As obras de reforma e mellora da “Galiña Azul” de Torneiros realizaronse en quince días costeadas polo Concello

As obras de reforma de espazos e mellora da gardería de Torneiros, vencellada a rede “Galiña Azul” da Xunta de Galicia, están prácticamente rematadas como hoxe comprobou unha comitiva municipal encabezada pola alcaldesa, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure.
En presenza das responsables e persoal da gardería así como de algunas nais que estaban a colaborar en tarefas de limpeza, a comitiva municipal comprobou o resultado das obras. Na zona dos nenos de 0 e 1 anos e de 1 e 2 habilitaronse novos espazos de baños, lavabos e cambiadores así como novo mobiliario. Asimesmo se habilitou outra nova dependencia, unha “aula de soño” e se renovaron instalación eléctricas e de fontanería.

Restan remates entre eles a cubrición dos dous areneros do xardin exterior onde xogan os nenos que se fará entre hoxe e mañá.
Por outra banda tamén pintaronse aulas e espazos común e se instalaron detectores de fume e outras medidas de seguridade recomendadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Esta administración, dependente da Xunta de Galicia otorgou luz verde ó proxecto o pasado 14 de agosto razón pola que as obras empezaron o festivo 15 e os traballos tiveron que realizarse en dúas semanas.
O Concello de Porriño enviará a persoal para que faga a limpeza xeral das instalacións a fin que se poida abrir a Galina Azul de Torneiros para o vindeiro xoves día 5.
O custe final das obras é de 48.054 € que son aboados polo Concello de Porriño con cargo á partida de cofinanciación coa Xunta de Galicia.

O LUNS 2, CONVOCADA COMISIÓN MUNICIPAL PARA INFORMAR OS ASUNTOS DO PLENO DO VINDEIRO MÉRCORES

Este mediodía firmouse a convocatoria para celebrar o vindeiro luns 2 Comisión Municipal de Economía, Fazenda e Persoal para informar os asuntos que van ó pleno que celebrará a corporación local o vindeiro mércores 4. 
A Comisión celebraráse ás 19 horas e deberá informar dos 4 asuntos que van ó pleno extraordinario que instara o Partido Popular. 
Son os seguintes: 
1)Determinación e retribucións dos membros do goberno municipal en rexime de adicación exclusiva ou parcial.
2)Expediente 2870/2019. Modificación de drédito extraordinario 3/2019
3)Moción do grupo EU Son que prantexa cambio de dirección da rúa Salgueira
E 4)Moción do grupo municipal do PP relativa á adhesión ó Pacto para o Cambio Climático. 
Lembramos que cada Comisión Informativa está formada por 9 concelleiros: 4 do PP; 2 do PSOE; BNG, 1; EU Son, 1 e Grupo Mixto, 1.

O vindeiro luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do Polideportivo Municipal

O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. 
O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.
O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ás instalacións, o concelleiro comprobou as melloras que se están a implementar na piscina municipal cun investimento de 30.000 euros. A maiores o concelleiro agarda iniciar de inmediato as obras de impermeabilización nos voladizos da entrada á piscina que están valorados en 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o concelleiro agarda que se poidan acometer as tarefas pendentes de lixado, pulido e barnizado que mediante tres quendas de traballo rematarían en dúas semanas. Durante eses quince días acometeriase primeiramente a pista 2 e logo a pista 1, axustando as labouras cos calendarios dos equipos de balonmán e baloncesto. O investimento para estas obras será de 48.000 €.

Programación cultural agosto 2019: HOXE, NOITE DE BOLEROS

Este venres 30, rematará a programación cultural de agosto de 2019 do Concello de Porriño cunha noite de música latinoamericana.
A partires das 22 horas, no escenario habilitado na praza do Concello, actuará o conxunto “SonBoleros” .
É un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión que renden homenaxe ás mellores cancións da música latina.
No seu repertorio incluen boleros, tangos e sones.
Os catro músicos que compoñen o cuarteto son: Tony Gónzalez (percusión), Pachi Cruz (contrabaixo): Ely Morales (voz) e Cristian Leggiero (piano e dirección).

Programación cultural de agosto: representación de “A illa sen tesouro”

No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. 
Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra “A illa sen tesouro”.
A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.

A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha empalizada. Os tres actores e a actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.

CONCLUÍDAS AS OBRAS DE VALADO E SINALIZACIÓN DAS CANTEIRAS PARA BLOQUEAR O ACCESO DE BAÑISTAS E CURÍOSOS

A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.


Como pode comprobarse nas imaxes que adxuntamos, tamén adiantouse o portalón de acceso á zona.
Todas estas medidas foron acordadas o pasado 27 de xullo durante a reunión presidida pola alcaldesa Eva García á que asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que era a canteira onde acudían máis bañistas e curiosos.

Todo este paquete de medidas “son para protexer a seguridade de todos” segundo valorou a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta irresponsabilidade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou Eva García.

O Conselleiro de Sanidade atende a queixa de Porriño e cita á alcaldesa para falar do Centro de Saúde.

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade atende a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional cos representantes dos veciños. En consecuencia o gabinete do Conselleiro comunicou hoxe ó Concello de Porriño que cita á alcaldesa Eva García de la Torre o vindeiro martes 3 de setembro ás 11 horas, para que acuda a Santiago a firmar, de novo, o convenio de cesión da parcela para ampliar o Centro de Saúde.

O antedito convenio fora firmado hai case unha década polo anterior alcalde Nelson Santos. E logo foi ratificado pola actual alcaldesa e remitido a Santiago durante o pasado mandato.

O Concello de Porriño manifestou a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa. Ó respecto a alcaldesa declarou que “tratase dun novo xesto censurable por parte de esa Consellería” e reclamou que o señor Vázquez Almuiña puxerase en contacto con esta alcaldesa “para explicarnos ós pormenores da licitación, do proxecto e dos prazos”, extremo que finalmente vai atender o Conselleiro de Sanidade.

Desconvocase o pleno ordinario que ía celebrar a corporación local de Porriño esta tarde

A Alcaldía de Porriño ordenou a desconvocatoria do pleno da Corporación Local que ía celebrarse ás 18 horas. Tratabase dunha sesión ordinaria cuia orde do día era básicamente a mesma do pleno que ía celebrarse o pasado 30 de xullo e que tamén houbo que desconvocar.

A razón da desconvocatoria de hoxe é que rachou o acordo que tiñan acadado a alcaldesa Eva García e o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo. Segundo ese acordo do que informábamos hai uns días, Lorenzo retiraría a petición doutro pleno extraordinario coa mesma orde do día do ordinario de mañá.

O Goberno Municipal critica que o PP “retorza a interpretación da Lei de Bases de Réxime Local nunha xogarreta que busca o bloqueo institucional e económico do Concello de Porriño”.
O PP prantexou un pleno extra cos mesmos asuntos que ían debatirse esta tarde. “Pero o que pretende realmente o PP é bloquear a gobernanza do Concello retardando, entre outras cousas, o pago a proveedores e a aprobación das dedicacións e reparto de competencias para que remate de formarse o goberno municipal de coalición”, valorou a alcaldesa Eva García.

En consecuencia, a sesión extra solicitada polo PP xa está convocada para o mércores 4 de setembro, ás 12 horas. O Goberno Municipal “non vai consentir máis retrasos nos pagos a proveedores de xeito que xa anunciamos que no vindeiro pleno a maioría da Corporación vai frear as obstruccións do PP e imos a aprobar as modificacións de créditos que posibilitarán o pago de perto de 3 millóns de euros a unha chea de proveedores”, rematou a alcaldesa Eva García.