Todo listo para o ‘Entroido 2017’

O Concello do Porriño desenrolará durante todo o mes de febreiro, un intenso programa cultural e de actividades, que van dende obradoiros, pasando por conferencias ou animación na rúa, que chegará ao seu punto álxido entre o 25 de febreiro e o 1 de marzo, coa celebración do ‘Entroido 2017’.

A saída do mesmo será o pregón, a cargo de Xosé Antonio Touriñán, o sábado día 25, ás 12 e media, na Praza Antonio Palacios; dende se intre empezan seis días de actividades e propostas que abranguen o 74º Xogo de Ola, a Gran Festa do Entroido, o domingo, a Festa Infantil, o Bailes de disfraces- o luns, día 27, comparsas, e o Velorio, o Enterro e a lectura das derradeiras Vontades da Sardiña, o mércores 1 de marzo, dende as 5 da tarde.

O Entroido estará presente en todo O Porriño, e deixarase ver, especialmente, na Gran Festa rachada, o sábado, día 25, desde as 8 da tarde nas rúas da vila; o luns, día 27, co Grande Baile de Disfraces,dende as 5 da tarde, no Centro Socio-comunitario do Porriño; o martes, 28, no Grande Desfile de Comparsas, dende a rúa Antonio Palacios, a partires das 6 e media da tarde e, o último día da celebración co Pasamento da Sardiña.

O Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán.

O Porriño será, por segundo ano consecutivo, sede da fase final da Copa da Raína de Balonmán, competición que se xogará os días 28, 29 e 30 de abril. Finalmente, as negociacións entre o Goberno local, a Alcaldía, a Concellería de Deportes e distintas administracións e empresas privadas fixeron posible dispor do orzamento necesario para que a vila volva a ser sede desta competición.

Este mesmo mércores pola mañá, o Departamento de Competicións da Real Federación Española de Balonmán confirmaba que a Copa volta a O Porriño, algo que, segundo indicou o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, supón unha satisfacción moi grande e amosa que en 2016 a Federación, os clubs participantes e o público quedaron satisfeitos coa organización.

Carrera felicitouse de que, finalmente, maila a que as negociacións se alongaron máis do agardado, fose posible que a Copa da Raíña se xogue na vila o cal suporá unha proxección moi importante para O Porriño a nivel nacional e, ao mesmo tempo, engadiu, unha responsabilidade posto que o obxectivo es mellorar o que se fixo o ano pasado.

O Goberno local está convencido de que encher día a día e partido a partido o Pavillón Municipal na disputa da final da Copa en 2016 foi “esencial” para que as mellores xogadoras de balonmán do país regresen este 2017.
A xuízo de Manuel Carrera, “que a Copa da Raína se dispute de novo aquí fará que O Porriño teña unha importante presencia nos medios de comunicación de toda España, que o deporte porriñés estea, outra vez máis, nun lugar de honra e que haxa unha considerable beneficio para a economía, en especial para o sector hostaleiro”.

O sorteo da XXXVIII Copa da Raíña, no que estará, coma club local o Balonmán Porriño, por medio do seu primeiro equipo, o Godoy Maceira Porriño de la Liga Loterías de Balonmán Feminino, e o actual campión o Super Amara Bera Bera, se realizará o vindeiro día 9 na sede da Federación, e nela participarán os 6 gañadores da primeira fase, na que participan 12 clubs, entre eles o Mecalia Guardés que, de gañar a súa eliminatoria sería o segundo convinado galego na fase final.

O Porriño agarda xa aos Reis Magos, que chegarán o xoves, día 5 ás 6 e media da tarde

O Porriño prepárase xa para a Cabalgata das Súas Maxestades os Reis Magos, que chegarán á vila o xoves, día 5, ás 6 e media da tarde. A esa hora Melchor, Gaspar e Baltasar, sairán nas súas carrozas cara ao centro antes de empezar, xa pola noite, o reparto dos xoguetes.

A Cabalgata que estará encabezada pola Rondalla de Santa Eulalia de Atios, estará composta por un tren no que irán as cativas e cativos máis pequenos, seguidos de varios personaxes de Disney, a Rondalla de Pontellas, a carroza da Súa Maxestade o Rei Melchor cos seus paxes e a súa carroza de paquetes, que darán paso ao Rei Gaspar, coa súa comitiva e, por suposto, a súa carroza con regalos e, finalmente, o séquito da Súa Maxestade o Rei Baltasar.

Os Reis, logo de saír da rúa Doantes de Sangue, percorrerán a Avenida Antonio Palacios, continuarán por Domingo Bueno, San Sebastián, San Benito e Ramón González para chegar, sobre as 8 da tarde, á Praza de Antonio Palacios.

Aquí, diante do Concello, haberá un palco onde se disporán os tronos dos tres Magos nos que recibirán as nenas e nenos que se acheguen a saudalos, escoitarán os seus últimos pedidos, collerán as súas últimas cartas e posarán para as fotos que os pequenos queiran facerse con eles.