MAÑAN INAUGURASE A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFIAS DE RUTH MATILDA ANDERSON NO CENTRO CULTURAL MUNICIPAL DE PORRIÑO

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidirá mañán xoves 9 de maio a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal. Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistirán tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

A tal fin, no pasado mes de abril suscribiuse un convenio de colaboración entre Concello, “Afundación” e ABanca.

A exposición, de entrada libre e gratuíta poderá visitarse ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Mañán xoves unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participarán da primeira visita guíada á mostra.
Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador como poden ver na imaxe adxunta e  como fondo para o programa de mán da exposición.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

A vindeira Feira do Libro de Porriño acollerá un “roteiro Antonio Palacios”

Oito stands de librarías, quince actos de presentacions, coloquios e firmas de libros e vinte autores que estarán presentes, son alguns dos números máis salientables da IV Feira do Libro de Porriño que arrancará o vindeiro 9 de maio. Entre os escritores que pasarán pola Feira estarán Ledicia Costas, María Soliño, Raquel Castro, Sonia Mirón ou o porriñés Diego Giráldez co seu libro “Hotel para coleccionistas”  publicado recentemente por “Edicions Galaxia”.
Unha das actividades novidosas deste ano esta vencellada cos actos de lembranza á figura de Antonio Palacios que está a realizar o Concello de Porriño. Consistirá nun “roteiro” polas obras que legou o arquitecto na súa cidade. O percorrido será guíado por dous especialista na obra de Palacios: Xosé Ramón Iglesias e Xosé Ramón Paz Antón e terá lugar o sábado 11.

A Feira do Libro amosa “a aposta cultural e pola educación que fai o Concello de Porriño desde que nós chegamos ó goberno municipal”, dixou Lourdes Moure, concelleira de Educación na roda de prensa de presentación celebrada hoxe que compartiu co Delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves. O delegado da Xunta salientou que “feiras como esta de Porriño contribuen como instrumento para promocionar a lectura xa que ainda Galicia está por debaixo da media de España”.
Este ano o lema da Feira é “Máis que palabras” no que constitue unha pequeña homenaxe a Antón Fraguas, o autor que este ano lembramos co gallo do Día das Letras Galegas, segundo explicou Nani Ferreira, coordinadora de ferias da Federación de Librarías de Galicia.
A Feira abrirá ás casetas o xoves 9 de maio ás 19 horas. Coa lectura do pregón a cargo da escritora mosense Clara Do Roxo. Coma sempre, estableceránse na rúa peonil Ramón Gónzalez en horarios de mañán e tarde.

122 RAPACES PARTICIPARON NO III TORNEO ESCOLAR DE XADREZ CONCELLO DE PORRIÑO

Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns de Eva García de la Torre. A Alcaldesa de Porriño asistiu á clausura do Torneo xunto coa concelleira de Educación , Lourdes Moure.
Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.
Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.

Porriño celebra o Día Internacional da Danza

O Concello de Porriño organiza unha exhibición de escolas de danza para celebrar o Día Internacional da Danza que se conmemora cada 29 de abril.
O espectáculo desenrolaráse o luns, a partir das 18,30 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
As escolas “Studio 57” e “MaiSon” achegarán as suas aulas á Praza do Concello. Poderemos gozar entre outras das seguintes disciplinas: break, predanza, baile mamis e papis, moderno, oriental, hip hop, dancehall, e latino

O CEIP “Antonio Palacios” acollerá o III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño con 120 participantes

Cento vinte escolares de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, participarán na terceira edición do Torneo de Xadrez Concello de Porriño que se celebrará o luns 29 de abril.
Este ano correspondelle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
As partidas comezarán ás 9,30 horas e ó remate do torneo, estimado árredor das 13,15 horas, a alcaldesa de Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure presidirán a entrega de premios.

RAP E BEATBOX NA VINDEIRA QUENDA DE “VIVE A CULTURA URBANA”

Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox  en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó carón do Cemiterio.

Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a programación deste ano.

O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.

CONCLUIDA A VIAXE DO GRUPO DE ESTUDANTES FRANCESES DE INTERCAMBIO CON PORRIÑO

A comitiva de 16 estudantes franceses procedentes de Fronçac que visitaron Porriño durante unha semana concluiron hoxe sábado a súa presenza en Galicia e retornaron a mediodía por vía aérea, dende Oporto, ó seu país.
Tratábase da viaxe de devolución de visita á que fixeron previamente a Fronçac alumnos porriñeses do IES Ribeira do Louro e dos colexios “Hermanos Quiroga” e “Santo Tomás”, concretamente o ano pasado. Estas actividades desenrolanse ó abeiro do acordO de irmandamento que suscribiron o Concello de Porriño e a vila de Fronçac.
A xeito de despedida, na tardiña do venres, a comitiva de estudantes mailos profesores acompañantes e as familias que lles acolleron estes días participaron nunha recepción ofrecida polo Concello de Porriño. E como lembranza fixeron o posado que recolle a imaxe adxunta.


Orlando Márquez, concelleiro do goberno municipal foi o anfitrión debido a una indisposición da alcaldesa Eva García que disculpou a súa ausencia.
Na semana que a comitiva francesa permaneceu entre nós, coñeceron Santiago de Compostela; varias industrias do sector da pedra dos polígonos de Porriño; fixeron un treito do Camiño Portugués dende Tui e recibiron no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase escalada a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.

O CONCELLO ADQUIRE UN LOCAL NA RÚA FERNÁNDEZ LÓPEZ PARA AULA DA UNED EN PORRIÑO

O Concello de Porriño vén de adquirir esta semana un local de 260 metros cadrados na rúa Fernández López, nº 2 para radicar a aula da UNED que terá esta vila, dando cumprimento ó acordó plenario adoptado pola Corporación Municipal en maio de 2018.
A alcaldesa Eva García de la Torre firmou nunha notaría da cidade a escritura de compra-venda o pasado martes 16. O importe da operación é de 276.342 euros.
O Concello afrontou ese desembolso a través dunha operación de tesorería despois de vender varias parcelas municipais.
“A opción do aluguer dese local desestimouse pola previsible permanencia no tempo das actividades que vanse desenrolar e ademáis fronte á posibilidade de adquirir patrimonio para o Concello”, manifestou a alcaldesa de Porriño.
“A elección deste local na rúa Fernández López responde a súa ubicación estratéxica, ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca o que permite un mellor aproveitamento e sinerxias entre eles” “E tamén cumprir co mandato do acordo plenario que demandaba que fose un local no centro do casco urbán” suliñou Eva García.
Conforme ás xestions realizadas polo Concello coa dirección da UNED e cos presidentes dos Polígonos Industriais de Porriño, a futura aula comprenderá o curso de acceso a maiores de 25 anos á Universidade así como o establecemento de cursos de formación e capacitación para prácticas en empresas.
O futuro aproveitamento do local xa está deseñado polos técnicos municipais conforme o proxecto elaborado do que mostramos dúas imaxes.

A COMITIVA DE ESTUDANTES FRANCESES DE INTERCAMBIO CON PORRIÑO VISITARON HOXE EMPRESAS SENLLEIRAS DO SECTOR DA PEDRA

Esta mañán a comitiva de 16 estudantes franceses máilos profesores acompañantes visitaron as instalacions das empresas “Blokdegal” e “Granilouro” para coñecer de primeira mán a importancia do sector da pedra na economía e na industria porriñesa. Trátase doutra das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac que están entre nós dende o pasado domingo.
O mércores no horario matinal terán una actividade na sála “Ingrávida” cunha presentación de curtas rodados en Francia e de tarde recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.
O xoves realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño en compañía das familias porriñesas que lles están a dar aloxamento. E o venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

UNHA VIAXE TURISTICA A SANTIAGO ABRIU O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA OS ALUMNOS FRANCESES DO INTERCAMBIO CON FRONÇAC

A comitiva de 16 estudantes franceses máilos dous profesores acompañantes partiron hoxe en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomé para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.

A comitiva chegou onte a Porriño e recibiron un avasallo de benvida nas instalacions do Círculo Recreativo Cultural xunto coas familias porriñesas que aloxan nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga que viaxaron o ano pasado ata Francia.

O programa de actividades continuará mañan martes cunha visita ás instslacions de  “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo doalpinista Jesús Martínez Novas  O venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.