Este mediodía o Concello do Porriño fixo entrega á asociación “AFAGA” dun novo vehículo adaptado para persoas que padecen demencias “o que supón para nós un motivo de ledicia” manifestou Juan Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia.
Na roda de prensa na que compareceron directivos de “AFAGA” e os concelleiros de Servizos Sociais, David Alonso e de Medio Ambiente e Comercio, Sergio Casal, o presidente da devandita asociación suliñou que “Porriño para AFAGA é un concello de referencia, moi especial e fundamental. Eiquí abrimos hai catorce anos o primeiro centro de día fora das grandes cidades de Galicia, constituindo un exemplo para todos os demais concellos e que derivou finalmente na unidade terapéutica que temos na rúa Pilar que funciona de mañán e tarde”, dixou Juan Carlos Rodríguez.
O presidente de “AFAGA” sinalou que nas conversas que mantemos co Concello do Porriño “albiscamos unha nova liña de cooperación co establecemento dun programa de estimulación cognitiva e funcional para persoas con demencias en fase inicial ou leve”.
Nese senso o concelleiro de Servizos Sociais “agradeceu a inmensa labor que fai AFAGA” e engadiu “qué maior honra para un concello que colaborar coas organizacións e asociacións que traballan contra esta enorme lacra das infirmidades neurodexenerativas”, manifestou David Alonso. O actual concelleiro tivo unha lembranza “de recoñecemento para a miña predecesora, Soledad Girón, pola súa laboura neste eido”.
A achega do Concello foi de 21.000 euros para a compra e adaptación do vehículo o que supón o 57% do custe total da furgoneta. Segundo o concelleiro de Servizos Sociais en breve “estableceremos con “AFAGA” novas liñas de cooperación”.