Eva García, alcaldesa de O Porriño convocou para este xoves 24, de tarde, tres comisións municipais que deberán informar diversos asuntos para o vindeiro pleno da Corporación Local.

A primeira comisión será a de Economía, Facenda e Persoal (19 horas) que leva asuntos financieros de gran trascendencia pois trátase de desatascar o pago de facturas e servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.

A tal fin propónse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para pagar 473.000 euros para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.

Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.

Asimesmo levanse a esta comisión a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que fora aprobada en maio polo pleno municipal. E tamén vai a esta comisión a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos municipais prorrogados).

Por último o grupo EU Son traslada a esta comisión informativa dúas mocións, unha delas relativa a operación de renting de renovación do parque móbil municipal cuia revisión prantexa.

Comisións de Limpeza e Servizos Sociais

A seguinte Comisión Municipal convocada para mañá xoves (19,30 horas) é a de Limpeza, Parques e Xardíns que informará sobre a aprobación dos costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén vai nesta comisión a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”.

Finalmente haberá unha terceira comisión municipal, de Servizos Sociais e Igualdade (20 horas) que tan só leva na orde do día a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).