A programación cultural do Concello do Porriño do mes de outubro rematará coa sesión da Contateca que albergará o vindeiro xoves 31 unha función chamada “Contacontos interactivo en inglés”.

Trátase dun espectáculo de Beatriz Alonso Cabaleiro mediante a lectura dun conto ilustrado e a realización de actividades plásticas. Segundo explica “Hey there, it´ s storytime! Leremos un conto ilustrado e realizaremos actividades plásticas relacionadas cos nosos personaxes favoritos mentres cantamos cancións infantís en inglés. Un plan divertido e apto para todos os niveis”.

A función será a partir das 18 horas con entrada de balde ata completar aforo na Biblioteca Municipal.