Programación cultural agosto 2019: HOXE, NOITE DE BOLEROS

Este venres 30, rematará a programación cultural de agosto de 2019 do Concello de Porriño cunha noite de música latinoamericana.
A partires das 22 horas, no escenario habilitado na praza do Concello, actuará o conxunto “SonBoleros” .
É un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión que renden homenaxe ás mellores cancións da música latina.
No seu repertorio incluen boleros, tangos e sones.
Os catro músicos que compoñen o cuarteto son: Tony Gónzalez (percusión), Pachi Cruz (contrabaixo): Ely Morales (voz) e Cristian Leggiero (piano e dirección).

Programación cultural de agosto: representación de “A illa sen tesouro”

No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. 
Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra “A illa sen tesouro”.
A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.

A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha empalizada. Os tres actores e a actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.

O concelleiro David Alonso anuncia as actuacións de “Efecto Pasillo” e “Dakíadarría” e animación musical itinerante entre outras novidades para as Festas do Cristo

David Alonso ultima diversas novidades para as Festas do Cristo que acollerán concertos,  actuacións musicais itinerantes polos barrios e un autobús descapotable cunha banda de música que irá tocando e animando por todas as parroquias do termo municipal.

O concelleiro informou que xa ten pechados dous  concertos: o venres 20 co grupo “Dakidarría”, unha banda de ska punk fundada en Nigrán en 2003 e o sábado 21, co grupo canario “Efecto Pasillo” que entre outros cantan o coñecidísimo tema “Cuando me siento bien”.

Por outra banda para incrementar a animación nas prazas e rúas da cidade está a preparar unha serie de actuacións musicais itinerantes con grupos de folk, blues, jazz e charangas que tocarán polos barrios do casco urbán de Porriño. E para a animación nas parroquias, o concelleiro pechou a contratación da Banda de Música de Arcade que irá tocando a bordo dun autobús descapotable por todas as parroquias do termo municipal. Tanto a música itinerante como a banda en autobús serán o 29 de setembro, coincidido cos Callos e co Raly Mix “Concello do Porriño” que é outra das novidades deste ano xa comentada.

En canto as verbenas, o concelleiro quere recuperar que actúen en sitios emblemáticos da vila como a rúa Antonio Palacios e a Praza Central. Entre as orquestas xa contratadas figuran “La Fórmula”, “América” e “Charleston”.

Preparativos da XXVI edición da Festa dos Callos: A RACIÓN DE CALLOS TERÁ PREZO UNIFICADO A 5 EUROS

Trinta e cinco establecementos de hostelería de Porriño participarán na XXVI edición da Festa dos Callos. O certame gastronómico que organizan Concello de Porriño e a asociación empresarial Acipor terá lugar o 29 de setembro durante as festas patronais e constitue un dos principais reclamos para milleiros de visitantes que acuden nesas datas a Porriño.

Unha das novidades deste ano será o prezo da ración que unificase a 5 euros por acordo dos organizadores e dos establecementos de hostelería que mantiveron onte unha reunión preparatoria. Outro dos acordos foi a elección do cartel anunciador da Festa que será presentado o martes 24 de setembro nun acto a celebrarse na praza do Concello cunha degustación de callos para os asistentes.

O Concello colabora coas Festas da Virxe da Guía en Atios

O Concello de Porriño colabora cunha importante achega económica na celebración das Festas da Virxe da Guía en Atios que arrancaron o pasado sábado e rematarán o xoves.
A cooperación do Concello traducese na aportación de palcos, contenedores, vallas, banda de música e labouras previas de desbroce que realizaron as Concellerías de Festas e Limpeza. 
Unha representacióm do goberno municipal asistirá o 15 de agosto ós actos centrais da festividade. 
Este ano a comisión organizadora deu a campana coa contratación do dúo “Camela” que actuarán a partires das 22 horas.

A segunda sesión de “Cinema na rúa con flocos de millo” será na praza do Concello

A segunda sesión de “Cinema na rúa con flocos de millo” será mañá mércores, a partires das dez da noite, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Será ó aire libre agás que mudase a previsión meteorolóxica. Nese caso – como xa ocorrera hai unha semana- pasaríase ó Centro Cultural Municipal.

A película que se proxectará nesta segunda sesión de “Cinema na rúa” será “Los Increíbles II”. Esta cinta é producto da colaboración entre “Píxar Studios” e “Walt Disney Pictures”. Trátase da segunda entrega das aventuras da familia de superheroes á que se engade o bebé “Jack-Jack” tamén dotado de super poderes que descubrirán os espectadores que acudan á praza do Concello.

Lembramos que a entrada é gratuita e que tamén serán de balde os flocos de millo (palomitas) que se repartirán entre o público asistente. 
“Cinema na rúa con flocos de millo” é unha das actividades financiadas polo Concello do Porriño co gallo da programación cultural de agosto 2019.

Definitivo: “A Noite de Humor” pasase ó Centro Cultural Municipal

O departamento de Cultura de Porriño confirma que o espectáculo “Noite de Humor”, previsto para esta noite, pasase ó Centro Cultural Municipal á vista da situación meteorolóxica e a previsión para as próximas horas.
Será a partires das dez da noite con entrada libre e de balde ata completar aforo. Tratase doutro evento integrado na programación cultural de agosto do Concello de Porriño.

Os protagonistas desta Noite de Humor serán dous coñecidísimos actores galegos que además son dous excelentes monologuistas: Avelino Gónzalez e Isabel Risco.
Avelino, actor que ten encarnado moitos papeis pero especilamente lembrado polo de “Miñato” na serie televisiva “Padre Casares”, presentará “Contos de contrabando”, unha serie de historias onde a realidade supera a ficción.
E Isabel Risco, unha das mellores cómicas de Galicia con numerosos papeis destacados en programas da TVG como “Land Rober”, “Era visto” ou “Tourilandia”, trae a Porriño o seu show “Nabiza Girl”, unha sorte de heroína do rural galego.

Concello de Porriño e Acipor lembran que o prazo de inscripción dos locais de hostelería para a Festa dos Callos remata mañá xoves 8

Concello de Porriño e a asociación patronal ACIPOR lembran ós propietarios de locais de hostelería da vila que mañá xoves 8, rematará o prazo de inscripción para participar na XXVI edición da Festa dos Callos. O trámite realizase a través do correo electrónico acipor@acipor.com 
“A non inscripción presupon que non se participará” aclara a circular que ACIPOR e o Concello de Porriño fixeron chegar os establecementos de hostelería hai semanas. 
Por outra banda lembrase que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar ás 18 horas no Concello, unha reunión preparatoria da Festa dos Callos. 
Na mesma elexirase o cartel anunciador desta edición e serán nomeados os locais que se farán cargo da presentación da Festa o día 24 de setembro.

CONFIRMADO: TRASLADASE A PRIMEIRA SESIÓN DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO Ó CENTRO CULTURAL MUNICIPAL

Á vista da situación meteorolóxica e da previsión para esta noite, o Concello de Porriño comunica que a primeira sesión de “Cinema na rúa con millos de floco” (palomitas) trasladase ó Centro Cultural Municipal.
Comezará á mesma hora, a partires das dez da noite con entrada de balde, ata completar aforo.
A primeira película será “Megalodón”, protagonizada por Jason Statham.
O cinema na rúa é unha oferta cultural gratuita que promove o departamento de Cultura do Concello de Porriño. E os flocos de millo tamén distribuiranse de balde entre o público asistente.

Porriño celebrará un Rally Mix durante as Festas do Cristo que patrocinará o Concello

O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do “I Rally Mix Concello de Porriño” que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado “Recristo” e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.

A organización do evento correrá a cargo da “Escudería Surco” de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro. 

Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu Lourdes Moure, alcaldesa accidental na que participaron Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación. 

O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.