@depo_es aproba as bases do campamento de verán ‘Depo Aventura A Lanzada’ que poden consultarse na OMIX do Porriño

A Oficina Municipal de Información Xuvenil  (OMIX) do Concello do Porriño vén de informar que a Deputación de Pontevedra aprobou as bases reguladoras de “Depo Aventura A Lanzada” 2018, o programa de campamentos de verán no Centro de Vacacións da Lanzada.

Este campamento está destinado  nenas e nenos  nacidos entre os anos 2005 y 2010 -os dous inclusive-, que teñan o seu domicilio habitual en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra (feito que se acreditará mediante volante de empadroamento).

Dacordo coas devanditas bases, establécense  as seguintes  11  quendas:

A  primeira quenda terá lugar do 24 ao 30 de xuño e as seguintes do 1 ao 7 de xullo, do 8 ao 14 de xullo, do 15 ao 21 de xullo, do 22 ao 28 de xullo, do 29 de xullo ao 4 de agosto, do 5 ao 11 de agosto, do 12 ao 18 de agosto, do 19 ao 25 de agosto, do 26 de agosto ao 1 de setembro e do 2 ao 8 de setembro.

As familias interesadas en que as súas rapazas e rapaces participen en “Depo Aventura A Lanzada” 2018 terán 20 días naturais de prazo contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

O prezo por praza na actividade terá un custo de 100 € e abrangue a estadía e manutención, as actividades do campamento, o seguro e a excursión.

Toda a información esta  a disposición dos interesados na OMIX- no Centro Cultural Municipal do Porriño- en horario de  3 a 7 da tarde, de luns a venres, ou na páxina web da Deputación: www.depo.es.

#8MFolgaFeminista Centos de persoas apoian o paro das mulleres este 8 de marzo no Porriño

Centos de persoas saíron á rúa no Porriño para dar o seu apoio á folga total e aos paros parciais convocados este xoves, día 8 de marzo, coincidindo co ‘Día Internacional da Muller’ e que levaron a manifestarse en toda Galicia a ducias de milleiros de cidadáns.

A  concentración do Porriño, un dos 40 concellos de Galicia que se sumara a este chamamento, baixo o lema ‘Se nós paramos todo para’, fora convocada pola Concellería de Igualdade, dirixida por Soledad Girón, e a propia alcaldesa, hai varios días, en distintas manifestacións e declaración aos medios informativos, xa adiantara que ela este xoves faría folga e non traballaría.

Eva García de la Torre, quen interviu no acto, o mesmo que a concelleira de Igualdade, subliñou a “xustiza” desta xornada de paro feminino e salientou a importancia da muller en todos os eidos da sociedade, dende a cultura, á economía, dende o ensino, ao benestar, dende a historia á xustiza, dende os trabalos remunerados a aqueles que non o están e  esixiu que “se nos valore igual que os homes”.

A alcaldesa, que referiuse á súa propia experiencia coma profesional da avogacía e coma responsable pública, reiterou que “si paramos as mulleres paralizamos este país, por iso temos que demostrar a importancia que temos e facer que se vexa que é así”.

‘Merca na rúa’ queda aprazada ata o sábado día 17 a causa das malas previsións meteorolóxicas

A Concellería de Comercio, dirixida por Marcelino Coto, e a dirección da Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), presidida por Juana Pérez, veñen de acordar a suspensión da XVIII edición de ‘Merca na rúa’, que tiña prevista a súa celebración o vindeiro sábado e domingo, días 10 e 11 de marzo.

A decisión, indica Marcelino Coto, está motivada polas previsións meteorolóxicas que prevén un temporal de choiva e vento para os vindeiros días e que impedirían que ‘Merca na rúa’ puidese desenrolarse.

A intención , sinala o concelleiro, é trasladar a celebración desta feira de oportunidades ao vindeiro día 17, sábado, “sempre que as condicións climatolóxicas o permitan”.

O Concello do Porriño terá novos orzamentos por primeira vez en seis anos

O Pleno do Concello do Porriño, cos votos a favor dos concelleiros do PSdG-PSOE, UDDL, EU-SON e o Grupo Municipal de Non Adscritos, a abstención do representante do BNG e o voto en contra dos concelleiros do Partido Popular, deu a súa conformidade á aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantel  de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.

No Pleno do pasado día 15, os voceiros de PSOE, UDDL, EU-Son e do Grupo Municipal de Non Adscritos, adiantaron o seu apoio ao proxecto de orzamentos para este ano, e o BNG asegurou a súa abstención, logo da negociación mantida coa alcaldesa, Eva García de la Torre, quen hoxe decidiu co seu voto de calidade, logo de que houbese un empate de 8 votos a favor e 8 votos que rexeitaban a proposta de contas para este exercicio.

Esta é a primeira vez en 6 anos que o Concello do Porriño terá novos orzamentos dado que os últimos que se aprobaron, e que estiveron prorrogados ata o pasado 2017 foran votados favorablemente en 2012.

A Policía Local, seguindo co seu programa de Eduación Vial, impartiu unha clase aos pais, técnicos e deportistas do clube cilista Avanza

A Policía Local do Porriño segue co seu programa de ‘Educación Vial’ que imparten os seus integrantes a alumnas e alumnos de colexios e institutos e tamén de asociacións, clubs deportivos e colectivos de fora do eido lectivo.

O xefe da Policía Local, Daniel Rodriguez, e o axente  Francisco Javier Rodríguez Fernández – medalla de ouro nas olimpiadas de Policías e Bombeiros nas categorías de crono escalada, velocidade e critérium- falaron a país, técnicos e deportistas, de entre 5 e 17 anos, do Club Ciclista Avanza, sobre a circulación en vías urbanas,  interurbanas e pistas forestais.

Na charla debatéronse temas como normativa vixente en materia de tráfico, que afecta á circulación dos ciclistas, a importancia de que sexan o máis visíbeis posible cando saen á rúa ou a estrada, a importancia del casco e, especialmente, a necesidade do cumprimento das  normas de tráfico.

Os axentes tamén explicaron cómo actuar no caso dun accidente, o funcionamento do Servizo de Emerxencias 112, cómo  como rodar en grupo ou a circulación por pistas forestais.

Xa está en marcha a programación do Punto SmartPeme do Porriño para este mes de marzo

Durante o mes de marzo, o Punto SmartPeme do Porriño desenvolve diferentes actividades na súa sede, situada no Multicentro Municipal de Torneiros.

O mércores, día 7,ás 7 da tarde, ‘Comercializa os teus servizos a través das redes sociais’; venres,día 9 ás 5 da tarde, ‘Google Calendar, moito máis que unha axenda’; o martes 13, ás 7 da tarde, ‘Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing’; o xoves, día 15, a esa mesma hora, ‘Facebook para non iniciados’; tamén ás 7 da tarde, o luns 19 de marzo, ‘Woocommerce II – A solución para vender por internet’; o mércores, día 21, ás 19:00h., ‘Crea os teus propios informes: Google Data Studio’ e o martes 27, tamén ás 7 da tarde, ‘Mellora a calidade das túas imaxes con editores online’

Para asistir as mesmos, as persoas interesadas teñen á túa disposición as seguintes canles: o teléfono 886 20 20 20, o enderezo electrónico oporrino.smartpeme@depo.es ou o rexistro na web www.smartpeme.depo.es.

#ParamosTodas A Concellería de Igualdade do Porriño chama a todas as veciñas a participar na ‘Folga de Mulleres’ deste xoves, 8 de Marzo

A Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, chama a participar este vindeiro xoves, Día Internacional da Muller, nunha concentración na Praza de Antonio Palacios, ás 12:30 horas, coma acto de apoio á folga de mulleres convocada para ese día.

Soledad Girón reitera que esa concentración será, dentro da programación que está en marcha co gallo do Día Internacional da Muller, o único acto oficial impulsado o día 8 co obxectivo de facilitar que “as mulleres que poidan ir á folga o fagan…haberá outras que non estean en condicións, ben porque os seus ingresos non lles permitan deixar de cobrar ese día ou porque teñen que atender a unha persoa dependente, de xeito que aquelas que sí podemos apoiar a folga a apoiaremos, tamén no seu nome”.

Tal e como adiantara, a alcaldesa seguirá o paro e pide “o meirande apoio” para o mesmo porque “todas nós temos argumentos dabondo para sumarnos a esta xornada de folga”, por iso, Eva García de la Torre non traballará o vindeiro xoves, tal e como anunciara publicamente.

O Pleno da Corporación debatirá este martes a aprobación do Orzamento para o ano 2018

O Pleno da Corporación do Porriño celebrará este martes unha xuntanza extraordinaria (Salón de Plenos do Concello 18:30 h.) na que se levará a cabo o debate da aprobación inicial do Orzamento Xeral , plantilla de persoal e catálogo de postos de traballo do Concello para o ano 2018.

Hai que lembrar que no Pleno do pasado día 15, os voceiros de PSOE, UDDL, BNG, EU-Son e do Grupo Municipal de Non Adscritos, adiantaron o seu apoio ao proxecto de orzamentos para este ano, logo da negociación mantida coa alcaldesa, Eva García de la Torre.

O Porriño lidera, por detrás de Vigo, a baixada do paro en febreiro na Área Metropolitana viguesa

O Porriño lidera, so por detrás de Vigo,a baixada do paro en febreiro na Àrea Metropolitana viguesa. A finais do pasado mes pasado había na vila 1.666 persoas desempregadas, 168 menos que en febreiro de 2017.

Segundo os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a  taxa de desemprego situouse no Porriño no 17,9%, en total 5,2 puntos menos que no inicio da xestión do actual Goberno Local cando 2.139 porriñeses estaban na procura dun posto de traballo,473 máis que na actualidade.

En relación co mes de febreiro de 2017, o número de veciñas e veciños anotadas coma demandantes na oficina do Servizo Galego de Emprego do Porriño baixou de 1.834 a 1.666, o que supón que hai 168 traballadoras e traballadores máis no concello: en so un ano o paro caeu en 2,5 puntos.

A alcaldesa, Eva García de la Torre subliña, unha vez maís a necesidade de seguir adiante coas medidas adoptadas pola Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Giró, grazas as que hai ducias de veciñas e veciños que volveron ao mercado laboral ou incorporáronse ao mesmo.

Os actos do ‘Día da Muller’ no Porriño estarán centrados nas novas xeracións cun programa desenrolado baixo o lema ‘Construíndo Futuro’

O acto central da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, no  Porriño non será o 8 de marzo. A concelleira de Igualdade, Soledad Girón sinala que ese día so haberá unha concentración, ás 12 e media, porque a intención é que “as mulleres que poidan ir á folga poidan facelo…haberá outras que non estean en condicións, ben porque os seus ingresos non lles permitan deixar de cobrar ese día ou porque teñen que atender a unha persoa dependente, de xeito que aquelas que sí podemos facer folga a faremos, tamén no seu nome”.

Este 2018 o lema deste día será ‘Construíndo futuro’ porque a intención é que estea centrado nas novas xeracións, “nas mulleres que rematan a súa formación, ás que entran no mercado laboral e empezan a asumir responsabilidades”, sinala a concelleira, para quen ademais das xustas reivindicacións, este día ten que ser de “celebración por todo o conquerido ata hoxe”.

O programa empezará o mércores, día 7, ás 7 e media da tarde, no Centro Cultural Municipal co monólogo de Stephanie Llayora ‘Eu quero ser galega’; o venres, día 9, será a hora do espectáculo musical ‘De Vacas’, ás 8 e media da tarde, no Centro Recreativo e Cultural.

A programación rematará o martes, día 13, ás 5 da tarde-no Centro Cultural Municipal coa charla ‘Amor e sexo na Rede ¿A pornografía coma nova educación sexual’, a cargo de Mercedes Oliveira, Catedrática de Filosofía, e Amada Trabada, docente da Universidade de Vigo e socióloga.