O vindeiro luns 2, estrea das novas máquinas no ximnasio do Polideportivo Municipal

O concelleiro, David Alonso e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes comprobaron esta mañán as oito novas máquinas instaladas no ximnasio do Pavillón Municipal de Porriño. A estrea realizaráse o vindeiro luns 2 de setembro. 
O Concello de Porriño ven de investir 18.000 € na adquisición destas máquinas e diverso material deportivo para os usuarios destas instalacións.
O concelleiro de Deportes indicou que as catro máquinas que se retiran serán cedidas a diversos clubs da vila.

Por outra banda durante a visita ás instalacións, o concelleiro comprobou as melloras que se están a implementar na piscina municipal cun investimento de 30.000 euros. A maiores o concelleiro agarda iniciar de inmediato as obras de impermeabilización nos voladizos da entrada á piscina que están valorados en 40.000 €.

Asimismo a partires do luns o concelleiro agarda que se poidan acometer as tarefas pendentes de lixado, pulido e barnizado que mediante tres quendas de traballo rematarían en dúas semanas. Durante eses quince días acometeriase primeiramente a pista 2 e logo a pista 1, axustando as labouras cos calendarios dos equipos de balonmán e baloncesto. O investimento para estas obras será de 48.000 €.

Programación cultural agosto 2019: HOXE, NOITE DE BOLEROS

Este venres 30, rematará a programación cultural de agosto de 2019 do Concello de Porriño cunha noite de música latinoamericana.
A partires das 22 horas, no escenario habilitado na praza do Concello, actuará o conxunto “SonBoleros” .
É un cuarteto formado por contrabaixo, voz, piano e percusión que renden homenaxe ás mellores cancións da música latina.
No seu repertorio incluen boleros, tangos e sones.
Os catro músicos que compoñen o cuarteto son: Tony Gónzalez (percusión), Pachi Cruz (contrabaixo): Ely Morales (voz) e Cristian Leggiero (piano e dirección).

Programación cultural de agosto: representación de “A illa sen tesouro”

No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. 
Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra “A illa sen tesouro”.
A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.

A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha empalizada. Os tres actores e a actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.

CONCLUÍDAS AS OBRAS DE VALADO E SINALIZACIÓN DAS CANTEIRAS PARA BLOQUEAR O ACCESO DE BAÑISTAS E CURÍOSOS

A mellora do valado e peche perimetral e a ampliación da sinalización de perigo xa remataron conforme o acordo acadado polo Concello de Porriño e titulares das explotacións de Atios para bloquear o acceso de bañistas e curiosos ás canteiras.


Como pode comprobarse nas imaxes que adxuntamos, tamén adiantouse o portalón de acceso á zona.
Todas estas medidas foron acordadas o pasado 27 de xullo durante a reunión presidida pola alcaldesa Eva García á que asistiron representantes das firmas concesionarias en representación de “Pocasa” (“Porriñesa de Canteiras”) e do empresario Manuel Carrera Lorenzo, titular da canteira “Arcace nº 21” que era a canteira onde acudían máis bañistas e curiosos.

Todo este paquete de medidas “son para protexer a seguridade de todos” segundo valorou a alcaldesa que engadiu que “acceder ás canteiras e bañarse nelas supón un acto de manifesta irresponsabilidade que pon en perigo a integridade física de quen o fai e dos que lles acompañan”, rematou Eva García.

O Conselleiro de Sanidade atende a queixa de Porriño e cita á alcaldesa para falar do Centro de Saúde.

Jesús Vázquez Almuiña, conselleiro de Sanidade atende a queixa recente formulada polo Concello de Porriño por unha descortesía institucional cos representantes dos veciños. En consecuencia o gabinete do Conselleiro comunicou hoxe ó Concello de Porriño que cita á alcaldesa Eva García de la Torre o vindeiro martes 3 de setembro ás 11 horas, para que acuda a Santiago a firmar, de novo, o convenio de cesión da parcela para ampliar o Centro de Saúde.

O antedito convenio fora firmado hai case unha década polo anterior alcalde Nelson Santos. E logo foi ratificado pola actual alcaldesa e remitido a Santiago durante o pasado mandato.

O Concello de Porriño manifestou a pasada semana a súa queixa por non ter recibida información alguna do Conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almuiña nin do seu staff sobre a licitación anuncíada da redacción do proxecto anunciada hai uns días polo Sergas a través dunha nota de prensa. Ó respecto a alcaldesa declarou que “tratase dun novo xesto censurable por parte de esa Consellería” e reclamou que o señor Vázquez Almuiña puxerase en contacto con esta alcaldesa “para explicarnos ós pormenores da licitación, do proxecto e dos prazos”, extremo que finalmente vai atender o Conselleiro de Sanidade.

Desconvocase o pleno ordinario que ía celebrar a corporación local de Porriño esta tarde

A Alcaldía de Porriño ordenou a desconvocatoria do pleno da Corporación Local que ía celebrarse ás 18 horas. Tratabase dunha sesión ordinaria cuia orde do día era básicamente a mesma do pleno que ía celebrarse o pasado 30 de xullo e que tamén houbo que desconvocar.

A razón da desconvocatoria de hoxe é que rachou o acordo que tiñan acadado a alcaldesa Eva García e o voceiro do PP, Alejandro Lorenzo. Segundo ese acordo do que informábamos hai uns días, Lorenzo retiraría a petición doutro pleno extraordinario coa mesma orde do día do ordinario de mañá.

O Goberno Municipal critica que o PP “retorza a interpretación da Lei de Bases de Réxime Local nunha xogarreta que busca o bloqueo institucional e económico do Concello de Porriño”.
O PP prantexou un pleno extra cos mesmos asuntos que ían debatirse esta tarde. “Pero o que pretende realmente o PP é bloquear a gobernanza do Concello retardando, entre outras cousas, o pago a proveedores e a aprobación das dedicacións e reparto de competencias para que remate de formarse o goberno municipal de coalición”, valorou a alcaldesa Eva García.

En consecuencia, a sesión extra solicitada polo PP xa está convocada para o mércores 4 de setembro, ás 12 horas. O Goberno Municipal “non vai consentir máis retrasos nos pagos a proveedores de xeito que xa anunciamos que no vindeiro pleno a maioría da Corporación vai frear as obstruccións do PP e imos a aprobar as modificacións de créditos que posibilitarán o pago de perto de 3 millóns de euros a unha chea de proveedores”, rematou a alcaldesa Eva García.

A maioría da Corporación derrota ó PP no pleno extraordinario pedido pola oposición, a causa dos defectos de forma

A maioría da Corporación Local do Porriño derrotou ó PP no pleno extraordinario pedido pola oposición votando en contra da urxencia de cada un dos tres asuntos que figuraba na orde do día. Como ningún deses tres asuntos pasaron previamente polas comisións municipais informativas, o propio pleno tiña que votar un por un a urxencia ou non do seu debate e aprobación. A votación de cada asunto rexistrou un empate a 8. Por unha banda votaron PSOE (4), BNG (2), EU Son (1) e Manuel Carrera (faltaba Pedro Ocampo) e pola outra os 8 votos do Partido Popular. En caso de empate decide o voto de calidade da alcaldía que nos tres casos determinou a non urxencia.
Toda esta situación orixinouse no primeiro minuto dun pleno que apenas durou un cuarto de hora. Foi o voceiro do BNG, Pedro Pereira quen prantexou como cuestión previa que os tres asuntos da orde do día non se tiveran informado previamente en comisións municipais e que polo tanto cumpría votar un por un se procedía a urxencia ou non. Pereira sinalou que esta situación “foi producto dunha inacción do PP que unha vez que insta e acada a convocatoria dun pleno extraordinario tiña que preocuparse de que se celebrasen as comisións informativas”.
O secretario municipal (que foi quen convocou o pleno pola ausencia da alcaldesa) sinalou que o pleno tiña que celebrarse pero que tamén procedía votar previamente a urxencia ou non dos asuntos.
Como fora desestimada a urxencia dos tres asuntos, a alcaldesa deu o pleno por rematado sen máis asuntos na orde do día e levantou a sesión.
Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP anunciou que volverá a reiterar a convocatoria e que se reserva o dereito de emprender acción xudiciais.
Pola súa banda Eva García, alcaldesa de Porriño manifestou que o acontecido deriva de que “tanto o secretario municipal que foi quen convocou o pleno por ausencia desta alcaldesa, nin o PP que foi quen instou a celebración da sesión, tiñan que estar ó tanto de que as comisións informativas non se celebraron”.

A Alcaldesa de Porriño e o xefe da oposición acordan celebrar tan só un único pleno con asuntos que bquedaron pendentes o pasado 30 de xullo

Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño e Manuel Alejandro Lorenzo, voceiro municipal do PP acordaron hoxe evitar unha duplicidade de plenos para tratar dos mesmos asuntos e concentrar nunha única sesión que se vai celebrar o vindeiro mércores 26. De tal xeito que o xefe da oposición retirará a petición doutro pleno extraordinario que tiña solicitado. Tratase de evitar a celebración de tres plenos da Corporación nunha marxe de poucos días.

A orde do día dese pleno do mércores 26 será o mesmo que ía a tratarse na sesión do pasado 30 de xullo que houbo que cancelar a consecuencia dun erro administrativo na convocatoria.

Nesa sesión plenaria cancelada destacaban as propostas de aprobación de sendas modificacións de crédito extraordinario financiado con remanente de tesorería para dispoñer de líquidez e afrontar o pago de facturas pendentes dos últimos exercicios.
Unha das propostas era para aboar ós acreedores que figuran na conta “413” por gastos relativos a moi diversos proveedores: telefonía, servicios, suministros, publicidade, reparación de vehículos, cultura, proxectos e direccións de obras, entre outros. O importe de todas esas facturas pendentes suma a cantidade 1.781.923 euros.
A outra proposta era para aboar facturas reclamadas por vía xudicial que suman un importe global de 473.000 euros.

Dase a circunstancia de que na vindeira seman a Corporación Local de Porriño celebrará outro pleno. Será un extraordinario que se convocou a instancias do Partido Popular e que está datado para o vindeiro luns 23. Nesa sesión o PP prantexa declarar a nulidade de pleno dereito da facturación recollida na conta 413 e que se inicie a revisión de oficio de todas as facturas dos exercicios 2016, 2017 e 2018.

O concelleiro de Deportes revisa diversas obras de mellora no campo de San Campio ante o inicio ligueiro do Pontellas na 3ª División

David Alonso, acompañado de encargados municipales de obras, revisou no campo de céspede sintético de San Campio, diversas obras de mellora ante o inminente inicio liguero.

O concelleiro de Deportes comprobou o desenrolo dos diversos traballos tanto nos vestiarios, na grada coa colocación de cadeiras, arranxos no céspede na zona das porterías así como a limpeza das canaletas.

O domingo 25, o Pontellas iniciará a súa andaina na Terceira División, categoría na que militará despois do seu flamante ascenso acadada na derradeira tempada.
A estrea ligueira será contra o Rápido de Bouzas, un derbi dos varios posibles de equipos da área metropolitana que militan na Terceira División (Pontellas, Rápido de Bouzas, Alondras e Choco).

Executase o desbroce na recta das Gándaras reclamado polos empresarios do Polígono

Operarios da firma “Ascan”, concesionaria do servizo de limpeza viaria executan esta mañán o desbroce nas beirarrúas da recta das Gándaras, seguindo instruccións do concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal.

9e
Tratase dunha das peticións que demandan os empresarios do polígono das Gándaras.
No pasado mes de xullo, a alcaldesa de Porriño Eva García iniciou una rolda de contactos e visitas as principais empresas asentadas no concello.
No primeiro encontro co Santiago Gómara, director da factoría “Nueva Pescanova” e David Sobral, xerente do polígono industrial de As Gándaras, o desbroce que estase a executar foi unha das peticións trasladadas.

IMG