O pleno infantil de O Porriño aprobou por unanimidade unha recollida de alimentos para familias con menos recursos

O pleno infantil de O Porriño aprobou hoxe por unanimidade que o Concello organice unha recollida de alimentos para repartir entre as famílias da vila con menos recursos.
Realizaráse o vindeiro 3 de decembro co gallo do #GivingTuesday (martes para dar) celebrando a acción de dar. Xa sexan alimentos, carros, obxectos de segunda mán ou tempo.
A proposta aprobada polo pleno infantil determina que o 3 de decembro se faga unha recollida de alimentos en todos os centros escolares así como nos locais municipais.

Outros dos acordos da sesión foi determinar a composición da delegación que acudirá o vindeiro 22 de novembro ó Parlamento autonómico para asistir ó VII Foro Galego de Participación Infantil. A delegación porriñesa estará formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integrarán a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure e polos técnicos da OMiX e acudirá un profesor de cada centro en condición de acompañantes.

Na sesión plenaria infantil que presidiu alcaldesa Eva García coa asistencia da concelleira de Educación, en condición de secretaria, os representantes dos 10 centros escolares fixeron as súas propostas sobre os temas do concello que lles afectan máis directamente.

Construcción dun carril bici; Mellora do Paseo do Río Louro; maís pediatras no Centro de Saúde sobre toda para Urxencias; un albergue para sin techo e un comedor social; un auditorio e permiso e pinturas para poder decorar con muráis diversos espazos públicos foron as máis sobranceiras entre todas as realizadas que se recollerán na acta da sesión.

O de hoxe foi o segundo pleno infantil deste ano (o anterior celebrouse en maio). Realizouse co gallo de conmemorarse o trixésimo aniversario da Convención dos Dereitos do Neno. O Porriño foi nomeado “Cidade Amiga da Infancia” pola UNICEF, declaración vixente ata o 2022.

La sesión íntegra de hoxe pode mirarse nesta mesma páxina web na mediateca 

O Concello colabora coa Festa da Zorza de Pontellas que celebrará a súa XVI edición o vindeiro domingo 17

A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.
Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 euros no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.
Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.
A degustación comezará a partir das 11.30 horas até as 15 horas para o que está habilitada unha grande carpa. A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas que conta coa colaboración do Concello do Porriño.
En representación do goberno municipal asistirán os concelleiros de Comercio e Deportes, Sergio Casal e David Alonso e a tenente de alcalde e concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa do centro cultural, e o grupo de gaitas Nordesía.

O Concello de O Porriño acollerá un novo pleno infantil co gallo da efeméride da Convención dos Dereitos do Neno

O Concello de O Porriño celebrará mañá venres 15 un novo pleno infantil co gallo de conmemorarse o trixésimo aniversario da Convención dos Dereitos do Neno. O pleno comezará ás 10,30 horas, no salón de sesión do consistorio, con asistencia de nenos e nenas representando a todos os centros educativos do concello. A sesión estará presidida pola alcaldesa, Eva García y pola concelleira de Educación, Lourdes Moure.
Como xa é sabido, O Concello de O Porriño foi nomeado “Cidade Amiga da Infancia” pola UNICEF, declaración vixente ata o 2022.
No dito pleno participarán nenos e nenas representantes de todos os centros educativos do concello. Servirá para que a infancia propoña iniciativas coas que mellorar o cumprimento da Convención sobre os Dereitos do Neno na súa contorna. E por último para promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten no eido local, facendo así da participación algo concreto, posible e aplicable.

Aberta a inscrición para a “I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”

O Concello do Porriño anuncia a apertura das inscricións para a primeira edición da carreira “San Silvestre Solidaria” que se disputará o 30 de decembro.
Terá un percorrido moi accesible, urbano, de tan só 3 quilómetros e estará aberta a todas as idades.
O comezo da carreira será ás 20.00 horas con saida desde a praza do Concello. Todos os corredores/as deberán colocarse na zona de saída alomenos 10 minutos antes do comezo da proba.

Persíguese un fin solidario de xeito que todos os corredores/as deberán traer 1 kilo de alimentos non perecedeiros, que se destinarán ó Banco de Alimentos. Haberá unha estancia debidamente sinalada para deixar os produtos.

No que atinxe os premios, haberá agasallos para o corredor/a máis lonxevo; para os que terminen nas seis posicións elixidas o azar (comunicaranse por esta canle as posicións antes da proba). E tamén serán galardoados o primeiro corredor e primeira corredora do Concello do Porriño.

O peche das inscricións rematará o 25 de decembro.
Para realizar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace

https://carreirasgalegas.com/…/37916098-26ce-d3d2-3711-39f1…

A concelleira de Educación, Lourdes Moure garante que o Concello manterá a sua colaboración co “Certame Roberto Vidal Bolaño”

A concelleira de Educación, Lourdes Moure presidiu o acto de presentación da obra “A sombra das árbores” de Ana Abad de Larriva, gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €.
No acto celebrado no Centro Cultural Municipal de O Porriño, asistiron ademáis da concelleira e da autora asistiron Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro” .

O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presentou no Porriño.

Na súa intervencion, a concelleira de Educación lembrou que “a finalidade primordial deste Certame Roberto Vidal Bolaño é fomentar a escrita de textos teatrais en galego, dirixidos ó alumnado de Ensino Secundaria e Bacharelato e que poidan ser susceptibles de ser representados polos propios estudantes”.
Lourdes Moure engadiu que “o Concello de O Porriño acordou este ano reforzar o seu apoio a celebración deste Certame e imos mante-lo para o ano que ven cando celebremos a terceira edición” manifestou a concelleira de Educación.

 

Rematou o soño do CD Pontellas: caeu eliminado en Tolosa na previa da Copa do Rei

O CD Pontellas caeu eliminado esta noite no estadio de Berazubi fronte o Tolosa CF que gañou por 1-0.
O único tanto acadouno o equipo local no minuto 61. Os intentos dos xogadores do club porriñés por empatar foron infructuosos.
Deste xeito remata a traxectoria do “Tellas” nesta ronda previa da Copa do Rei que supuxo un premio engadido ao feito histórico do ascenso a Terceira despois de proclamarse campeón do seu grupo de Rexional Preferente na tempada pasad. Un premio, ainda que moi oneroso para a economia do club que solicitou e recibiu unha achega económica extra do Concello, de 4.000 €, para afrontar os gastos que acarreou participar nesta ronda previa.

O equipo, cadro técnico e directivas partiron anoite, ó remate do partido, en viaxe de volta cara a Pontellas. 

 

A Policía Local e Protección Civil de O Porriño colaboran no auxilio ás víctimas dun espectacular accidente de tráfico na A-55

Dúas personas resultaron feridas pola caída dun vehículo desde un viaducto da A-55 á vía do tren. O suceso aconteceu ás 19,05 nos accesos a Autovía e ó Polígono de As Gandaras. Patrullas da Polícia Local de O Porriño e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil acudiron a atender o sinistro.
Debido a caída do vehículo á vía do tren tivo que interrumpirse a circulación ferroviaria ata as 20,50 horas.
Para a retirada do vehículo foi precisa unha grua e a Intervención de efectivos do Parque Comarcal de Bombeiros.


Tamén interviron axentes da Garda Civil de Tráfico que regularon á circulación mentres se evacuaron os feridos ao Hospital Alvaro Cunqueiro e durante o tempo que duraron os traballos de retirada do vehículo sinistrado.

A cantante Noemí Fernández recibida na Alcaldía antes de viaxar a Roma para representar a España no certame “Tour Music Fest”

Noemí Fernández, a cantante porriñesa foi recibida hoxe no Concello pola alcaldesa Eva García e por Lourdes Moure, concelleira de Educación que lle desexaron moítisma sorte na súa inminente participación no concurso europeo “Tour Music Fest”. Vai representar a España na final dese certame que se celebrará en Roma o vindeiro 7 de decembro.

Noemí competirá cos representantes do Reino Unido, Italia, Malta e Suiza. A cantante porriñesa de tan só 17 anos acadou participar na final do “Tour Music Fest” superando a máis de noventa concursantes procedentes doutras comunidades na proba nacional que se celebrou en Madrid. Noemí gañou coa súa interpretación de “Rise up” na que tamén tocaou o piano.

Se Noemí gaña en Roma acadaría unha beca universaritaria para continuar os seus estudos musicais en Estados Unidos ademáis dun premio en metálico de 10.000 euros, a grabación dun single, un videoclip e unha xira promocional.

Por outra banda, a alcaldesa confirmou que Noemí Fernández vai participar no encendido do alumeado de Nadal previsto para o vindeiro 3 de decembro así como na festa “pre-fin de ano” do 30 de decembro e na festa de Reis en xaneiro.  

A Policía Local atende a un conductor en parada cardíaca que protagonizou un accidente de tráfico

Axentes da Policía Local de O Porriño salvaron a vida a un conductor que se atopaba inconscente dentro do seu vehículo despois de colisionar contra un sinal de tráfico na rotonda do Cristo de Belén. O pasado luns 11, cando a Policía Local recibiu aviso do sinistro acudiron dous coches patrulla e atoparon ó conductor accidentado en parada cardíaca.
Os axentes acadaron estabiliza-lo realizando manobras de reanimación sen chegar a ter que empregar o desfibrilador (DESA). Requiriuse unha ambulancia pero non había ninguna dispoñible polo que un vehículo policial acudiu ó Centro de Saúde a recoller ó personal facultativo e leva-lo ata o lugar do sinistro.
O ferido foi finalmente trasladado ó Hospital Alvaro Cunqueiro onde se recupera desde o luns pasado.
Neste caso compre referir a colaboración prestada tamén pola Policía Local de Mos e pola Garda Civil de Tráficio que cooperaron na regulación do tráfico.

O Concello ten que suliñar que a pesares de que a ambulancia do 061 ten a súa base no Porriño debe atender a unha poboación superior ós 20.000 habitantes e con varios polígonos industriais. Polo que non é a primeira vez que nunha situación de gravidade non se dispón da ambulancia por que está a atender outra emerxencia. Por esta razón desde a Concelleiría de Seguridade, a edil Lourdes Moure volve a reclamar ó Sergas que 061 habilite unha segunda ambulancia para Porriño e súa área de influencia.

Presentación de “A sombra das árbores”, obra gañadora do “II Certame Roberto Vidal Bolaño”

Este mércores 13 de novembro terá lugar a presentación da obra gañadora do II Certame Roberto Vidal Bolaño para textos teatrais inéditos, escritos en galego, dotado cun premio económico de 2.000 €. A obra galardoada chamase “A sombra das árbores” e a súa autora é Ana Abad de Larriva.
A presentación celebraráse no Centro Cultural Municipal de O Porriño, a partir das 19 horas. Ademáis da autora asistirán a concelleira de Educación, Lourdes Moure; Francisco Castro, director de “Editorial Galaxia” e Raquel Castro, en representación do Instituto de Ensino Secundario “Ribeira do Louro”.
O Concello de O Porriño sumouse a partir deste ano á organización do certame que convocaron o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia. Precisamente a editorial asinou coa gañadora do premio o correspondente contrato para a edición da obra galardoada que se presenta no Porriño.
No que atinxe á autora, Ana Abad de Larriva é titulada superior en Arte Dramática e licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa investigación no eido da teoría teatral e publica artigos especializados en artes escénicas en diferentes medios, compaxinando o seu labor no campo da comunicación coa creación escénica e literaria, así como coa docencia.