“Non”. Esa foi a resposta que deu a maioría da Corporación do Porriño, este xoves á directora xeral de Explotación e Construción de ADIF, Isabel Pardo de Vera, na xuntanza que mantivo no Concello coa alcaldesa, Eva García de la Torre, e os voceiros dos grupos políticos municipais.
ADIF traía coma proposición a de “encaixar” o paso a nivel que atravesa o centro do Porriño, que os peóns cruzasen por baixo da vía, por un paso soterrado ao que accederían nun ascensor, e os coches circulasen por un paso elevado situado a uns metros do paso a nivel.
A alcaldesa, que foi a única que compareceu ente os xornalistas, subliñou que esa pretensión de ADIF non é aceptábel e que o único que faría é que a actual situación do paso a nivel se alongase “cen anos máis”.
Para García de la Torre non hai máis solución que un cambio do trazado da vía o cal, lembrou, os responsábeis de ADIF vían posible en 2006, contando para elo co acordo entre o Goberno do Estado, o Goberno de Galicia e os concellos de Mos e O Porriño.
Ate que non se atope unha solución definitiva, a Corporación do Porriño esixiu que as medidas de seguridade sexan extremas, logo de moitas incidencias e fallos nas barreiras do paso a nivel e grande velocidade –de ata 150 quilómetros por hora- á que circulan os trens polo centro do Porriño.

 Antonio Serrano é un virtuoso do seu instrumento, unha das maiores promesas do jazz español actual e un dos músicos de sesión máis solicitados do país. Dotado dunha asombrosa facilidade técnica e uns profundos coñecementos teóricos, Serrano mostra así mesmo unha enorme versatilidade musical que queda fielmente reflectida no seu amplo historial de colaboracións. O armonicista móvese con idéntica soltura en ámbitos musicais tan distantes entre si como o jazz, flamenco, pop e clásica.
Antonio Serrano é un virtuoso do seu instrumento, unha das maiores promesas do jazz español actual e un dos músicos de sesión máis solicitados do país. Dotado dunha asombrosa facilidade técnica e uns profundos coñecementos teóricos, Serrano mostra así mesmo unha enorme versatilidade musical que queda fielmente reflectida no seu amplo historial de colaboracións. O armonicista móvese con idéntica soltura en ámbitos musicais tan distantes entre si como o jazz, flamenco, pop e clásica. Aos seus 18 anos, Xoana está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. En proceso está Dardos, o disco co que pretende irromper no mundo da música e utilizar esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios!
Aos seus 18 anos, Xoana está inmersa nun proxecto musical que ten coma principal aliada á lingua galega, promocionando o uso desta coa axuda de ritmos coma o pop, o rock, o jazz, o funky e mesmo o reggae. En proceso está Dardos, o disco co que pretende irromper no mundo da música e utilizar esta coma un medio de denuncia. Todas as cancións xiran arredor de temas actuais que precisan ser escoitados e que mellor que a música para invitar a realizar cambios! O novo xefe da Policía Local, logo de que se repetisen os casos de aparición fora dos lugares sinalados ou en días e horas que non son os regulamentados de desproveitos voluminosos, lembra que para a súa recollida “é preciso avisar ao Concello, fixando o día e a hora para que se faga a retirada, atopándose o Punto Limpo habilitado no Polígono da Granxa, de luns a venres,en horario de mañá”.
O novo xefe da Policía Local, logo de que se repetisen os casos de aparición fora dos lugares sinalados ou en días e horas que non son os regulamentados de desproveitos voluminosos, lembra que para a súa recollida “é preciso avisar ao Concello, fixando o día e a hora para que se faga a retirada, atopándose o Punto Limpo habilitado no Polígono da Granxa, de luns a venres,en horario de mañá”.











 A mesma contará coas actuacións do ‘Grupo Brisas’, de Tomiño, e o ‘Grupo de Gaitas San Xurxo’, de Mosende. Ademáis, haberá unha pulpeira e xogos e animacións para nenos e maiores.
A mesma contará coas actuacións do ‘Grupo Brisas’, de Tomiño, e o ‘Grupo de Gaitas San Xurxo’, de Mosende. Ademáis, haberá unha pulpeira e xogos e animacións para nenos e maiores.