Aberto o prazo para inscribirse nas actividades que ofrece, de balde, a Biblioteca Municipal do Porriño

A Biblioteca Municipal do Porriño segue a súa programación de cursos e actividades para 2017, co obxectivo de que a mesma siga a ser un espazo de aprendizaxe, encontro e inserción social e un servizo público de importancia na sociedade actual.

Con esta finalidade, vense de abrir as inscricións para cursos e actividades de balde-con prazas limitadas- nas que teñen prioridade as persoas empadroadas no Porriño.

As mesmas son:  Club de lectura de adultos, que terá lugar luns alternos de 6 e media a 8 da tarde; Club de Lectura Infantil, para rapazas e rapaces de entre 8 e 12 anos, que será os venres alternos de 6 e a 7 e media da tarde;  Grupo de Conversa en alemán, os martes entre as 18:30 y las 19:30. Este grupo non precisa inscrición previa; Grupo de Conversa en inglés, os martes entre as 18:00 e 19:00 h. (nivel básico)  entre as 19:15 e 20:15 h. (nivel medio).

Alfabetización dixital, os mércores de 10 a 11 e media da mañá. Está pensado para adultos con coñecementos moi básico sobre o uso de ordenadores; Fotografía Dixital, para iniciarse neste mundo e mellorar a técnica: os venres 20 e 27 de outubro de 5 a 8 da tarde.

As persoas interesadas poden dirixirse á propia Biblioteca Municipal ou entrar na súa páxina web: https://bibliotecadoporrino.com/.

Festas en Carracido en honra á Virxe dos Milagros

Carracido celebra os vindeiros sábado, domingo e luns, días 2, 3 e 4 de setembro, a Festa en Honra á Virxe dos Milagros.

Durante eses días os asistentes poderán goar das actuacións de Alabama Show, Nievla, o concertó da Banda de Música Xuvenil de Torroso, os grupos Costa Blanca e Nostalgias, a Banda de Música Municipal de Redondela, ademáis de Gram Casino e Trovadores.

A programación completarase con verbenas e xogos para nenas e nenos.

Aumenta, un ano máis, o número de peregrinos que durmiron no albergue do Porriño: 3.154 ata xullo, 464 máis que en 2016

Nos primeiros sete meses deste ano durmiron no albergue do Porriño  3.154 peregrinos, 464 máis que nos mesmos meses de 2016, o que sinala un incremento do 17,2% en relación cos 2.695 que estiveran ata xullo do ano pasado.

Xullo, con 833 persoas que pasaron a noite, abril, con 664, xuño, con 658 e maio, con 656, foron os mellores meses, ata hoxe, superando en todos os casos o número de peregrinos a Compostela que pasaran hai un ano.

Estes datos, a falla dos que  faltan ata finais de ano, adiantan que en 2017 superaranse os  5.214 camiñantes que pararon no Porriño en 2016 e que xa superaran  en 386 os de 2015, o que supuxo un incremento do 8% e un feito descoñecido ata entón: un aumento dous anos seguidos no número de persoas que durmiron na vila de camiño a Santiago.

Xa no ano 2015 houbo 1.435 persoas máis que usaran o albergue que no ano anterior, un 42% máis que en 2014, cando atoparan acomodo no albergue 3.393 camiñantes. Isto sinala que en apenas dous anos o uso do mesmo aumentou en 1.821 persoas, un 53,4% máis, unha porcentaxe que, de seguir a progresión actual, podería superar o 70% a finais deste 2017.

A maioría das persoas que chegan ao albergue son españois, fundamentalmente madrileños, andaluces, vascos e cataláns; en segundo lugar, os máis numerosos son os portugueses, seguidos dos alemáns, franceses, británicos e italianos, aínda que chegan nacionais de Xapón, Australia, Estados Unidos, Corea, China, Rusia ou Canadá.

Hai que lembrar que O Porriño ocupa un lugar sobranceiro no ‘Camiño Portugués’ xa que é o final da primeira etapa do itinerario que vai de Tui e Compostela. Por iso, a vila conta, segundo subliña o propio Goberno de Galicia, cun dos albergues máis modernos do país, no Parque do Rubio, con 52 prazas en total e “unha variada oferta de servizos para peregrinos”, entre eles “conexión a Internet, zonas verdes e calefacción, lavandería, comedor ou dereito a cociña”.

As Festas en honra de San Sebastián, os vindeiros días 25, 26 e 27 de agosto, venres, sábado e domingo

A Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, coa colaboración do Concello do Porriño, organiza os días 25, venres, 26, sábado, e domingo 27 de agosto, as Festas en honra de San Sebastián.

O venres, día 25, Exposición de fotos do Porriño Antigo e, dende as 9 e media, proxección de fotos e Cine na rúa.

O sábado, 26, será o día da Gran Sardiñada-a un prezo de 2,50€ a ración, con pan e bebida- e da Festa da Espuma, a partires das 5 e media da tarde, todo amenizado polo grupo ‘Marena’.

O domingo, 27 de agosto, os actos relixiosos empezarán ao mediodía, seguirá a procesión ata a Capela do Santo, para rematar co reparto de rosca. O punto final chagará, ao son do grupo ‘Sabor’, coa tradicional Queima da Fachada e Fogos Artificiais, ás 11 e media da noite

Bases de funcionamento dos postos de venda nas Festas do Cristo da Agonía 2017

De cando se celebra

Art 1.- A FESTA DO STO CRISTO 2017 celebraráse nas datas do  22 O 25 de setembro e RECRISTO dende 30 e 1 de outubro do 2017, dende 11h ata  04 h da madrugada de venres   24  e o luns 25 dende 11h ata 03h da madrugada . O día sábado 30 de 11h ata 03,30h da madrugada e domingo 1 de outubro dende 11h ata 02h da madrugada. Fora desas datas e horario non se permitirá a apertura de ningún posto na rúa asi mesmo da música dos locais.

Art 2.- A festa extenderáse polas seguintes rúas e plazas:  rúa Ramón Gonzalez e Manuel Rodriguez, at bar Colleo con pinzas, praza Arquitecto Antonio Palacios e Barrio San Benito e San Sebantian , rúa Pio XII e Servando Ramilo e como derradeira rúa Domingo Bueno , Avelino Villasuso e rúa Ramirans. .

Art 3.- Fora do recinto establecido non se permitirá o asentamento de ningún posto na rúa nin a venda ambulante de ningún producto.

II.- DOS POSTOS DE VENDA

Art.1.- Estableceránse  catro  clases de postos de venda:

 

  1. Postos gremiais. Son aqueles postos específicamente establecidos pola organización que desenvolvemen  labores, mostras, manifestacións artesanais etc. . A súa ubicación, adxudicación, deseño, tamaño etc .., serán determinados pola organización en función das necesidades e actividades de cada cual e do sitio disponible.
  2. Postos gremiaes de venda de artículos.
  3. Postos degustación e venda de comidas. Son aqueles postos de venda de comidas e bebidas a nivel particular. A organización perservará para estes postos únicamente os emprazamentos de barrio San Benito e Barrio San Sebastian .

 

  1. Donos de establecementos privados: Son aqueles donos de establecementos como tabernas, bares , bodegas , restaurantes, negocios de venda de productos, con sede social no Porriño, que soliciten asentarse na vía pública diante do seu negocio, e ser atendidos no seu beneficio.Consistirá nun stand de tamaño variable según o espazo disponible contextualizado . ( Estos postos solo estarán autorizados no caso de que a organización non necesite ese espacio e sempre que as condicións da rúa, á criterio da organización o permita). As terrazas soamente permitense no caso daqueles propitarios que cumpran o canon de abono anual da ordenanza, non podendo ampliar dita terraza.

 

  1. Cada posto disporá da súa propia electricidade, ben mediante boletins de fenosa ou xeneradores.

 

  1. Aportarase no momento da súa inscripción foto, medidas do stand e documentación obrigatoria, asi como tipo de actividade

 

Art.2.- non se  admite a palla, este elemento  decorativo non está permitida .

Asi mesmo o uso de animales.

Art. 3.– A instalación dos postos dos barrios San Benito e San Sebastián , de degustacións, que dispoñan de cociñas, bombonas, asadores, parrillas ,brasas, deberán estar protexidos xa que poden supoñer un perigro para as persoas. A organización non se fai responsable dos danos ocasionados por este tipo de instalacións.

Os toldos soamente serán de cor brancos, granates ou negros, ou ben de teas de saco.

Art. 5.- Non se permitirá  música, fora do horario esteblecido poila lei..

Art 6.- Todos os postos deberán presentar a maior hixiene e limpeza posible.

Art 7.- No momento da procesión do Sto Cristo as terrazas e todos os obstáculos que poidan ocasionar a boa organización de dita procersión non estarán permitidos.

III.- DA SOLICITUDE DOS POSTOS DE VENDA

Art 1.-

 Prescricións : Para obter  posto de venda na festa DO STO CRISTO  hai que porse en contacto  no tf 986335000 (Concello do Porriño) onde se facilitará información xeral de dita festa en horario de luns a venres de  09h ata 14h, dende o día 03 de  AGOSTO ao 15 de SETEMBRO.

Rematado dito prazo , e unha vez aceptado o posto , informaráse o correspondente   pago de taxas previsto na Ordenanza municipal en vigor,.

Aceptacións: Unha vez  cumprimentado o pago de ditas taxas no Oral (Deputación Provincial de Pontevedra)o lugar correspondente de ocupación, o asinará a empresa organizadora de distribucións de ditos postos.

Ditos impresos e xustificacións de pago entregararánse nas dependencias do Concello do Porriño en horario de luns a venres de 09h ata 14h. dende o 15 ata o 18 de setembro incluídos.

Non se admitirá ningún posto sen o recibo xustificante de pago .

Taxas.- Ordenanza reguladora da taxa por instalación de postos, situados en terreo público , asi como industrais na rúa ambulantes estipula a cota de aplicación por posto de venda que será  de 1,32 € /m2 día .

Asinación de postos.- O día 13 de setembro asinarase o lugar exacto onde se ubicará dito posto, dita responsabilidade quedará a cargo da empresa productora asinado para elo.

Queda prohibido tasantemente o aluguer ou cesións a terceiros dos postos asinados.

 

IV.- DA MONTAXE DOS POSTOS DE VENDA

Art 1.-  Todos os postos de venda deberán estar montados entre o día xoves  21 ao venres 22 de madrugada de setembro nas festas do sto Cristo.

Art 3.- Non se poderá ampliar os postos con mesas adicionaes ou plataformas, toldos etc.  Apertura o venres  21 ás 10h da mañá.

Art 4- Durante o desenvolvemento de dita festa , quedará prohibido a entrada e saída de vehículos, nin obstáculos dentro dos recintos da festa.

V.-  DAS MERCANCIAS

Art 1.- Os productos de venda deberán ser naturaes, autoctonos feitos a man, ou elaborados na casa, de caracteristicas artesanaes, e ancestraes.

Art 2.- Queda totalmente prohibido a exposición e uso de animaes vivos.

VI.- DAS COMIDAS

Art 1.- Os postos de comidas deberán  coidar estremadamente os seus menús e o servizo, tendo en conta as seguintes  normas:

  1. Os postos de comidas  deberán estar en  lugares autorizados pola organización
  2. A louza e cubertería NUNCA será usada ninguna fonte  de auga , específicamente a fonte der San Benito nin fontes de San Sebastian
  3. Non se permitirán manteis de plásticos e servilletas soamente de pano ou papel oscuro.

 VII- DOS VENDEDORES MONTAXE E DESMONTAXE  RECRISTO

Art 1.- Unha vez rematada as festas  o día da madrugada do luns 25 de setembro, todos os postos da venda deberán estar desmontados e o seu recinto limpo. Asi mesmo nas festas do RECRISTO horarios de montaxe na madrugada do xoves 28 de setembro e desmontaxe o domingo dia 1 de outubro de madrugada. As barras dos establecementos non teñen que ser desmontados durante a celebración das festas.

Art 2.- A organización  a través da empresa organizadora así como a Policía local e protección civil do Porriño velará polo estricto e riguroso cumplimento das presentes bases

No Porriño  02 de agosto  do 2017

Alcalde acctal

  1. Manuel Carrera Punzon

Ducias de persoas renden homenaxe a 9 veciños do Porriño asasinados polo exército golpista de Franco en 1936

O lugar da ‘Volta da Moura’, foi o escenario, este domingo día 6 de agosto, da homenaxe  a 9 veciños do Porriño que foron asasinados polo Exército franquista días despois do golpe de Estado de xullo de 1936.

Os voceiros do Grupo Municipal socialista no Concello do Porriño, Soledad Girón, do BNG, Pedro Pereira, e de EU-SON, Pedro Ocampo, ademaís do concelleiro Orlando Mázquez, estiveron presentes no acto ao que acudiron ducias de persoas, entre elas familiares dos represaliados, veciños, amigos e os alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e de Salceda, Marcos Besada.

Un monumento, obra do artista Marcos Escudero, lembra para sempre a Víctor Valverde Mayo, oficial primeiro do Concello do Porriño, Domingos Carpintero, Juan Grova, Marcelino Rey e Demetrio Pérez Mayo, gardas municipais, Adolfo Pérez Mayo, Juan Carpintero e Daniel Pérez Sebes, vixiantes de arbitrios, e Luciano Baladrón, porteiro, todos eles axustizados logo de ser sacados pola forza das súas casas e levados ata a ‘Volta da Moura’ en dúas quendas.

Os seus nomes están a carón da Oliveira na que cada 14 de abril, Día da República, por iniciativa da ‘Asociación Levada Libre’, de Tui, faise unha homenaxe ás persoas que asasinadas polos golpistas hai xa 81 anos.

Xunto aos nomes destes nove veciños do Porriño, noutra das caras do monumento, están esculpidos os das súas mulleres e compañeiras, Asunción, Carmiña, Emilia, Manuela, Carmen, Consolación de la Asunción e Elvira, que como se indicará na mesma pedra, “a pesar da dor infinda, preservaron con orgullo e dignidade todo o lume que portaban os seus ollos e agromara e florecera”.