explicou na presentación do evento que “entendíamos que existe unha necesidade de premiar a persoas cunha transcendencia social, cultura e laboral no noso pobo, non por un feito puntual senón polo exemplo de toda a súa vida”, segundo manifestou.

Para esta primeira edición, a asociación promotora elixiu a:
Josefa Paz Valverde, máis coñecida como Doña Pucha, profesora con máis de 60 anos de exercicio na docencia en Porriño; Joaquín Diz Tato, máis coñecido en toda a vila como Cuquín, funcionario xubilado despois de 50 anos e un día de traballar no Concello e persoa de gran transcendencia social; e finalmente Teté Delgado, actriz, cantante e presentadora de televisión, vencellada a Porriño desde a súa infancia.

Estes galardóns consistirán na entrega dunha reprodución do busto do arquitecto Antonio Palacios e a confección dun cabezudo coa faciana caricaturizada de cada un dos galardoados que serán sacados nos festexos para ter presente a súa lembranza.
Para o busto de Palacios tomouse un molde hai uns días, instante que reflicte unha das fotografías que incluímos. Os cabezudos son realizados por un taller de Chapela en poliéster.


Os premios e os cabezudos entregaranse anualmente co gallo das Festas na mesma tarde que se realiza o pregón inaugural dos festexos. Polo tanto a estrea dos Premios Cabezudos de Honra de Porriño será o vindeiro venres 20 de setembro nun acto nas escaleiras do Parque do Cristo ás 19 horas.

David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas do Cristo manifestou pola súa banda que “desexamos que a partir deste ano, esta iniciativa dos Cabezudos de Honra se consolide como unha tradición e que perdure no tempo por riba de quen sexa o que goberne Porriño”, sinalou.

“AMAZON” ANUNCIA Ó CONCELLO QUE INICIA A SELECCIÓN DE PERSOAL PARA A INMINENTE APERTURA DO CENTRO LOXISTICO DE PORRIÑO

A Alcaldesa Eva García e o concelleiro de Emprego, David Alonso mantiveron hoxe unha reunión de traballo con Eva Pérez, representante de “Amazon Logistics” e representantes de “Manpower”, firma que se encargará da selección de persoal que se iniciará en breve con motivo da inminente apertura do centro loxístico da multinacional en Porriño.

A previsión é que “Amazon” arrancará con 40 empregados na central loxística pero esa plantilla incrementaráse nas datas punta como “Black Friday”, campaña de Nadal e rebaixas de inverno.

“Explicaronnos como van facer a selección de persoal que de inmediato publicitarán a través dos medios indicando un enlace onde os interesados e interesadas deberán dirixirse para remitir o seu curriculum. Aseguraronnos que será un proceso moi transparente baseado na valoración das capacidades e méritos de cada aspirante”, indicou Eva García.

O Concello de Porriño prestará as instalacións de “Porremprego” no Multiusos de Torneiros para a realización das entrevistas de traballo ós aspirantes cando “Manpower” arranque o proceso de selección.

“Coido que isto vai ser o principio dunha colaboración moi exitosa entre ‘Amazon’ e Porriño de tal xeito que un proxecto ainda máis grande do que vai comenzar sería factible e con moita xente de Porriño e alrededores cualificada e con ganas de traballar”, indicou a alcaldesa.

Na reunión trataronse tamén aspectos referidos a marcha das obras de reforma das instalacións que “Amazon” mercou e reformou. Tratase da antiga nave da firma “Arcelor” no polígono industrial de Prado-Budiño. Estáse a reformar unha nave preexistente de 1927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar.

A previsión é que “Amazon” poida abrir esta nova central loxística para o noroeste a finais de setembro ou principios de outubro.