A Concellería de Educación e a OMIX do Concello de O Porriño, arrancaron hoxe coa campaña “Alimentos para Todos” con motivo da iniciativa #GivingTuesday que fora polo consello municipal de infancia no último pleno infantil celebrado o pasado 15 de novembro na nosa vila.
Trátase dunha iniciativa que nace como alternativa ao Black Friday ou o Cyber Monday, que promoven o consumismo. O #GivingTuesday é un movemento global que quere incentivar e multiplicar as boas accións das persoas.

No caso de O Porriño, o acordo adoptado polo pleno infantil determinou que co apoio do Concello, os nenos/as realizarán unha actividade que denominaron “Alimentos para todos” e que pretende recoller o maior número de alimentos posibles para a súa posterior distribución entre as familias da vila con menores recursos.
A recollida de alimentos nos centros educativos levaráse a cabo o vindeiro xoves 5, ao longo da mañá.
A recollida de alimentos nos centros municipais será no Pavillón Municipal e no Centro Cultural Municipal posponse ata o mércores 11 de decembro.

Dende o Concello convidamos a todos os veciños e veciñas a participar,
Recomendamos que os productos sexan non perecedoiros coma aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas,…e que se entreguen nalgun dos puntos de recollida.