A Concellería de Vías e Obras vén de concluír os traballos de mellora no barrio da Igrexa, na parroquia de Pontellas que, como sinala Manuel Carrera, abrangueron o pavimentado e sinalización no lugar no que se transformara un camiño nunha nova estrada “moito máis e ancha, segura e transitable por vehículos e peóns”, e a extensión da rede municipal de saneamento ás vivendas da zona.
O tenente de alcalde salienta que esta é “unha das as obras máis importantes executadas neste mandato na parroquia de Pontellas” dado que supón unha notable mellora tanto dos accesos coma da comunicación dentro do barrio da Igrexa , así mesmo, “seguir cumprindo o noso compromiso de levar o abastecemento e saneamento a todos os lugares do Porriño”, un obxectivo no que neste mandato avanzouse máis que en ningún outro.
Os traballos, rematados nun mes e que contaron cun orzamento de 47.633,71€ de fondos propios do Concello, consistiron no pavimentado de preto de 3.000 metros cadrados, cun firme e 5 centímetros de grosor, a ampliación de la rede de saneamento incorporando unha nova tubaxe de 315 milímetros de diámetro, a sinalización de toda a vía e a incorporación dunha varanda de 30 metros na zona.

Carrera indica que esta obra,que contou cun orzamento superior aos 10.000€ procedentes de fondos municipais, realizouse con persoal contratado con cargo á axuda da
García de la Torre salientou que a obra supón “unha mellora ostensible” na ordenación da zona e asegurou que “coa construción da rotonda evítase a altísima sinistralidade que había tal e como estaba configurado o espazo. Agora os viandantes e as persoas usuarias adaptáronse perfectamente á existencia da glorieta, o que dá idea da necesidade que había de facela”.
Os traballos de mellora consistiron principalmente na ampliación do radio de curvatura da estrada principal, preto da conexión da EP-2405 da Deputación co parque empresarial das Gándaras, á altura do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que “as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.
Carrera subliña que para que isto sexa unha realidade vanse instalar 518 metros lineais de tubaxe de 315 mm de diámetro, se completarán 11 acometidas, remataremos 19 pozos de rexistro e 5 sumidoiros de pluviais, ademais de varios ‘cruzamentos’ de abastecemento para vivendas que precisaban pasar á outra parte da estrada para acceder á rede municipal.
Novo tellado