O Concello adopta medidas preventivas polo coronavirus: pechanse instalacións deportivas e culturais e establecense medidas na atención ao público

O Concello do Porriño comunica que a partir do venres 13 pecharánse as instalacións deportivas e culturais de titularidade municipal dacordo coas recomendacións das administracions autonómica e central para previr a expansión do coronavirus.

De tal xeito que pecharan os dous pavillóns do Polideportivo Municipal así como a Piscina Municipal, outras instalacións deportivas e e os diversos campos de futbol que dependen do Concello (Atios, Torneiros, Mosende, Budiño, Pontellas e Chenlo). Asimesmo pecharan o Centro Cultural Municipal, a Biblioteca e o Centro Cívico.

Por outra banda acordouse suspender o mercadillo ambulante dos martes ata o 31 de marzo inclusive.

Esta tarde o alcalde accidental, Pedro Pereira convocou aos grupos municipais a unha reunión para avaliar a posible adopción doutras medidas preventivas a implementar en instalacións de titularidade municipal, en consoancia coas recomendacións que a Xunta de Galicia e o Goberno Central adopten e comuniquen nas vindeiras horas.

Por outra banda, despois de reunirse este mediodía o Comité de Seguridade e Saúde do Concello do Porriño coa concelleira de Persoal, Lourdes Moure acordouse adoptar unha serie de medidas preventivas entre o persoal municipal, especialmente nos servizos de atención ao público. Entre elas, a colocación de dispensadores de solución hidroalcólica en todos os centros de traballo, priorizando as instalacións de atención abertas ao público. Asimesmo acordouse colocar guías explicativas para a correcta hixiene nos centros de traballo do Concello e reforzar a limpeza das instalacións de dependencia municipal.

A Alcaldía promulgou hoxe un bando no que avisa á veciñanza da necesidade de reducir a atención ao público nos servizos e edificios municipais.

O bando indica que “priorizarase a atención telefónica e telemática, evitando na medida do posible achegarse ós edificios municipais”.

Por outra banda, mañá venres haberá unha reunión con responsables e xefes dos diversos departamentos municipais para determinar e facilitar o teletraballo dos funcionarios naqueles servizos onde sexa posible.

Cancelada a charla do ciclo “Bibliosaúde” prevista para mañá por decisión do conferenciante ante o coronavirus

A Concellería de Cultura informa da cancelación da charla do ciclo “Bibliosaúde” prevista para mañá xoves día 12, na Biblioteca Municipal do Porriño, por decisión do conferenciante.

Segundo a información recibida hoxe pola Biblioteca Municipal do Porriño, a axencia que leva ao conferenciante anuncíado que é Iñaki Pastor solicitou que a charla fose adiada ante o avance do coronavirus e as recomendacións preventivas que se están a realizar en todo o Estado.

Iñaki Pastor é fisoterapeuta experto en pediatría e dirixe o Instituto de Terapias Integrativas de Zaragoza.
Polo momento ainda non está decidida unha nova data para a celebrarción da charla “Guía práctica para acompañar ao teu bebé no seu desenvolvemento”.

A Escola Municipal de Música do Porriño imparte “Masterclass” para bandas

Por primeira vez na súa andaina, a Escola Municipal de Música do Porriño celebrará tres “Masterclass” que impartirá Juan Carlos Díaz, mestre musical de gran experiencia e director de recoñecido prestixio.

As tres “Masterclass” terán lugar os mércores 11, 18 e 25 do presente mes de marzo, en horario vespetino, entre as 18 e 20 horas, no local da Escola Municipal de Música.
O traballo que se realizará durante estas “Masterclass” presentara no programa que tocará a Banda da Escola Municipal no VIII Festival de Bandas de Música que se celebrará o sábado 28 de marzo, na praza do Concello, a partir das 19,30 horas.

Con esta iniciativa a Escola Municipal de Música pretende espertar o interese pola música e os instrumentos de banda, entre os nenos e nenas do Porriño.

A XXII edición da feira “Merca na Rúa” que se celebrará na fin de semana, contará con 31 stands

Sergio Casal, concelleiro de Comercio invitou á veciñanza porriñesa e doutros concellos da contorna a acudir á XXII edición da feira de oportunidades “Merca na Rúa” que se vai celebrar na vindeira fin de semana. “Haberá unos prezos tan baratos que case que habería que darlle propina aos comerciantes”, indicou o edil.

Na zona peonil instalaranse 31 stands de 23 establecementos porriñeses que participan neste certame que organiza a Asociación “ACIPOR”. O sábado en horario de 10 da mañán a 9 da noite; e o domingo de 11 da mañaán a 8 da tarde.
“Haberá unha grande oferta de descontos en artículos de confección, calzado, óptica, complementos, regalos e outros que estarán representados” indicou Noelia Conde, xerente de “ACIPOR”. Ademais mentres os maiores realizan as súas compras, haberá unha zona de xogos, ocio e animación infantil.

A directiva da asociación local de comerciantes agradeceu “a implicación, un ano máis, do Concello do Porriño e particularmente a colaboración das Concellerías de Comercio e de Cultura e Festexos, para que este evento sexa posible como ven acontecendo dende 2009”, manifestou Noelia Conde.

Nova quenda das Xornadas Gastronómicas do Entroido

Esta tarde haberá unha nova quenda das Xornadas Gastronómicas do Entroido do Porriño nas que participan 20 establecementos de hostalaría da vila.
Ata o 14 de marzo, cada venres e sábado, a partir das 19 horas, os bares e cafeterías participantes ofrecerán un pincho polo prezo de 1 € con elaboracións propias do Entroido.

Nas Xornadas participan os establecementos:
“Tapería La de Evi”, “Saspi”, “Paso a Nivel”, “Argentino 2”, “Adéle”, “Segredos”, “Millenium 33”, “Cólleo con pinzas”, “La de Chato”, “A Francachela”, “El Patio”, “Pantera Rosa”, “Maloserá”, “Sol”, “Adega de Montero”, “Maracaibo”, “Mesón Mondariz”, “La Cueva” y “Cafetería O Porriño”.

Entroido 2020: Os actos do Mércores de Cinza rematarán cun espectáculo de pirotecnia fría

O entroido do Porriño rematará este serán con actos do Mércores de Cinza que xiran en torno ó Velorio e Enterro da Sardiña.

O Velorio coemzará ás 17 horas na praza Arquitecto Antonio Palacios. Posteriormente, dende as 19 horas coa compañía “Troula Animación” que trae o espectáculo pasarrúas “Errantes” terá lugar o cortexo fúnebre que contará ademais coa participación das comparsas inscritas este ano.

O percorrido será polas rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, San Sebastián, Manuel Rodriguez, Ramón Gónzalez e remate na praza do Concello.

A continuación seguirá a lectura do testamento e despois o acompañamento da Sardiña ata o río Louro, na Ponte do Valo onde terá lugar a incineración.

O acto concluirá cun espectáculo de pirotecnia fría. Tratase dun formato que non implica nin ruido nin outras emisións conforme o acordo que adoptou o Goberno Municipal do Porriño e ratificou o pleno da Corporación Local no pasado mes de xaneiro.

A proposta da Concelleira de Festexos, Cami Moreira nas festas que organiza o Concello do Porriño empregarase exclusivamente pirotecnia fría ou insonora a fin de eliminar a contaminación acústica por espectáculos de lucería e fogos artificiais.
Deste xeito, O Porriño é o primeiro concello da área metropolitana de Vigo que establece semellante veto.

Enterro da Sardiña. Espectáculo “Errantes”

Programación do Martes de Entroido: mantense os actos previstos

A Concellería de Cultura e Festexos informa que, de momento, mantense a programación prevista para hoxe, Martes de Entroido, á vista das previsións meteorolóxicas que sinalan que a partir de mediodía, deixará de chover.

De xeito que, a partir das 16,30 horas, comezará na praza Arquitecto Antonio Palacios, unha nova quenda do Obradoiro de Máscaras para nenos e nenas maiores de 5 anos., a cargo do grupo Tanxarina.
Engadimos unha galería de imaxes de onte.

Ademais, a partir das 18 horas, haberá animación de rúa coas Charanga do Dr. Anchoa, Charanga Noroeste e Xigantes e Cabezudos.

E dende as 18,30 horas, terá lugar o Desfile de Comparsas, coas dezaseis agrupacións que participan este ano, en percorrido dende o barrio de San Sebastián ata a praza Arquitecto Antonio Palacios.

Obradoiros de máscaras para a infancia

 
A Concellería de Cultura e Festextos lembra que tanto hoxe luns como mañá martes haberá obradoiros de máscaras para a infancia.
Unha actividad incluída na programación do Entroido do Porriño 20202.
Os obradoiros están a cargo do grupo Tanxarina, para nenos e nenas a partir de 5 anos.
En horario de 16,30 a 18,30 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
No caso de mañá martes, a actividade quedará supeditada ás condicións meteorolóxicas xa que hai previsión de choiva.
 

Os Xogadores da Ola deron a benvida ó Entroido

Os Xogadores da Ola foron os encargados de dar a benvida ó Entroido do Porriño como pregoeiros. Un recoñecemento a súa contribución á animación das rúas nestas datas. 

Fixeron o pregón en verso e animaron a toda a veciñanza a participar do Entroido. E logo protagonizaron o tradicional Xogo que se celebra dende hai 77 anos.

Deixamos algunhas imaxes do pregón e do Xogo da Ola.