A Concellería de Cultura presenta o documento sonoro “A memoria recuperada: a guerra e a fame”

 

Este sábado 11, ás 19:00 horas, terá lugar no Centro Cultural Municipal, a presentación do documento sonoro “A memoria recuperada: a guerra e a fame”, unha recollida de testemuñas da nosa memoria histórica.

Trátase doutra actividade impulsada pola concelleira de Cultura, Cami Moreira, continuando co compromiso de recuperación da memoria histórica que se iniciara en abril de 2021 co recoñecemento público das nosas veciñas e veciños da súa afouteza na defensa dos valores democráticos.

Máis información na páxina web de Cultura Porriño, na seguinte ligazón

Presentación do documento sonoro: “A memoria recuperada: a guerra e a fame”

O edificio consistorial, alumeado en rosa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama

O 19 de outubro celébrase o Día Mundial contra o Cancro de Mama. Por este motivo, este martes, á noitiña, o edificio do Concello do Porriño ten unha iluminación especial en rosa claro, tanto na fachada principal como na lateral.

A OMIX do Porriño xunto coas Concellerías de Educación, e de Cultura e Igualdade, e o Consello Municipal de Infancia e Adolescencia animan a toda a poboación porriñesa a compartir nas redes sociais, a campaña para motivar ás mulleres a realizar autodiagnóstico co cancelo #DiaInternacionaldelCancerdeMama.

O 19 de outubro é unha data que busca sensibilizar e concienciar as persoas de todo o mundo sobre a importancia de realizar un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía. Tamén se pretende facer un recordatorio do compromiso da sociedade contra o cancro de mama.

É recomendable que as mulleres fagan os controis necesarios previstos pola sanidade de cada país, así como manter unha alimentación sa e equilibrada, ademais de facer exercicio físico. Todos estes son factores que reducen considerablemente o risco de padecer este tipo de cancro e, en xeral, calquera cancro.

O Concello terá unha iluminación especial en catro datas inminentes de conmemoracións

O edificio do Concello terá unha iluminación especial en catro datas conmemorativas nas próximas semanas. A OMIX do Porriño, xunto coa Concellería de Educación e a de Igualdade e Cultura, anunciaron estas accións reivindicativas para estas catro datas: o 19 de outubro, Día Mundial contra o cancro de mama; 24 de outubro, Día Internacional contra o Cambio Climático; o 20 de novembro, Día Universal da Infancia, e o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A primeira destas accións celebrarase o vindeiro martes 19, cando tanto a fachada principal como o lateral do edificio do concello estarán iluminados de cor rosa claro con motivo do Día Mundial contra o cancro de mama, unha data que busca sensibilizar e concienciar as persoas de todo o mundo sobre a importancia de realizar un exame de mamas regularmente, coa finalidade de detectar calquera signo ou anomalía. Tamén se pretende facer un recordatorio do compromiso da sociedade contra o cancro de mama.

Desde a OMIX de Porriño, a Concellería de Educación e o Consello da Infancia e a Adolescencia do noso concello, “animámosvos a que compartades todo o que descubrades sobre o cancro de mama nas vosas redes sociais e a que motivedes ás mulleres para realizaren o auto diagnóstico co cancelo #DíaInternacionaldelCáncerdeMama.

 

A final do concurso “Trivium Porriño” vai ao Pavillón do CEIP “Fernández López” pola previsión meteorolóxica

A Concellería de Festexos comunicou que, tendo en conta as previsións meteorolóxicas adversas para este sábado día 2, a final do Concurso “Trivium Porriño” trasladarase ao pavillón escolar “Fernández López”.
Pode asistir público, aínda que haberá aforo limitado
A final xogarase entre as 18:00 e as 20:30 horas coas catro parellas que vemos nas imaxes adxuntas, que obtiveron a súa clasificación nas quendas anteriores.
Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira.
“Trivium Porriño”é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento. 

Trátase dunha nova proposta de lecer durante as Festas do Cristo que fai a Concellería que dirixe Cami Moreira, organizada pola OMIX do Porriño e coa colaboración da produtora “Especialistas Hípica Celta”.

 

A alcaldesa convida a vir ao Porriño para gozar dos callos e do pan

A alcaldesa Eva García fixo un chamamento aos veciños e veciñas da área metropolitana de Vigo para que acudan o vindeiro domingo, 3 de outubro, a participar e gozar da Festa dos Callos en Porriño, que porá o broche final ás Festas do Cristo.

A Festa dos Callos, que chegará á súa 28a edición, está organizada pola asociación local de comerciantes (Acipor) e a asociación de hostaleiros (Ahospor).

Un evento gastronómico que combina dous produtos icónicos do Porriño: callos e pan, segundo argumentou a alcaldesa.

 

Este ano participarán 35 establecementos de hostalería da vila, o que en opinión do presidente de “Ahospor” mostra unha recuperación do sector “co que a pandemia non foi capaz”, dixo José Manuel Fernández.

Pola súa banda, Noelia Conde, xerente da asociación de comerciantes, agradeceu ao Concello do Porriño a súa colaboración e apoio e apelou a “celebrar estes eventos para recuperar a normalidade”.

Mentres que o concelleiro de Comercio, Sergio Casal destacou que o prezo da ración de callos, con pan e cazola incluídos, será de 7 euros, o que “é un prezo moi simbólico e barato polo que dan e polo traballo que lles dá”.

 

Na seguinte ligazón aparece a relación de establecementos participantes e outros datos de interese

Festa dos callos. XXVIII Edición

Festas do Cristo 2021: rematou a clasificación de parellas para a final do xogo “Trivium Porriño”


A parella formada por Silvia Fuentes e Angel Portela foi a cuarta e, polo tanto, a última en clasificarse para a final do xogo “Trivium Porriño”
As catro parellas clasificadas, que vemos nas imaxes adxuntas, son as que competirán na gran final que se celebrará o vindeiro sábado 2 de outubro.
Os gañadores acadarán un premio de 300 € para consumir no comercio e na hostalería locais. 200 € para segunda clasificada e 100 € para a terceira.
“Trivium Porriño”é un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

Festas do Cristo 2021: cambio de localización do concerto das “Tanxugueiras”

 

A Concellería de Cultura e Festexos informa que, debido á mala previsión meteorolóxica desta fin de semana, se traslada o concerto das Tanxugueiras previsto para o domingo 26 de setembro ás 21 horas.

A nova localización será o Pavillón Municipal do Porriño. A partir das 19.30 horas abriranse as portas do pavillón con control de capacidade.

Esta actuación pertence ao Programa Musigal 2020/2021 da Deputación de Pontevedra.

Festas do Cristo 2021: cambios de localización para varios eventos por previsión meteorolóxica adversa

A Concellería de Festexos comunica que hai varios cambios de localización para diversos eventos das Festas do Cristo, debido ás previsións de mal tempo para hoxe e mañá.
 
Indicamos algúns:
 
-as eliminatorias do concurso “Trivium Porriño”: tanto hoxe, venres 24 como mañá, sábado 25, trasládanse ao pavillón escolar “Fernández López”, á mesma hora (de 18 a 20.30 horas).
 
– Aprazamento do concerto “Classic Mitic” que non se celebrará esta noite. En breve comunicarase unha nova data.
 
Pregón das Festas: trasládase á carpa da explanada “Roxy”. Sábado 25, ás 13.00 horas.
 
Concerto da Banda de Música Popular de Tui. Será na carpa da explanada “Roxy”, despois do pregón. Arredor das 13:30 horas.
 
VII Festival “Montando Cristo”. Definitvamente aprazouse. Próximamente comunicarase nova data.
 
Hai outros cambios na localización dos eventos previstos para o domingo 26 que se poden consultar e actualizaranse na páxina web de Cultura.
Deixamos enlace.
 

Festas do Cristo 2021: Cambio de localización das próximas dúas eliminatorias do xogo “Trivium Porriño”

A Concellería de Festexos informa que, debido á previsión meteorolóxica, decidiu cambiar o lugar onde se celebrarán as dúas próximas quendas de clasificación do xogo “Trivium Porriño”, previstas para o venres 24 e o sábado 25. Terán lugar no pavillón  do colexio “Fernández López” onde se instalará o escenario para o desenvolvemento das dúas probas. Haberá público con aforo limitado.

Mantense a hora prevista, a partir das 18.00 horas, os dous días.

As dúas primeiras quendas celebraronse a fin de semana pasada no Parque do Cristo.

“Trivium Porriño” é  un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do escenario do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo 2021.

“Trivium Porriño”: clasificadas as dúas primeiras parellas para a final do 2 de outubro

Esta fin de semana clasificáronse as dúas primeiras parellas nas probas de eliminación para acceder á final do concurso TRIVIUM PORRIÑO que terá lugar o sábado 2 de outubro

Nas dúas eliminatorias celebradas sábado e domingo participaron oito parellas que xogaron no escenario habilitado no parque do Cristo. Na quenda matinal, as gañadoras foron Paula e María. Na quenda de tarde, os gañadores foron Alejandro e David.

Os vindeiros días 24 e 25 celebraranse as dúas seguintes quendas coa participación doutras oito parellas inscritas neste certame que outorgará premios para consumir no comercio e na hostalería locais. 300 € para a parella gañadora; 200 € para segunda e 100 € para a terceira.

“Trivium Porriño”é  un xogo similar ao “Trivial” pero personalizado na nosa vila para por a proba o grao de coñecemento que os participantes teñen sobre Porriño. Preparáronse 1.500 preguntas sobre O Porriño relativas á historia, xeografía, ciencia e natureza, arte e literatura, deportes e entretemento.

“A infografía do xogo vai centrada no Pan do Porriño e na súa receita como referencia á nova meta acadada coa concesión da Marca Protexida  Pan do Porriño”, segundo sinalou Cami Moreira, concelleira responsable.

Organizan a Concellería de Festexos e a OMIX do Concello de Porriño, coa produción de “Especialistas Hípica Celta”. Trátase dunha nova proposta de lecer que se desenvolve na programación das Festas do Cristo.