A Concellería de Vías e Obras segue adiante cos traballos de mellora da rede de saneamento.

A Concellería de Vías e Obras segue adiante cos traballos de mellora da rede de saneamento, agora en Abelenda, na parroquia de Pontellas dando servizo a ooutras 9 vivendas máis

A Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera, ven de iniciar os traballos para a mellora do saneamento no lugar de Abelenda, na parroquia de Pontellas, traballos que durarán ata os primeiros días do mes que ven.

Os mesmos consisten na substitución de parte da rede que chega a esta parte da parroquia e que, cando estean rematados, permitirán dar servizo a nove vivendas e a o bar da Comisión de Festas de San Pelayo.

Manuel Carrera subliña que esta é unha obra demandada polos veciños e que se enmarca dentro de todas as que está a impulsando a Concellería de Vías e Obras, “en todas as parroquias, ven sexa con fondos do propio Concello, como neste caso, ven optando a subvencións ou asinando acordos de colaboración con outras entidades, organismos e administracións, o que permite que as mesmas non teñan custo algún para as veciñas e veciños do Porriño”.

Entrega de diplomas dos obradoiros de formación en albanelería e limpeza de montes

20 persoas con especial dificultade para atopar emprego rematan dous obradoiross de formación en albanelería e limpeza de montes, impulsados polo Concello do Porriño e a Xunta

A alcaldesa do Porriño presidiu este luns a entrega de diplomas aos 20 participantes en sendos obradoiros impulsados polo Concello e pola Concellería de Industria, Economía e Emprego que tiñan coma principal obxectivo a formación dos participantes en albanelería e limpeza de montes.

Coma lembrou Eva García de la Torre, os obradoiros tiveron unha duración de 6 meses e no ánimo da Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, e no da Consellería de Industria, Economía e Emprego estaba “aumentar ao máximo as posibilidades de entrada ou regreso ao mundo laboral dos participantes nos mesmos”.

No mesmo acto, no que estiveron presentes o xefe territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria, e Yolanda Lesmes, secretaria territorial da mesma consellería, este última subliñou a importancia da cooperación entre administracións, neste caso o Concello do Porriño e o Goberno de Galicia, “de cara a axudar a persoas con especial dificultade para reintegrarse ou acceder ao mundo laboral”.

Lesmes adiantou que a Xunta xa convocou a realización de novos obradoiros de emprego que “terán unha duración total de 9 meses, 3 máis que na actualidade” coa finalidade de mellorar a formación e, ao tempo, as probabilidades de que os seus participantes atopen traballo.

Neste caso concreto, os participantes no obradoiro levaron a cabo a reforma da Escola Unitaria de Covelo, en Atios, que estaba nun avanzado estado de abandono, realizando obras de recuperación e acantoamento da mesma, retirando os elementos que non foi posible recuperar e reformando o inmoble para conquerir o seu aproveitamento para uso e gozo dos veciños da parroquia.

Os traballos que quedan pendentes serán rematados pola Concellería de Vías e Obras e a intención es que os mesmos estean a cargo dos integrantes dun novo obradoiro, que abranguería, neste caso, formación tamén en xardinería, para o establecemento dunha zona de lecer ao aire libre e mesmo un parque biosaudábel.

Polo que se refire ás e os participantes no obradoiro forestal, realizaron unha importantísima labor de mellora da contorna das Gándaras de Budiño, un dos enclaves máis visitados do Porriño.

Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil

Adxudicadas as obras para a execución dunha senda peonil na estrada PO-331, ppolos concellos do Porriño e Mos

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato para a execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño.

Esta actuación, cun prazo de execución de seis meses,supón un investimento de máis de 378.000€, co cofinanciamento de Fondos FEDER 14/20. O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, que ten un oramento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios.

A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.

A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga.

Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.

Remata a mellora das rúas Buenos Aires e Progreso

Remata a mellora das rúas Buenos Aires e Progreso, segundo o proxecto presentado á Xunta de Galicia pola Concellería de Vías e Obras

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente do Goberno de Galicia, ven de rematar as obras de mellora das rúas Buenos Aires e Progreso, segundo o deseño presentado pola Concellería de Vías e Obras do Concello do Porriño, que dirixe Manuel Carrera.

Os traballos realizados nestas rúas abranguen o cambio das redes de abastecemento de auga potable que, segundo indica Carrera “estaban en moi mal estado”. Ademais, engade, colocáronse tres novos pasos de cebra elevados, “que aumentan a seguridade dos centos de condutores e peóns que utiliza as dúas vías a diario”. Ás melloras tamén hai que sumar un ‘cruce’ de saneamento na estrada a Gondomar, o asfaltado e o pintado do firme.

A titularidade das dúas rúas, coma lembra o tenente de alcalde, xa foi pedida á Xunta polo Concello do Porriño cun proxecto que contempla, cunha partida orzamentaria de 1,5 millóns, o aumento do ancho das beirarrúas nos dous sentidos de circulación, a reforma integral e substitución da rede de saneamento, a colocación de sinalización e un novo alumeado, dado que “estamos a falar de rúas que soportan cada día unha cantidade de tráfico moi elevada”.

Rreformas do inmoble do Centro Cultura A Forna

A alcaldesa estudará cómo iniciar as reformas do inmoble do Centro Cultura A Forna, de Budiño, a humanización do seu exterior e a posibilidade de que teña unha conexión a Internet “rápida e segura”

A alcaldesa mantivo unha xuntanza cos integrantes da nova xunta directiva do Centro Cultural A Forna, de Budiño, para coñecer, polo miúdo, os problemas que afrontan os novos representantes da mesma.

Eva García de la Torre sinalou que estudará o xeito de que o Concello contribúa a sufragar as reformas que precisa o inmoble no que está o Centro Cultural, de modo que as mesmas se poidan acometer en varias treitos.

Asimesmo, indicou que os orzamentos municipais recollen unha partida para que a Concellería de Vías e Obras, dirixida polo tenente de alcalde, Manuel Carrera, poida iniciar os traballos de mellora e urbanización do exterior do Centro, no que se organiza a Festa de San Blas, e que como indicaron os novos directivos precisa xa que se fagan traballos de recuperación e adecentamento.

García de la Torre informou, ademais, dos contactos que mantén con Telefónica para que os centros culturais e asociacións veciñais, dispoñan de wi-fi gratis que “permita unha conexión a Internet rápida e segura” como “medio imprescindible de dinamización social e cultural e un servizo ás veciñas e veciños, en xeral, e aos máis novos, en particular”.

Do mesmo xeito, a alcaldesa amosou a súa intención de artellar un medio que permita que o material informático que xa non se empregue no Concello se ceda ás asociacións do Porriño, “por suposto, garantindo o seu bo funcionamento”, para aproveitar o mesmo e, ao tempo, evitar gastos a estas entidades.

Corte de auga aos polígonos industriais do Porriño

O Consorcio de Augas do Louro corta o subministro de auga aos polígonos industriais do Porriño, este domingo, día 5 de febreiro, entre as 8 da mañá e as 5 da tarde

Dende as 8 da mañá deste domingo, 5 de febreiro, por mor dunha aviría, é necesario cortar o subministro de para poder acometer a súa reparación. A mesma está na tubaxe de máis de medio metro de diámetro que leva auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Os Valos, ata o depósito de A Risca- non na que abastece á poboación- o que fai necesario cortar a auga de entrada ao depósito.

Coma medida preventiva, so se deterá o abastecemento aos polígonos industriais durante a execución dos traballos de reparación coa finalidade de contar cunha marxe de tempo dabondo para que a auga almacenada no depósito garanta o abastecemento aos veciños de O Porriño.

Por todo elo, o servizo ás casas non se verá afectado. Dacordo co previsto, o depósito volverá a funcionar normalmente ás 5 da tarde deste mesmo domingo.

Reparada a fuga detectada na Rede Xeral de Abastecemento de Auga do Porriño

A pasada madrugada, do martes ao mércores, operarios do Consorcio de Augas do Louro, procederon á reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento do núcleo urbano de O Porriño, á altura do calexón do tanatorio.

Os traballos, que se fixeron pola noite-entre as 23:30 e as 02:30 horas- para reducir ao máximo as molestias aos veciños, consistiron na substitución dun ‘manguito’ de unión entre dos treitos de tubaxe, de 315 milímetros de diámetro, que estaba a causar unha perda de auga. Ao mesmo tempo, colouse un pequeno ‘carrete’ de tubaxe para corrixir o ángulo da curva da mesma e facilitar a reparación.

Durante a operación foi preciso cortar o subministro de auga na Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Corte do subministro de auga no centro da vila.

Para acometer a reparación dunha fuga na rede xeral de abastecemento ao núcleo urbano do Porriño, o Consorcio de Augas do Louro realizará un corte do subministro entre as 11 e media da noite deste martes, día 24 de xaneiro, ata as 2 e media da mañá do mércores, día 25, tres horas en total.

Os traballos, que se fan de madrugada para causar os menores prexuízos aos veciños, afectarán a Avenida de Galicia, Avenida de Bos Aires, rúa Progreso, Ramiranes, Manuel Rodríguez, Ramón González e Antonio Palacios.

Os mesmos consistirán no cambio dun manguito deteriorado que facía de unión entre dos treitos dunha tubaxe de 315 milímetros de diámetro.

Remate da 2ª fase da mellora da seguridade da Vía Sur de As Gándaras

A Concellería de Vías e Obras ven de rematar os traballos da segunda fase da Mellora de Seguridade da Vía Sur de As Gándaras, que vai deste parte do polígono industrial ata Orbenlle, na parroquia de Budiño.

Este proxecto, financiado polo ‘Plan de Obras e Servizos 2015’, da Deputación de Pontevedra, e iniciado cando Manuel Carrera ocupaba a Concellería de Vías e Obras na corporación anterior, abrangue actuacións, en máis de 3.500 metros cadrados, coma o asfaltado do trazado, a retirada de sumidoiros de auga, o aumento do ancho de 800 metros cadrados de beirarrúas, ao tempo que se lles facía un tratamento continuo de formigón colorado, unha obra accesoria de saneamento, e a colocación de cinco novos puntos de luz por medio de outras tantas luminarias.

Como subliña Manuel Carrera, esta obra non so permitiu a mellora da seguridade, senón a recuperación dunha parte do Concello especialmente maltratada, que hoxe presenta un aspecto coidado logo do investimento de preto de 93.400 euros.

Remate dos traballos da conexión de 14 vivendas de Budiño coa rede municipal de saneamento

A Concelleria de Vías e Obras rematou os traballos que veñen de permitir a conexión á rede de saneamento a 14 vivendas da parroquia de Budiño. As obras, como sinalou o alcalde accidental do Porriño, Manuel Carrera, abranguen o treito que vai dende a “popularmente coñecida coma rotonda do PPI-7 ata a ponte sobre a estrada da Xunta, en A Devesa”.

Este proxecto, financiado polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, supuxo un orzamento de 75.200€ e un mes de traballo do que so resta o pintado da estrada, que estará listo esta mesma semana.

Esta obra, ademais de espallar o saneamento para que chegue a veciñas e veciños do Porriño que ata o da gora non tiñan os seus fogares conectado ao mesmo, e de crear novas dúas derivacións en dous camiños da mesma zona, deixa lista xa a futura conexión coa nova tubaxe- feita de material de fundición e acorada con brida metálica-que está na ponte e que permitirá a Augas de Galicia acometer, en pouco tempo, os traballos xa previstos no resto da parroquia.

Como subliña Manuel Carrera, este novo treito é un paso máis no plan do Goberno local de que os porriñeses, “vivan onde vivan,sexa a parroquia que sexa”, reciban os mesmos servizos, un obxectivo que seguirá adiante, “se cadra con máis intensidade aínda”, ao longo deste 2017.