A maioria de voto conformada polos concelleiros do goberno municipal de coalición PSOE-BNG máis os dous votos de EU Son posibilitaron a aprobación do pago de 750.000 euros a pequenos e medianos proveedores do Concello de O Porriño.
Son facturas correspondentes ós exercicios de 2017 e 2018 que se atopaban na partida 413 cuio desbloqueo acadou o goberno municipal por maioría cos votos de PSOE, BNG, EU Son e Manuel Carrera no anterior pleno. Consecuencia daquel acordo do pleno corporativo do pasado 30 de otubro e previa comprobación polos diferentes departamentos e servizos municipais, agora lévouse a recoñecemento extraxudicial neste pleno o que garante o seu pago inmediato.
Tan só o PP manifestou a súa oposición o pagamento destas facturas argumentando a “existencia de irregularidades” e exisindo, unha vez máis, “unha revisión de oficio de todas as facturas incluídas na partida 413”, segundo manifestou Alejandro Lorenzo.


No nome do goberno de coalición, o primeiro tenente de alcalde, Pedro Pereira acusou ó PP de “facer unha oposición esquizoide”. “Lonxe de facer unha fiscalización, vostedes están a embarrar o campo xogando ó canillazo poñendo en dúbida a todos os proveedores nunha estratexia inetendible”, argumentou o voceiro do BNG.
Os pagos aprobados son para proveedores de combustible, gas, telefonía, proxectos, servizos, publicidade, reparación de vehículos e actos varios.
Por outra banda, o pleno municipal aprobou definitivamente a adxudicación á firma “Ascan” do contrato de limpeza viaria. Sen embargo produciuse dun xeito inesperado xa que foi a través da aprobación dun voto particular presentado polo PP exisindo a cambio a presenza dun técnico municipal na supervisión e control de calidade da prestación da concesionaria.