Os panadeiros porriñeses Luis Miguel Iglesias Lago, de ”Amaquía” e Jose Manuel Fernández Grova, de “O Forno de Mosende” recibiron hoxe unha placa en recoñecemento o seu traballo a prol do pan de Porriño.
Ambos foron recibidos nunha recepción na Alcaldía por Eva García de la Torre e polos concelleiros de Comercio, Sergio Casal e de Turismo, David Alonso como consecuencia de ser galardoados pola “Ruta Española del Buen Pan” entre os mellores de Galicia e entre as OITENTA MELLORES PANADERÍAS DE ESPAÑA.

“Amaquía” e “O Forno de Mosende revalidan a súa posición na élite, premiadas de novo coas estrelas que distinguen entre as mellores de España, segundo a clasificación que confeccionan “Panàtics” e “Pan de Calidad”.

A alcaldesa Eva García manifestoulle que “para o Concello é unha ledicia este novo recoñecemento ó sector dos panadeiros locais”. “Todo este tipo de mencións e galardóns para o voso sector contribuen a dinamizar a condición de O Porriño coma fito do Camiño Portugués e coa posta en valor dun producto tan tradicional da nosa vila”.