Aberta a inscripción para a VI edición do Triatlón Concello de Porriño

O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes e coa colaboración do Concello de Tui, pon en marcha a vindeira edición do Triatlón Concello de Porriño que terá lugar, dentro de dous meses, o sábado 8 de xuño.
Trátase da sexta edición da proba posto que en 2018 non chegou a celebrarse polo terrible suceso de Paramos, en Tui. A organización decidiu suspender ó atoparse Tui de loito oficial e máxime sendo este concello o punto de partida da Triatlón coa proba de natación no río Miño.
Polo tanto doce meses despois o Triatlón Concello de Porriño retorna coas forzas renovadas. A organización está cos preparativos da proba que será oficialmente presentada o 24 de maio, nun formato novedoso.
O prazo de inscripción xa está aberto. Podese consultar e tramitar a través da páxina web triatlonconcellodoporrino.com que dispón dun enlace para o formulario de inscripción on line coa Federación Galega de Triatlón (FEGATRI).

A alcaldesa de Porriño insta por carta á conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a crear unha mesa de traballo para retomar o plan de descontaminación do lindano

Eva García de la Torre enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para retomar o plan de descontaminación do lindano. A carta tivo data de entrada na Consellería o pasado 28 de marzo e ainda non houbo resposta.
A alcaldesa expón na súa misiva as recentes novas sobre novos achados que presuntamente corresponderían a lindano na zona de Torneiros e lembralle á conselleira que “trátase dunha actuación que ven demandando o Concello de Porriño dende que en 2017 apareceron verquidos de lindano nas obras de saneamento que realizabamos na citada parroquia”. Finalmente Eva García engade na súa carta á conselleira que “entendemos dende o Concello de Porriño que nos corresponde a ambalas dúas administracions actuar en consecuencia de xeito coordinado”.

A alcaldesa inspeccionou as obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal

Eva García, acompañada de técnicos municipais, inspeccionou esta mañán o desenrolo das obras de renovación do sistema de climatización da piscina municipal.


A alcaldesa de Porriño comprobou os traballos que realizan os operarios da empresa adxudicataria. Retiranse a vellas e oxidadas canalizacions e sustituense por outras novas, axeitadas á regulación sanitaria exisible para piscinas. A renovación das tuberías e maquinaria para a climatización da piscina municipal ten un orzamento de algo máis de 94.000 euros.
Tratase dunha vella demanda dos usuarios desta instalación deportiva. Un proxecto que vén de 2016 pero que finalmente estase a executar dende hai un mes.
O Concello de Porriño roga ós usuarios desta instalación disculpas polas molestias ocasionadas.

250 escolares de Porriño participaron este ano no curso de Seguridade Vial impartido pola Policía Local

250 escolares de colexios de Porriño participaron no curso de Seguridade Vial que imparte cada ano a Policía Local cuia parte práctica vén de concluir en marzo. Interviron alumnas e alumnos de Sexto de Primaria dos centros educativos de Atios, Cruz Budiño, Santo Tomás, Xosé Fernández López, Antonio Palacios, Ribeira y Hermanos Quiroga.
A actividade dividiuse en dúas partes. A teórica fora impartida en outubro a través de coloquios cos axentes para que os nenos coñeceran a educación vial. Os alumnos expoñían as súas dúbidas sobre situacions de seguridade e debatían cos axentes para clarexar as súas inquedanzas.
Despois na parte práctica, celebrada ó longo de marzo, os alumnos desenrolaron nun circuito preparado e con vehículos diversos axeitados ás súas idades, simulacions de tráfico para aplicar o aprendido nas clases teóricas.

Esta noite conclue a campaña de doazón de sangue en Porriño

A unidade móvil da Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, conclue esta noite a campaña de doazóns de sangue que ó longo de tres días desenrolou entre os porriñeses.
Dende o mércores a unidade móvil para recollida de doazons de sangue ubicouse na rúa Domingo Bueno, diante da cafetería “Skala”, en horario de tarde, entre as 16 h ás 21 h.
A Axencia Galega de Sangue ven realizando estas campañas de cotío. A actual desenrolase baxio o lema “Súmate ó noso equipo”.
Diariamente necesitanse 500 doazons de sangue en Galicia para axudar a centos de enfermos e salvar moitas vidas.

O Concello acometerá medio cento de obras de saneamento, asfaltado, equipamentos escolares e deportivos por un millón de euros no que resta de mandato

O goberno municipal de Porriño ven de establecer unha folla de ruta en materia de obras que se acometerán ó longo das vindeiras semanas para melloras de saneamento, asfaltado asi como equipamentos escolares e deportivos que importarán 1 millón de euros e beneficiarán principalmente a todalas parroquias do concello.

A maior cuantía de ese orzamento procede dos 715.000 € que Deputación Provincial otorgaba dentro do “Plan Concellos” cuia asignación revisouse. “No lugar de investir esa dotación en dous megaproyectos,  preferimos acometer perto de 50 actuacions en unha diversidade de actuacions que mellorarán a moitísimos veciños que agardan por conectar as suas vivendas á rede de saneamento, polo arranxo de camiños, pola mellora de colexios como en Atios ou pola ampliación do Pabellón Municipal, por exemplo”, sinalou Eva García, alcaldesa de Porriño. A primeira autoridade municipal mantivo a principios de semana unha reunión en Deputación na que se acordou o reenfoque do destino desa partida orzamentaria.

De xeito que tras unha reunión do equipo de goberno cos técnicos municipais acordouse destinar 370.000 euros a 10 obras de saneamento que permitirán que 150 vivendas en diferentes parroquias se enganchen á rede. Asimesmo se consignan 100.000 euros para asfaltados e repavimentados nas sete parroquias e 166.000 euros en obras varias.

Tamén 60.000 euros para melloras en centros de ensino  “coma o CEIP “Fernández López” a fin de retirar o falso teito e o arranxo dos baños que non fixera a Consellería de Educación a pesar de terse reiterado a correspondente petición ou para acometer as obras nos vestiarios do CEIP de Atios, compromiso non ejecutado polo anterior responsable político desa materia”, declarou Lourdes Moure, concelleira de Fazenda e Educación. Por último tamén se investirán 260.000 euros en actuacions deportivas entre as que destaca a reparación de gradas e ampliación do aforo do Pavillón Municipal con 300 prazas mais para chegar a meter 2.000 espectadores.

CLAUSURA DO OBRADOIRO DE EMPREGO PORRIÑO SOCIAL

Dezaseis porriñeses menores de 30 anos concluirán mañan mércores a súa formación no Obradoiro de Emprego “Porriño Social” que se impartiu nos derradeiros seis meses no centro multiusos de Torneiros. Os participantes formaronse en atención sociosanitaria: oito de eles para prestar atención en institucions como centros de día; os outros oito para atención a domicilio.
Este obradoiro de formación para personas desempregadas menores de 30 anos, é unha iniciativa participada polo Concello de Porriño e pola Xunta de Galicia. Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño presidirá o acto de entrega de diplomas xunto cos representantes da Xunta de Galicia.
“Este ano cumpre suliñar que rachouse coa tónica de que a meirande parte dos participantes fosen mulleres e tamén houbo homes. Semella un bo sinal” valorou Soledad Girón, concelleira de Servizos Sociais do goberno municipal porriñés.
No acto de conclusión do obradoiro, que se celebrará mañan mércores 27, ás 10 horas no salón de plenos do Concello, os participantes recibirán un diploma certificado de profesionalidade con válidez estatal.

Apelan á solidariedade dos porriñeses: “Doa sangue, súmate ó noso equipo”

A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) que integrou ó Centro de Transfusións de Galicia, apela á solidariedade dos porriñeses. Unha unidade móvil para recollida de doazons de sangue ubicaráse esta semana, durante tres días, a partir do mércores 27 e ata o venres 29 inclusive, na rúa Domingo Bueno, diante da cafetería “Skala”, en horario de tarde, entre as 16 h ás 21 h.

Diariamente necesitanse 500 doazons de sangue en Galicia para axudar a centos de enfermos e salvar moitas vidas.

A OMIX do Concello do Porriño inicia as actividades do programa “Corto e Cambio”

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Porriño anuncia o desenrolo a partir de esta última semana de marzo do programa “Corto e Cambio” dirixido a prevención do consumo de alcohol, drogas e tabaco entre adolescentes. Inscribironse máis de 150 mozos e mozas porriñeses para elaborar audiovisuais para sensibilizar á mocidade. A campaña focalizarase entre o alumnado nos dous Institutos de Secundaria do Concello.
A campaña pretende previr mediante a sensibilización sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias. Os alumnos participantes contarán co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
“O traballo basearase na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares, de xeito que lles sexa mais doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axuden aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”, según apunta Noelia de la Fuente, responsable de la OMIX.
As sesións de traballo durarán ata finais do mes de maio, que será cando se presenten as pezas audiovisuais elaboradas por cada un dos grupos, nun acto organizado polo concello coincidindo co festival de Cans.

22 de marzo: Día Mundial da Auga

O venres 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga. Con este motivo, o Consorcio de Augas do Louro que actualmente preside Eva García, alcaldesa de Porriño, vai celebrar en Guillarei unha serie de actos vencellados coa data. Trátase de accions de divulgación e concienciación cidadá acerca da importancia e valor da auga.

Unha das accions vai dirixidas ós máis cativos. Consiste na cuarta edición do Concurso de Debuxos, baixo o lema “Investigadores da auga”. Outra das accions do Consorcio baseáse na presentación do libro “No Consorcio do Louro amamos a auga” do que se editaron 6.000 exemplares que van ser repartidos entre a veciñanza dos concellos de Porriño, Tui, Salceda e Mos. Trátase dun manual de bos usos da auga cuia distribución realizase en colaboración co comercio local dos catro concellos.

O manual inclue numerosos consellos para habituarnos na nosa vida cotiá a valorar un recurso tan imprescindible coma limitado.