O xoves 5 abrese o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nen@s

Mañán xoves día 5 a partir das 10 horas, abriráse o prazo de inscrición para o Campamento de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos que promove o Concello de O Porriño a través do Centro de Información á Muller (CIM).
De feito as inscricions deberán realizarse a través do CIM, nas súas oficinas sitas no terceiro andar do Concello, en horario de 10 a 14 horas. As inscricións se atendenrán por estricto orde de chegada, segundo informa o CIM.
O Campamento de Nadal funcionará os días 23, 26 e 27 de decembro sempre que haxa un mínimo de 10 anotados.

O Concello de O Porriño inicia a campaña “Alimentos para todos con motivo da iniciativa #GivingTuesday

A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.
Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.

No caso de O Porriño, o acordo adoptado polo pleno infantil determinou que co apoio do Concello, os nenos/as realizarán unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias da vila con menores recursos.
A recollida de alimentos nos centros educativos levaráse a cabo o vindeiro xoves 5, ao longo da mañá.
A recollida de alimentos nos centros municipais será no Pavillón Municipal e no Centro Cultural Municipal posponse ata o mércores 11 de decembro.

Dende o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a participar,
Recomendamos que os productos sexan non perecedoiros coma aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,…e que se entreguen nalgun dos puntos de recollida.

Porriño celebrou o Día Mundial da Discapacidade funcional

Centos de escolares dos centros educativos do municipio participaron hoxe nos actos reivindicativos do Día Mundial da Discapacidade que organizaron “Aceesca” a o Concello de O Porriño, a través da OMIX e varias concellerías.


Primeiramente os escolares, acompañados de profesores e titores, realizaron a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade que partiu e reamtou desde a praza do Concello despois dun percorrido polas rúas de Porriño. Ó remate tivo lugar a lectura dun manifesto a cargo de alumnas do centro “Aceesca”.
A continuación o deportista Simón Gónzalez Salgado que fora campeón mundial de kickboxing na modalidade de Full Contact en trece ocasións e que desde 2014 está en cadeira de rodas a causa dun accidente doméstico, dirixuse ós presentes pedindo que siga a toma de conciencia sobre discapacidade funcional e que a sociedade traballe en aras á plena integración

Tamén realizouse un concurso de paraaugas customizados por diferentes colexios do entorno, actividade enmarcada dentro da campaña #BaixooMesmoParaugas. Un xurado formado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e persoal de “Aceesca” elixiu os tres mellores resultado gañador o confeccionado polo Colexio Hermanos Quiroga.

E por último realizouse, por dúas veces, un “Flash Mob” entre todos os presentes.

Porriño celebra mañán martes a Andaina reivindcativa polo Día Mundial da Discapacidade funcional

O martes 3 de decembro ás 11 horas realizaráse a tradicional Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade, covoncada por “Aceesca” e o Concello de O Porriño. A comitiva sairá desde a praza do Concello e regresará á mesma despois dun percorrido polas rúas de Porriño.
Ó remate terá lugar a lectura dun manifesto e haberá un desfile dun concurso de paraaugas customizados por diferentes colexios do entorno, actividade enmarcada dentro da campaña #BaixooMesmoParaugas. Un xurado formado pola concelleira de Educación, Lourdes Moure e persoal de “Aceesca” elixirá o mellor deseño.

Tamén se celebrará un “Flash Mob” entre todos os presentes.
Con carácter previo “Aceesca” ven realizando diferentes actividades, xornadas de sensibilización nos diferentes colexios e institutos de Porriño.

O CONCELLO DE PORRIÑO ALUMEADO EN AZUL POLO DIA DA INFANCIA

Este serán a casa consistorial do concello de O Porriño quedou alumeada en cor azul como adhesión ó Día da Infancia, unha acción promovida pola UNICEF. O edificio do Concello permanecerá alumeado en azul ata as 23 horas. A alcaldesa Eva García e os cinco membros do goberno municipal coaligado asistiron ó encendido.


Hoxe celebranse trinta anos da Convención dos Dereitos do Neno. Por tal razón, Porriño declarada desde 2018 “Cidade Amiga da Infancia”, sumouse a efeméride, seguindo a chamada #GaliciaDeAzul lanzada pola UNICEF para conmemorar ese aniversario.
Por outra banda, o vindeiro venres 22, Porriño enviará unha delegación integrada polos alumnos elixidos para representar á infancia local no VII Foro de Participación Infantil de Galicia. O evento terá lugar a partir das 12 horas no Parlamento de Galicia.
No pleno infantil celebrado no Porriño o pasado venres 15 determinouse a composición da delegación que estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e acudirá tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.
O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.

O Concello de O Porriño acollerá un novo pleno infantil co gallo da efeméride da Convención dos Dereitos do Neno

O Concello de O Porriño celebrará mañá venres 15 un novo pleno infantil co gallo de conmemorarse o trixésimo aniversario da Convención dos Dereitos do Neno. O pleno comezará ás 10,30 horas, no salón de sesión do consistorio, con asistencia de nenos e nenas representando a todos os centros educativos do concello. A sesión estará presidida pola alcaldesa, Eva García y pola concelleira de Educación, Lourdes Moure.
Como xa é sabido, O Concello de O Porriño foi nomeado “Cidade Amiga da Infancia” pola UNICEF, declaración vixente ata o 2022.
No dito pleno participarán nenos e nenas representantes de todos os centros educativos do concello. Servirá para que a infancia propoña iniciativas coas que mellorar o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno na súa contorna. E por último para promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten no eido local, facendo así da participación algo concreto, posible e aplicable.

Concelleiros do goberno municipal e a deputada de Cohesión Social participaron nunha actividade para maiores no Pavillón

Os concelleiros do goberno municipal, David Alonso e Sergio Casal asistiron coa deputada provincial de Cohesión Social, Olga García a unha actividade musical para persoas maiores usuarias do Servizo de Teleasistencia domiciliaria dos concellos de Mos e Porriño. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Pontevedra que se desarrollou no Pavillón Municipal porriñés.

Tratouse dun bingo musical no que os participantes, ó redor de 25 usuarios, tiñan que recoñecer ben a canción ou ben ó interprete de cada tema ata cantar liña e logo bingo.

Os concelleiros e a deputada repartironse entre os maiores e compartiron con eles o xogo. Segundo explicou o persoal do servizo de teleasistencia é un xeito de estimulación cognitiva e para interactuación entre maiores.

David Alonso, na súa condición de concelleiro de Servizos Sociais informoulles que o Concello de O Porriño vén de aprobar no derradeiro pleno ordinario o contrato do Servizo de Axuda no Fogar, licitado en 2 millóns de euros, “para unha prestación cada día máis reclamado e necesario pola maior esperanza de vida que temos”, manifestou o edil.   

 

Programa “Tecendo Lazos”: comeza o obradoiro de manualidades e moldeado “Faíno tí”

A partir deste venres 8 de novembro desarrollase o obradoiro de manualidades e moldeado “Faino tí” que se enmarca no programa “Tecendo Lazos”.
As sesións serán todos os venres, ata o 20 de decembro, entre as 17:00 a 19:30 horas, no Centro Cívico do Porriño (Rúa Domingo Bueno, nº 13 – 2º andar).

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño en colaboración ca Deputación Provincial de Pontevedra, leva a cabo este obradoiro interxeneracional no que participan persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.).

Neste obradoiro realizaránse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoverá o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación, e ademais se fomentará o traballo en equipo entre todos os participantes.

Convocadas tres comisións informativas para preparar o vindeiro pleno municipal

Eva García, alcaldesa de O Porriño convocou para este xoves 24, de tarde, tres comisións municipais que deberán informar diversos asuntos para o vindeiro pleno da Corporación Local.

A primeira comisión será a de Economía, Facenda e Persoal (19 horas) que leva asuntos financieros de gran trascendencia pois trátase de desatascar o pago de facturas e servizos por un importe global de preto de 2.700.000 euros.

A tal fin propónse a aprobación definitiva de dous créditos extraordinarios para aboar 1.738.000 euros de facturas da conta 413 e para pagar 473.000 euros para facturas que xa contan con sentencias xudiciais favorables.

Ademáis propónse para aprobación inicial, un crédito extraordinario por importe de 468.000 euros para satisfacer a débeda con “Eulen” pola prestación de servizos na piscina municipal.

Asimesmo levanse a esta comisión a ratificación definitiva da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello do Porriño que fora aprobada en maio polo pleno municipal. E tamén vai a esta comisión a ratificación da partida orzamentaria para os salarios dos membros do goberno municipal (modificación da base 27 dos orzamentos municipais prorrogados).

Por último o grupo EU Son traslada a esta comisión informativa dúas mocións, unha delas relativa a operación de renting de renovación do parque móbil municipal cuia revisión prantexa.

Comisións de Limpeza e Servizos Sociais

A seguinte Comisión Municipal convocada para mañá xoves (19,30 horas) é a de Limpeza, Parques e Xardíns que informará sobre a aprobación dos costes do servizo de recollida de lixo así como do Punto Limpo do Concello do Porriño. Tamén vai nesta comisión a ratificación da adxudicación do servizo de limpeza viaria á firma “Ascan”.

Finalmente haberá unha terceira comisión municipal, de Servizos Sociais e Igualdade (20 horas) que tan só leva na orde do día a adxudicación do servizo de axuda no fogar (SAF).

O pleno ordinario de setembro marcado polo cambio climático

A corporación local do Porriño aprobou ata tres mocións diferentes para expresar a súa preocupación pola situación de emerxencia climática que terá expresión na participación o vindeiro venres na Xornada Mundial contra o Cambio Climático. Escolares e estudantes de todos os centros de ensino do Porriño concentraránse ante o consistorio a mediodía e contarán coa adhesión do Concello.
As mocións aprobadas polo pleno municipal son coincidentes no seu corpo argumental ainda que teñen matices. Foron presentadas polo PP, BNG e EU Son.

No que atinxe a outros asuntos, a petición de realizar cambio de sentido do tráfico na rúa Salgueira, prantexada por EU Son desestimouse.
A moción presentada polo PP sobre un suposto incumprimento de contratos da empresa “Ascan Servicios Urbanos” quedou enriba da mesa, a proposta do propio voceiro popular. Alejandro Lorenzo argumentou que prefería pospoñer o debate ata disponer “dun informe que revise os contratos o seu grado de cumprimento”.


Por unanimidade aprobouse establecer como os dous festivos locais no calendario laboral de 2020, o luns 13 de xullo (porque San Bieito caerá en sábado) e o 28 de setembro, Luns do Cristo.
Nesta sesión despidiuse como concelleira Ana Belén Crespo, do grupo municipal do BNG o que se comunicará á Xunta Electoral para iniciar o proceso de sustitución por outra integrante da candidatura do partido nacionalista.