Estender as liñas de bus ata os polígonos industriais do Porriño, estudar a posibilidade de crear ‘circuítos circulares’ que comuniquen os diferentes concellos da zona sur entre sí, “tal e coma debería terse feito no Plan de Transporte Metropolitano da Xunta”, reforzar as comunicacións e frecuencias coas parroquias, comezando por Torneiros, e aumentar o número de vehículos que conten con ramplas e plataformas adiadas para persoas con diversidade funcional.
Estes foron os temas tratados este luns entre a alcaldesa, Eva García de la Torre, e José Manuel Álvarez, director de FaiBus-concesionaria de transporte entre Vigo e O Porriño-, que mantiveron unha “longa xuntanza” na Alcaldía na que constataron, sinala García de la Torre, as “carencias” do servizo na actualidade.
Entre elas, a alcaldesa sinalou a falla de frecuencias coas parroquias da vila, lembrou a supresión do último bus que saía de Vigo ás 10 e media da noite, “e que daba servizo a veciñas e veciños do Porriño que traballan en Citroën” e a carencia dun enlace co Campus Universitario.
Ás mesmas súmase o feito de que “non hai unha so aliña que chegue ata os polígonos industriais, que teñen unha ‘poboación flotante de 35.000 persoas que veñen cada día aos mesmos e que carecen totalmente dunha opción de transporte público”, que se adapte ás súas necesidades e aos horarios de entrada e saída das empresas.
Así mesmo, García de la Torre subliñou a necesidade de aumentar o número de buses que dispoñan de ramplas para persoas con diversidade funcional xa que “na actualidade son 3 de 90”- os 3 de 29 de FaiBus, porque o resto dos autocares das compañías que pasan polo Porriño cara a Vigo non dispoñen de plataformas para cadeiras de rodas-, un problema a que hai que engadir o feito de que algunha destas ramplas non están homologadas, “un requisito que non esixiu a Xunta cando adxudicara o servizo”.
A alcaldesa constatou que o Plan de Transporte da Xunta “non é operativo, deixa a veciñas e veciños das parroquias do Porriño sen servizo e é máis caro, posto que o billete segue a custar o mesmo, ofrecendo menos frecuencias , enriba, aumentando a cantidade que aporta o Concello a dito plan”.

Ademais do filme gañador en cada unha destas categorías, premiaranse as mellores interpretacións masculina e feminina, a mellor realización, o mellor guion, a mellor banda sonora, o premio do público e o premio do xurado dos veciños. Estes galardóns uniranse ao que coñecimos onte: “Omertá”, de Gero Costas para BALA, foi a peza premiada polo xurado de videoclips.
Premio do xurado de videoclips: “Omertá”, de Gero Costas para BALA
Os traballos seguirán de xeito “ininterrompido” ata finais de setembro – principios de outubro e abranguerán todas as parroquias, tal e coma se fixo xa os anos pasados.
Márquez subliña que dende hai tres semanas estes traballos están a realizarse en Atios, Mosende e Cans e nos vindeiros días seguirán por Torneiros, Chenlo, Budiño, Pontellas e Porriño.
Na actualidade son catro as brigadas as que están realizando esta labor que, “en canto complete todas as parroquias volverá a comezar”, salienta o concelleiro, de xeito que “actuaremos durante os meses nos que hai máis risco de incendios”.
A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, lembra que o ano pasado a actuación de prevención, “rozando e desbordando, facendo un traballo constante durante meses de coidado dos camiños, quitando a maleza e mantendo limpas as pistas e beiravías, tivo coma resultado que os danos dos lumes no Porriño fosen moitísimo menores que noutros concellos”.
No primeiro deles as rapazas e rapaces asistiron, da man de Keka Losada, presidenta da Asociación Arela, organizadora do festival, a varias proxeccións no ‘Baixo de Bugarín’. Os estudantes tiveron a oportunidade de ver, es estrea, de parte do ‘making of’ da pasada edición de Cans, a de 2017, ademais de unha das curtas e coñecer, de primeira man, todo o que hai ao redor da montaxe e posta en marcha do festival e das persoas que o fan posible, empezando polas propias veciñas e veciños da parroquia de Cans, pasando polos integrantes da organización, os técnicos, actores, directores, realizadores ou invitados.
Doutra banda, os participantes no Roteiro, estiveron nos lugares mais salientables e coñecidos do festival, empezando polo ‘Torreiro de Cans’ onde están as estrelas dos realizadores e actores que pasaron polo certame- dende a primeira, a do lucense Luís Tosar, ata as deste 2018, que serán as do director, gañador dun Oscar, Fernando Trueba, e da directora Gracia Querejeta-, o Parque do Río ou os baixos de Carlos, Moncho ou Bugarín, a Leira de Alicia-onde se fan os coloquios cos invitados- o Cuberto de Mucha do Peso ou o Jalpón de Alicia, ademais de facer un repaso dos quince anos de historia do Festival polo que cada ano pasan milleiros de persoas.
Programa
Ás 10 e media será o momento da ‘Animación na rúa’, coa actuación da Charanga OT. A mesma dará paso, ao mediodía, ao pregón, que este ano será a cargo da cociñeira porriñesa Marta Rodal, que compaxina o seu posto de directora da Escola de Cociña ‘O Xogo da Ola’, co traballo no Restaurante Jorge Lorenzo. No mesmo tmén intervirán o concelleiro de Comercio, Marceino Coto, e a alcaldesa, Eva García de la Torre.
Ás 12:30 horas empezará o show cooking ‘Maridaxes do Pan do Porriño con produtos artesáns’, a cargo das alumnas e alumnos da Escola EFA A Cancela.